Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Rafael Obrador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafael Obrador
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 2004 Editar o valor en Wikidata (20 anos)
Campos, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
2008–2014 CE Campos
2014–2020 RCD Mallorca
2020–2022 Real Madrid CF
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2020–2020   RCD Mallorca 1(0)
2022–2024   Real Madrid Castilla 76(0)
2024– cesión   Deportivo da Coruña 0(0)

IMDB: nm15212543 UEFA: 250139254 Editar o valor en Wikidata

Rafael Obrador Burguera, nado en Campos o 18 de novembro de 2004, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo no Deportivo da Coruña, da Segunda División, cedido polo Real Madrid Castilla.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado na localidade mallorquina de Campos, comezou a xogar ao fútbol aos catro anos nas categorías inferiores do CE Campos, ata que con dez ingresou na canteira do Mallorca.[1] Subiu polas diferentes categorías do club e en outubro de 2019, sendo aínda cadete, asinou o seu primeiro contrato profesional, chegando a un acordo co club ata 2024.[2]

Aos 16 anos, e antes sequera de xogar co filial, Obrador debutou co primeiro equipo na Primeira División. Foi na derradeira xornada da tempada 2019/20 fronte a Osasuna no Sadar, co equipo balear xa descendido, cando o adestrador Vicente Moreno lle deu entrada como substituto de Iddrisu Baba.[3] Converteuse así no oitavo futbolista máis novo en debutar en Primeira.[4]

En outubro de 2020 anunciouse o seu traspaso ao Real Madrid para xogar no equipo xuvenil.[5] Despois de destacar no xuvenil, subiu rapidamente ao Real Madrid Castilla, co que foi xa un habitual nas aliñacións titulares durante a tempada 2022/23 da Primeira Federación. Disputou unha segunda campaña ás ordes de Raúl e acadou os 76 partidos co filial, antes de realizar a pretempada co primeiro equipo no verán de 2024.[6]

O 21 de agosto de 2024 anunciouse a súa cesión por un ano ao Deportivo da Coruña, que viña de ascender á Segunda División.[7]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española sub-16, coa que debutou cun gol contra México o 4 de decembro de 2019.[8]

  1. Santos Chozas, Sergio (14 de abril de 2020). "Cracks del Siglo XXI: Obrador, el jugador que eligió 'su isla'". As (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2024. 
  2. "Rafel Obrador, joven promesa del Mallorca, renueva hasta el año 2024" (en castelán). 10 de outubro de 2019. Consultado o 21 de agosto de 2024. 
  3. García, Miguel Ángel (19 de xullo de 2020). "Adiós a Primera con un empate". Marca (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2024. 
  4. S. Tavero, Fernando (6 de marzo de 2023). "Obrador, el lateral que viene". As (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2024. 
  5. "Real Madrid beat Barcelona to sign Mallorca wonderkid". Marca (en inglés). 05 de outubro de 2020. Consultado o 21 de agosto de 2024. 
  6. "Obrador chega do Real Madrid para apuntalar o lateral esquerdo do Deportivo". Televisión de Galicia. 20 de agosto de 2024. Consultado o 21 de agosto de 2024. 
  7. "Principio de acordo para a cesión de Rafa Obrador, que xa se adestrará esta mañá en Abegondo". Deportivo da Coruña. 21 de agosto de 2024. Consultado o 21 de agosto de 2024. 
  8. "España Sub-16 echa por tierra dos goles de ventaja en tres minutos". As (en castelán). 4 de decembro de 2019. Consultado o 21 de agosto de 2024.