Presidente de Serbia
Aparencia
O Presidente da República de Serbia ostenta a xefatura deste Estado.
O actual Presidente de Serbia, dende o 2017 é Aleksandar Vučić.
Atribucións
[editar | editar a fonte]O Presidente da República Serbia:
- Exerce un mandato de cinco anos.
- Pode ser reelixido nun segundo mandato.
- Posúe inmunidade, outorgada pola Asemblea Nacional.
- Disolve a Asemblea Nacional e o Goberno de Serbia.
- Declara os estados de emerxencia.
- Convoca as eleccións.
- Ostenta a representación do Estado.
- Outorga condecoracións e premios.
- Capacidade de veto sobre as leis aprobadas pola Asemblea Nacional, requirindo unha segunda votación do parlamento para a súa entrada en vigor.
Até a disolución da Confederación de Serbia e Montenegro, o Presidente de Serbia era membro do Consello Supremo de Defensa de Serbia e Montenegro, que estaba presidido polo Presidente da Confederación.
O Presidente do Parlamento serbio asume a presidencia interina se o Presidente da República abandona o cargo.
Presidentes de Serbia
[editar | editar a fonte]- Presidentes electos:
- Slobodan Milošević (8 de maio de 1989 - 23 de xullo de 1997) - dous mandatos
- Milan Milutinović (29 de decembro de 1997 - 29 de decembro de 2002) - un mandato
- Boris Tadić (11 de xullo de 2004- 5 de abril de 2012) - dous mandatos
- Tomislav Nikolić (31 de maio de 2012- 31 de maio de 2017) - un mandato
- Aleksandar Vučić (31 de maio de 2017 - presente)
- Presidentes interinos:
- Dragan Tomić (23 de xullo - 29 de decembro de 1997)
- Nataša Mićić (30 de decembro de 2002 - 4 de febreiro de 2004)
- Dragan Maršićanin (4 de febreiro - 3 de marzo de 2004)
- Vojislav Mihailović (3-4 de marzo de 2004)
- Predrag Marković (4 de marzo - 11 de xullo de 2004)
- Slavica Đukić Dejanović (5 de abril - 31 de maio de 2012)