Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Portal:Hóckey sobre xeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O hóckey sobre xeo é un deporte de equipo xogado sobre unha pista de xeo entre dous equipos de seis xogadores cada un. Todos os xogadores van en patíns de xeo e empregan un pau ou stick para guiar un disco de caucho denominado puck á portería contraria para anotar un gol. É considerado a principal variedade de hóckey nos países do hemisferio norte con climas fríos, gozando de gran popularidade en países como Canadá (onde se inventou e é considerado o deporte nacional), Finlandia, Suecia, Rusia, República Checa, Eslovaquia, e os Estados Unidos.

O hóckey sobre xeo é un deporte olímpico dende os Xogos Olímpicos de 1920. O máximo dominador olímpico é Canadá, con 15 medallas en categoría masculina (9 ouros, 4 pratas e 2 bronces) e 5 en categoría feminina (as mesmas que Estados Unidos, pero con 4 ouros por un das estadounidenses). No Campionato do Mundo o máximo dominador na categoría feminina é Canadá, mentres que na categoría masculina domina a selección de Rusia tras herdar as 34 medallas conseguidas pola Unión Soviética.

Artigo destacado

editar

O Jack Adams Award é outorgado anualmente ao adestrador da National Hockey League (NHL) que foi "considerado que contribuíu máis ao éxito do seu equipo". O premio ao "Adestrador do Ano" foi entregado 39 veces a 34 adestradores distintos. O gañador é seleccionado mediante unha votación da National Hockey League Broadcasters Association ao final da liga regular. Catro adestradores gañaron o trofeo dúas veces, mentres que Pat Burns o gañou en tres ocasións, o maior número de calquera adestrador. O trofeo recibe o seu nome en honor a Jack Adams, un xogador dos Toronto Maple Leafs, Vancouver Canucks e Ottawa Senators introducido no Hall of Fame, e durante moito tempo adestrador e mánager xeral dos Detroit Red Wings. Foi entregado por primeira vez á conclusión da liga regular da tempada 1973-74.

Jacques Demers é o único adestrador que gañou o trofeo en dúas tempadas consecutivas. Catro adestradores gañaron o trofeo con dous equipos diferentes: Jacques Lemaire, Pat Quinn, e Scotty Bowman o gañaron dúas veces, mentres que Pat Burns é o único adestrador que o gañou en tres ocasións. As franquías con máis gañadores do Jack Adams Award son os Philadelphia Flyers, os Detroit Red Wings e os Phoenix Coyotes con catro gañadores cada un, aínda que os Coyotes teñen dous gañadores pertencentes á súa etapa en Winnipeg, antes de trasladarse a Arizona. Bill Barber, Bruce Boudreau e Ken Hitchcock son os únicos adestradores que conseguiron o trofeo logo de substituír ao adestrador que comezara a tempada.

Categorías
Personalidade destacada

editar

Cecil Ralph "Tiny" Thompson, nado en Sandon (Columbia Británica, Canadá) o 31 de maio de 1903 e finado en Calgary (Alberta, Canadá) o 9 de febreiro de 1981, foi un porteiro de hóckey sobre xeo profesional. Xogou durante 12 tempadas na National Hockey League (NHL), primeiro nos Boston Bruins, e posteriormente nos Detroit Red Wings. Gañador en catro ocasións do Vezina Trophy, Thompson foi introducido no Hockey Hall of Fame en 1959. Foi membro do equipo campión da Stanley Cup na tempada 1928-29 sendo rookie cos Boston Bruins. Ao principio da tempada 1938–39, logo de dez tempadas completas en Boston, foi traspasado aos Detroit Red Wings, onde completou a tempada e xogou outra tempada completa antes de retirarse. Durante a súa carreira na NHL, acreditou 81 shutouts, o sexto rexistro máis alto de calquer porteiro. Despois de retirarse como xogador, Thompson adestrou equipos de ligas menores antes de converterse nun destacado adestrador profesional. Thompson axudou a popularizar a técnica de agarrar o puck como método de realizar unha parada. Un puckhandler competente, foi o primeiro porteiro na NHL en realizar unha asistencia pasando o puck co seu stick a un xogador de campo.
Imaxe destacada

editar

Jens Bergenström, Mark Hurtubise e Johan Ryno, do Leksands IF, celebran un gol fronte ao Mora IK en 2014.
Vexa o artigo Hockeyallsvenskan


Artigos de calidade e bos
Proxectos relacionados
Portais relacionados

editar

Baloncesto
Baloncesto

Baloncesto

Balonmán
Balonmán

Balonmán

Deportes gaélicos
Deportes gaélicos

Deportes gaélicos

Fórmula 1
Fórmula 1

Fórmula 1

Hóckey a patíns
Hóckey a patíns

Hóckey a patíns

Rugby
Rugby

Rugby

Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons