Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Post-industrial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Post-industrial
Orixe musicalmúsica industrial
Orixe culturalprincipios dos 80 en Europa, Norteamérica e o Xapón
Instrumentos típicossintetizador, batería, guitarra, baixo, loops de cinta, secuenciadores, teclados, samplers
Derivadosambient Industrial - EBM - electro-industrial - glitch - industrial percussion - IDM

Post-industrial é un termo usado para falar dunha variedade de novos xéneros musicais aparecidos a comezos dos anos 80, os cales mesturan elementos de distintos estilos coa música industrial. O termo "industrial" fora inicialmente aplicado á música realizada polos artistas do selo Industrial Records. Dende entón, un feixe de artistas e discográficas veñen sendo catalogadas como "industrial". Estes xéneros inclúen fusións coa música noise, o ambient, o folk e a música electrónica e dance, ademais doutras mutación e desenvolvementos. A escena do post-industrial propagouse por todo o mundo, e está particularmente ben representada en Norteamérica, Europa e o Xapón. O sub-xénero do post-industrial máis exitoso é o industrial metal.

Música industrial

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Música industrial.

A música industrial abrangue moitos estilos de música experimental, incluídas moitas formas de música electrónica. O termo foi cuñado a mediados dos 70 por artistas do selo Industrial Records. Os pioneiros do xénero experimentaron co ruído e con temas controvertidos. A súa produción non estivo limitada á música, incluíndo tamén performance e instalacións artísticas entre outras formas de arte. Destacados músicos do xénero son Throbbing Gristle, Cabaret Voltaire, Boyd Rice, SPK e Z'EV. Test Dept, Clock DVA, Nocturnal Emissions, Whitehouse, Laibach e The Leather Nun participaron posteriormnete no movemento. O grupo alemán Einstürzende Neubauten forxouse o seu propio estilo, que mesturaba percusión metálica, guitarras e instrumentos pouco convencionais (como martelos pneumáticos e ósos) nas súas actuacións, ás veces estragando os locais onde tocaban.

Desenvolvementos post-industrial

[editar | editar a fonte]

Ambient industrial

[editar | editar a fonte]

Proxectos de ambient industrial como Coil, Lilith, Nurse with Wound, Lustmord e Zoviet France, evolucionaron da música industrial durante os anos 80. Estes artistas fixeron uso de materiial non musical e ruído pero de xeito menos abrasivo que outros músicos post-industrial. O último material que Throbbing Gristle gravou en studio, In the Shadow of the Sun e Journey Through a Body, foi ambient, e apuntaba cara a dirección que os seus vástagos, destacando Coil e Chris & Cosey, tomarían. Outros artistas deste estilo son Hafler Trio, PGR, Controlled Bleeding, Nine Inch Nails (Ghosts I-IV), os primeiros Techno Animal, o destacado compositor de música para xogos Akira Yamaoka, Robin Rimbaud, Final e Deutsch Nepal.

Electro-industrial

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Electro-industrial.

O electro-Industrial baséase no EBM, e desenvolveuse a madiados dos anos 80. Mentres que o EBM ten unha estrutura mínima e unha production limpa, o electro-industrial ten un son profundo, complexo e cheo de capas. Os pioneiros do estilo son Skinny Puppy, Frontline Assembly e :wumpscut:. A mediados dos 90 o estilo deu lugar ao dark electro e ao Aggrotech. Outros artistas de electro-industrial son Haujobb, Lab Report e Leæther Strip.

Electronic body music

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Electronic body music.

A electronic body music combina elementos da música industrial e da música dance electrónica. Fíxose famosa por vez primeira en Bélxica. O nome foi cuñado por Ralf Hütter, de Kraftwerk, en 1978 para explicar o son máis físico do seu álbum The Man-Machine. O termo foi posteriormente usado no seu sentido actual polo grupo belga Front 242 en 1984 para describer o seu EP No Comment, publicado ese mesmo ano. Denota un certo tipo de música electrónica, unha mestura de synthpunk e música industrial. Outros artistas do xénero son Armageddon Dildos, Die Krupps, And One e The Neon Judgement.