Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Pobo moravo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo moravo
Traxes nacionais moravos.
Poboación
Poboación total:
110 000 (2011)
Rexións principais:
República Checa República Checa108 900 (2011)[1]
Eslovaquia Eslovaquia3 286 (2011)[2]
Aspectos culturais
LinguaLingua checa (dialectos moravos), silesiano e eslovaco
Relixióncatolicismo, irrelixión, protestantismo, igrexa morava e ortodoxos
Grupos
relacionados
Checos, silesianos, polacos, eslovacos e outros eslavos occidentais.

Os moravos[3] (en checo: Moravané ou coloquialmente Moraváci) son un grupo etnográfico eslavo occidental que habita na rexión de Moravia, na República Checa, e que falan os dialectos moravos da lingua checa. Xunto cos silesianos da República Checa, forman parte da poboación que non se identifican etnicamente como checos. No 2011, o 4,9% da poboación do país declarouse de identidade morava. Existen pequenas poboacións que se declaran etnicamente moravos na veciña Eslovaquia.