Receptor de radio
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Un receptor de radio, tamén chamado simplemente radio, é un dispositivo electrónico capaz de recibir sinais vocais emitidos por unha emisora de radio a través de ondas electromagnéticas.
Funcionamento
[editar | editar a fonte]Basicamente, un receptor de radio consiste nun circuíto eléctrico, deseñado de tal forma que permita filtrar ou separar unha corrente pequenísima, que se xera na antena, por efecto das ondas electromagnéticas (o fenómeno coñécese como indución electromagnética) vidas polo aire (aínda que non necesariamente, pois poden viaxar por calquera medio, incluso no baleiro) para logo amplificalas selectivamente, miles de veces, e envialas cara a un elemento cun electroimán, que é o altofalante, onde se transforma a información eléctrica en son. Neste circuíto hai un condensador variábel, que nas radios antigas ía pegado a un botón de mando de modo que ao xirala variaba a capacidade do condensador. O efecto da variación da capacidade do condensador no circuíto é filtrar correntes de distinta frecuencia, e xa que logo escoitar o transmitido por distintas radioemisoras.
Receptor de galena
[editar | editar a fonte]O receptor de radio máis simple que podemos construír é o denominado nas orixes da radio receptor de galena. Chamábase así porque o material semicondutor que se empregaba como díodo detector era unha pequena pedra deste material sobre a que facía contacto un fino fío metálico ao que se denominaba barba de gato. Este compoñente é o antecesor inmediato dos díodos de xermanio ou silicio utilizados na actualidade. Este receptor rudimentario só permite a audición de emisoras potentes e non moi afastadas, xa que non dispón de amplificación de ningún tipo.