Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Portal:Pobos indíxenas de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Null
Mapa de América Benvido ó Portal dos pobos indíxenas de América!

Portal dos pobos indíxenas de América

Os pobos indíxenas de América, tamén chamados amerindios, indios ou nativos americanos son os nomes dados ós habitantes das Américas antes da chegada dos europeos, e os seus descendentes actuais. A hipótese máis aceptada para a súa orixe é que os primeiros habitantes da América viñeran de Asia atravesando a pé o estreito de Bering.

Malia que algúns pobos indíxenas de América eran tradicionalmente cazadores recolectores, especialmente na bacía do río Amazonas, aínda quedan moitos grupos que practican a acuicultura e a agricultura. O impacto da súa dotación agrícola no resto mundo é unha testemuña do seu traballo na remodelación e no cultivo da flora autóctona das Américas. Malia que algunhas sociedades teñen unha forte dependencia da agricultura, outras practicaron unha mestura de agricultura, caza e recolección. Nalgunhas rexións, os pobos indíxenas crearon arquitecturas monumentais, cidades organizadas a grande escala, sociedades de xefatura, estados e imperios.

Moitas partes de América seguen habitadas por pobos indíxenas e algúns países contan con poboacións especialmente significativas, como Belize, Bolivia, o Canadá, Chile, Ecuador, Groenlandia, Guatemala, Güiana, México, Panamá e o Perú. Existen arredor de mil linguas indíxenas diferentes faladas en América. Algunhas, como o quechua, o aimará, o guaraní, as linguas maias e o náhuatl contan os seus falantes en millóns. Moitos pobos manteñen prácticas e trazos culturais indíxenas en diferentes graos, incluíndo a relixión, a organización social e as prácticas de subsistencia. Como moitas culturas, algunhas evolucionaron para incorporar aspectos tradicionais pero tamén atenden ás necesidades modernas. Algúns pobos indíxenas aínda viven relativamente illados da cultura occidental e uns poucos son pobos non contactados.

Artigo destacado

editar

Os tupinamba foron un dos varios grupos étnicos tupís que habitaron no Brasil antés da chegada dos colonizadores portugueses. Por volta do século XVI, habitaban dúas rexións da costa brasileira: a primeira ía dende a marxe dereita do río São Francisco até o Recôncavo Baiano; a segunda ía do cabo de São Tomé, no actual estado do Río de Xaneiro, até São Sebastião, hoxe no estado de São Paulo. Ese segundo grupo tamén era denominado "tamoios". Ámbolos dous grupos compúñanse de 100.000 individuos e eran a nación indíxena máis coñecida de toda a costa brasileira polos navegadores europeos do século XVI.

No presente, o principal grupo tupinamba reside no sur do estado da Baía: son os tupinambas de Olivença. A maior parte da poboación tupinamba vive nos centros urbanos, principalmente nas rexións metropolitanas do sueste, centro-oeste e nordeste. No sueste, São Paulo é a cidade con maior poboación de etnia tupinamba. A súa lingua sobrevive hoxe na forma da lingua nheengatu.

Lugar de interese

editar

O Sendeiro das bágoas (en inglés: Trail of Tears, e en cherokee: ᎨᏥᎧᎲᏓ ᎠᏁᎬᎢ) é o nome co que se coñece a unha serie de traslados masivos forzados das nacións nativas americanas nos Estados Unidos de América segundo a Lei de Traslado Forzoso dos Indios de 1830 (Indian Removal Act). Entre os trasladados cóntanse ás nacións de cherokee, muskogee, seminole, chickasaw e choctaw, os cales escolleron non ser asimilados pola sociedade estadounidense. Por mor disto, foron trasladados dende as súas terras ancestrais do sueste do país a unha área ó oeste do río Mississippi que foi designada como territorio indio. Os nativos americanos que elixiron ficar e seren asimilados recibiron a cidadanía estadounidense. A expresión "Sendeiro das bágoas" orixinouse a partir dunha representación da desaparición da nación choctaw en 1831.

Moitos nativos americanos sufriron enfermidades e fame mentres viaxaban pola ruta cara os seus destinos, e cálculase a morte de entre 2.000 e 6.000 cherokees dos 16.543 que foron desprazados.

Artigos de calidade (1)

Artigos bos (3)

Imaxe destacada

editar

Debuxo do Libro XII do Códice Florentino (1540–1585), amosando indíxenas mexicanos con varíola.
Vexa o artigo pobo náhuatl.


...Arquivo
Biografía destacada

editar

Sacagawea, tamén chamada Sakakawea ou Sacajawea, nada en maio de 1788 e finada o 20 de decembro de 1812, foi unha muller shoshone coñecida por axudar na expedición de Lewis e Clark e conseguir os seus obxectivos na exploración do Territorio de Luisiana.

Sacagawea viaxou coa expedición percorrendo centos de quilómetros dende Dacota do Norte até o Océano Pacífico. Axudou a estabelecer contactos culturais coas poboacións de nativos americanos ademais das súas achegas na historia natural.

Sabías que...?

editar

Pobos illados.


...Arquivo
Portais relacionados
Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario