Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Pinales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pinales

Conos masculinos nunha póla de piñeiro
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Gorozh.[1]
Familias

Araucariaceae, familia das araucarias (41)
Arctopityaceae[3] (só fósiles)
Cephalotaxaceae, familia dos teixos cefalotaxáceas (20)
Cheirolepidiaceae† (só fósiles)
Cupressaceae, familia dos alciprestes (130-140)
Pinaceae, famila dos piñeiros e abetos (220-250)
Podocarpaceae (170-200)
Sciadopityaceae, familia dos piñeiros antuca (1)
Taxaceae, familia dos teixos (12-30)
(aproximadamente o número de especies en parénteses)

A orde Pinales na división Pinophyta, clase Pinopsida comprende todas as coníferas actuais. Esta orde coñecíaee anteriormente coma Coniferales.[2]

A característica distintiva é a estrutura reprodutiva coñecida coma cono ou piña producido por todos os Pinales. Todas as coníferas actuais, coma os cedros, filocladus, alciprestes, abetos, xenebreiros, lárices, piñeiros, sequoias, piceas, e teixos inclúense aquí. Algunhas coníferas fósiles, porén, pertencen a ordes distintas dentro da división Pinophyta.

Os teixos separáranse anteriormente nunha orde propia diferente (Taxales), mais as probas xenéticas indicaron que estaban relacionados coas outras coníferas, polo que agora se inclúen en Pinales.

As familias incluídas son Araucariaceae, Cephalotaxaceae, Cupressaceae, Pinaceae, Podocarpaceae, Sciadopityaceae, e Taxaceae.[3]

  1. Christenhusz, Maarten J.M.; Reveal, James L.; Farjon, Aljos; Gardner, Martin F.; Mill, Robert R.; Chase, Mark W. (2011). "A new classification and linear sequence of extant gymnosperms" (PDF). Phytotaxa 19: 55–70. 
  2. [1] Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine. Zip code Zoo
  3. [2] Wikispecies

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]