Pilularia globulifera
Pilularia globulifera | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina de Pilularia globulifera | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Pilularia globulifera L., 1753 | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Pilularia globulifera é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas, orde das salviniales e familia das marsileáceas, unha das cinco integradas do xénero Pilularia.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1753 por Linneo na páxina 1100 do Tomo II da súa obra Species Plantarum.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, véxase Pilularia.
O epíteto específico, globulifera, está formado polos elementos globul- e -fera, unidos por un -i- epentético. Ambos os elementos derivan do latín, o primeiro de globulus, "pequeno corpo esférico", e o segundo de -fera, forma feminina de -fer, sufixo derivado do verbo ferre, "levar".[3] Literalmente, "que leva pequenas esferiñas", en alusión aos seus esporocarpos esféricos.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo protónimo acuñado por Linneo, e actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
- Calamistrum globuliferum (L.) Kuntze
- Pilularia globulifera f. submersa Glück
- Pilularia globulifera f. terrestris Glück
- Pilularia natans Mérat
- Pilularia sessilis St.-Lag.
Características
[editar | editar a fonte]Pilularia globulifera ten as frondes (follas) delgadas, cilíndricas, parecidas a xuncos, de até 8 cm de altura, que teen forma de báculo de bispo cando son novas ao despregárense.[4] Ten un esporocarpo de 4 cámaras en forma de chícharo, de aproximadamente 3 mm de diámetro. Cada cámara fórmase a partir dunha folla modificada e conténe varios soros con megasporanxios e microsporanxios. Polo tanto, a especie é heteróspora.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Hábitat
[editar | editar a fonte]Medra na lama nas marxes de lagos, estanques e cursos de augas con correntes lentas, nos que está mergullada durante polo menos unha parte do ano.[5] No seu hábitat en augas pouco profundas, nas marxes dos estanques ou en pasteiros húmidos, parece crecer bien en lugares espidos onde ten pouca competencia.[Cómpre referencia] As súas poboaciónes varían moito dun ano para outro; ás veces "desaparece" dun sitio, para volver a aparecer alí moitos anos despois.
Distribución
[editar | editar a fonte]É unha especie propia de Europa occidental.
Usos
[editar | editar a fonte]Pódese cultivar en "xardíns de pantanos" o nos estanques dos xardíns.[1]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), aínda que a tendencia demográfica é decrecente, e o seu declive na extensión e calidade do hábitat, cualifica o status desta rara especie como LC (pouco preocupante) xa que a súa área de distribución é moi grande, e a especie é moi resistente porque as súas esporas poden permanecer no chan durante moitas décadas, polo que é improbábel que se clasifique nalgunha das categorías ameazadas. Porén, precísanse máis investigacións e seguimento sobre as súas subpoboacións existentes e os seus hábitats.[1]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Aparato reprodutor e esporocarpos
-
Mesturada con outras especies
-
Detalle das frondes
-
Frondes emerxendo da auga
-
Esporocarpos maduros na base das frondes
-
Nunha charca seca
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Christenhusz, M., Lansdown, R. V., Bento Elias, R., Dyer, R., Ivanenko, Y., Rouhan, G., Rumsey, F. & Väre, H. (2017): Pilularia globulifera] na Lista vermella da UICN. Versión 2020-3. Consultada o 17 de marzo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Pilularia globulifera L. no GBIF. Consultado o 17 de marzo de 2021.
- ↑ Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Tomo I. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7, pp. 530 e 464, respectivamente.
- ↑ Lockton, A. J. "Pilularia globulifera". BSBI Species account. Botanical Society of the British Isles. Consultado o 17 de marzo de 2021.
- ↑ Stace, C. A. (2010). New Flora of the British Isles (Third ed.). Cambridge, U.K.: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5217-0772-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pilularia globulifera |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pilularia globulifera |