Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Pobo tzotzil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo tzotzil
Dúas mulleres tzotzil en San Cristóbal de las Casas.
Poboación
Poboación total:
~298 000
Rexións principais:
México~298 000
Aspectos culturais
LinguaLingua tzotzil e castelán
Grupos
relacionados
Maias

Os tzotzil son un pobo indíxena maia orixinario das terras altas do estado de Chiapas, no sur de México.[1] No ano 2000, eran arredor de 298 000. Os concellos con maior número de poboación tzotzil son Chamula (48 500), San Cristóbal de las Casas (30 700) e Zinacantán (24 300), no estado de Chiapas.[2][3]

A lingua tzotzil, como o tzeltal e o ch'ol, descende do protoch'ol falado a finais do período clásico en sitios como Palenque e Yaxchilan.[4] A palabra tzotzil significaba orixinalmente "pobo morcego" ou "pobo do morcego" na lingua tzotzil (a partir de tzotz "morcego").[5] No presente, o termo tzotzil referido á lingua é bats'i k'op, que significa "palabra verdadeira" na lingua moderna.[6]

  1. Vogt, Evon Z. (1983). Fondo de Cultura Económica, ed. Ofrendas para los dioses: análisis simbólico de rituales zinacantecos. México.  Segundo o citado por Alfredo López Austin (1997), p. 133, 148 e seguintes.
  2. Rodríguez, Maria Concepción Obregón (2003). PNUD, ed. Tzotziles. México. ISBN 970-753-007-3. 
  3. Peoples of the World Foundation (1009) The Tzotzil Online version consultado o 16 de agosto de 2009.
  4. Coe, Michael D. (1999). The Maya (6ª ed.). Nova York: Thames & Hudson. pp. 134–136. ISBN 0-500-28066-5. 
  5. Laughlin, Robert M. (1975). The great Tzotzil dictionary of San Lorenzo Zinacantán. Washington: Smithsonian Institution Press. 
  6. Laughlin, Robert M. (1988). Smithsonian Institution Press, ed. The great Tzotzil dictionary of Santo Domingo Zinacantán. Washington.