Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Relaxina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Relaxina 1
Identificadores
Símbolo RLN1
Símbolos alt. H1
Entrez 6013
HUGO 10026
OMIM

179730

RefSeq NM_006911
UniProt P04808
Outros datos
Locus Cr. 9 qter-q12
Relaxina 2
Identificadores
Símbolo RLN2
Símbolos alt. H2, RLXH2, bA12D24.1.1, bA12D24.1.2
Entrez 6019
HUGO 10027
OMIM

179740

PDB 6RLX
RefSeq NM_134441
UniProt P04090
Outros datos
Locus Cr. 9 qter-q12
Relaxina 3
Identificadores
Símbolo RLN3
Símbolos alt. ZINS4, RXN3, H3
Entrez 117579
HUGO 17135
OMIM

606855

RefSeq NM_080864
UniProt Q8WXF3
Outros datos
Locus Cr. 19 p13.3

A relaxina é unha hormona proteica descrita en 1926 por Frederick Hisaw.[1][2]

A familia de péptidos similares á relaxina pertence á superfamilia da insulina e consta de 7 péptidos de gran semellanza estrutural pero baixa semellanza secuencial, que son as relaxinas 1 (RLN1), 2 (RLN2) e 3 (RLN3), e os péptidos similares á insulina (INSL), INSL3, INSL4, INSL5 e INSL6. As funcións da relaxina-3, INSL4, INSL5, e INSL6 non foron aínda caracterizadas.[3]

Na femia prodúcese no corpo lúteo do ovario, no peito e, durante o embarazo, na placenta, corion, e decidua.

No macho prodúcese na próstata e está presente no seme humano.[4]

Estrutura

[editar | editar a fonte]

Estruturalmente, a relaxina é un heterodímero formado por dúas cadeas peptídicas de 24 e 29 aminoácidos unidas por pontes disulfuro, e está relacionada coa insulina.

A relaxina prodúcese a partir da súa prohormona, "prorelaxina", á que se lle elimina unha cadea peptídica adicional.

Funcións

[editar | editar a fonte]

Nos humanos

[editar | editar a fonte]

Nos machos a relaxina potencia a motilidade de esperma no seme.[5] Nas mulleres a relaxina prodúcese principalmente no corpo lúteo, tanto en mulleres preñadas coma non preñadas; a súa produción chega a un pico aproximadamente 14 días despois da ovulación, e despois declina se non hai embarazo, e prodúcese a menstruación. Durante o primeiro trimestre de xestación, os seus niveis aumentan e a decidua produce relaxina adicional.

O papel ou a necesidade de relaxina durante o embarazo humano aínda está a investigarse, xa que nos humanos o seu pico atínguese durante as 14 semanas do primeiro trimestre de embarazo e no parto. Crese que relaxa a sínfise pubiana.

Noutros animais

[editar | editar a fonte]

Nos animais a relaxina alarga o óso pubiano e facilita o parto; abranda o cérvix (maduración cervical), e relaxa a musculatura uterina. Por esta razón, durante un longo tempo, a relaxina foi vista como unha hormona do embarazo. Porén, pode ter máis efectos. A relaxina afecta ao metabolismo do coláxeno, inhibe a síntese de coláxeno e aumenta a súa degradación ao incrementar as metaloproteinases da matriz.[6] Tamén aumenta a anxioxénese e é un potente vasodilatador renal.

Receptores

[editar | editar a fonte]

A relaxina interacciona co receptor da relaxina LGR7 (RXFP1) e o LGR8 (RXFP2), que pertencen á superfamilia de receptores acoplados á proteína G [7]. Estes receptores conteñen un dominio transmembrana heptahelicoidal e un ectodominio glicosilado grande, vagamente relacionado cos receptores de hormonas glicoproteicas, como o receptor de LH ou o receptor de FSH.

Os receptores da relaxina atopáronse no corazón, músculo liso, tecido conectivo, e sistema nervioso central e autónomo.

Enfermidades

[editar | editar a fonte]

Non se describiron trastornos específicos relacionados coa relaxina, aínda que se suxeriu que ten unha relación co escleroderma e a fibromialxia.[8]

  1. "If a Gopher Can Do It ...". Time Magazine. 1944-04-10. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2008. Consultado o 2009-05-20. 
  2. Becker GJ, Hewitson TD (2001). "Relaxin and renal fibrosis". Kidney Int. 59 (3): 1184–5. PMID 11231378. doi:10.1046/j.1523-1755.2001.0590031184.x. 
  3. Wilkinson TN, Speed TP, Tregear GW, Bathgate RA (2005). "Evolution of the relaxin-like peptide family". BMC evolutionary biology 5: 14. PMC 551602. PMID 15707501. doi:10.1186/1471-2148-5-14. 
  4. MacLennan AH (1991). "The role of the hormone relaxin in human reproduction and pelvic girdle relaxation". Scandinavian journal of rheumatology. Supplement 88: 7–15. PMID 2011710. 
  5. Weiss G (1989). "Relaxin in the male". Biol. Reprod. 40 (2): 197–200. PMID 2497805. doi:10.1095/biolreprod40.2.197. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2008. Consultado o 10 de febreiro de 2012. 
  6. Mookerjee I, Solly N, Royce S, Tregear G, Samuel C, Tang M (2006). "Endogenous relaxin regulates collagen deposition in an animal model of allergic airway disease". Endocrinology 147 (2): 754–61. PMID 16254028. doi:10.1210/en.2005-1006. 
  7. Hsu SY, Nakabayashi K, Nishi S, Kumagai J, Kudo M, Sherwood OD, Hsueh AJ. (2002). "Activation of orphan receptors by the hormone relaxin". Science 295 (5555): 674–6. PMID 11809971. doi:10.1126/science.1065654. 
  8. Van Der Westhuizen E, Summers R, Halls M, Bathgate R, Sexton P (2007). "Relaxin receptors--new drug targets for multiple disease states". Curr Drug Targets 8 (1): 91–104. PMID 17266534. doi:10.2174/138945007779315650. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • MeshName - Relaxin [1]
  • "Relaxin". Human Protein Reference Database. Johns Hopkins University and the Institute of Bioinformatics. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 2009-05-20.