Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

René Primevère Lesson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRené Primevère Lesson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1794 Editar o valor en Wikidata
Rochefort, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte28 de abril de 1849 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Rochefort, Francia Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónÉcole de médecine navale de Rochefort Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoOrnitoloxía e medicina Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, farmacéutico, botánico, cirurxián, ornitólogo, explorador, zoólogo, naturalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaR.Lesson Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaLesson Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMarie Clémence Lesson Editar o valor en Wikidata
FillosAnais Lesson Editar o valor en Wikidata
IrmánsPierre Adolphe Lesson Editar o valor en Wikidata
ParentesZoë ° Dumont, cuñada Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Traducir
New International Encyclopedia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1342318


René Primevère Lesson, nado o 20 de marzo de 1794 e Rochefort, Charente Marítimo, Poitou-Charentes (Francia) e finado na mesma cidade o 28 de abril de 1849, foi un cirurxián, botánico, ornitólogo e naturalista francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fixo os seus primeiros estudosa en Rochefort e, aos dezaseis anos, entrou na Escola Médica Naval. Serviu na armada francesa durante as Guerras napoleónicas, e en 1811 era o terceiro cirurxián na fragata Saal e, en 1813, segundo cirurxián na Regulus.

Participou na viaxe de circunnavegación da La Coquille (1822-1825), onde era o cirurxián do buque, e foi o responsábel, xunto ao seu compañeiro e tamén cirurxián Prospere Garnot, de coleccionar os espécimes de Historia Natural nesta viaxe. Foi o primeiro naturalista que viu vivas as aves do paraíso nas Molucas e en Nova Guinea.

Ao regresar a París pasou sete anos preparando a sección zoolóxica de vertebrados da expedición realizada, Voyage au tour du monde sur La Coquille (1826-39). Durante este tempo escribiu tamén os traballos Manuel d'Ornithologie (1828), Traité d'Ornithologie (1831), Centurie Zoologique (1830-32) e Illustrations de Zoologie (1832-35). Tamén redactou varias monografías sobre os colibrís e un libro sobre as aves do paraíso.

Publicou, en dos volumes, a obra Manuel d'Histoire Naturelle Médicale et de Pharmacologie (1833), sobre as súas experiencias como cirurxián a bordo, como un manual para os cirurxiáns navais.

En 1832 Lesson era o farmacéutico en xefe da armada francesa en Rochefort.

Describiu, entre outros, o xénero Vultur que comprende o Vultur gryphus o cóndor dos Andes, e, entre outras, a especie Balaenoptera borealis, o rorcual boreal.

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Manuel d'ornithologie, ou Description des genres et des principales espèces d'oiseaux, dous volumes, 1828
  • Traité d'ornithologie, ou Tableau méthodique des ordres, sous-ordres, familles, tribus, genres, sous-genres et races d'oiseaux, 1831
  • Manuel d'Histoire Naturelle Médicale et de Pharmacologie, 1833
  • "Espèces nouvelles d'oiseaux mouches, par R. P. Lesson". Revue zoologique par la Société cuviérienne, 1838, pp. 314–315[1]
  • "Oiseaux-Mouches nouveaux au très rares, decouverts par M. De Lattre dans son voyage en Amérique et décrits par MM. De Lattre et Lesson". Revue Zoologique par la Société cuvierienne, 1839, pp. 13 ff.[2]
  • Voyage autour du monde, entrepris par ordre du gouvernement sur la Corvette La Coquille, Pourrat frères. París, 1838-1839
  • Instinct et singularités de la vie des Animaux Mammifères, Paulin. París, 1842
  • Description de mammifères et d'oiseaux récemment découverts; précédée d'un Tableau sur les races humaines, 1847
  • Histoire naturelle des zoophytes. Acalèphes, Roret. París, 1843

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Lesson emprégase para designar a René Primevère Lesson como autoridade na descrición e nomenclatura de especies en zooloxía.

  1. Artigo orixinal na Revue zoologique par la Société cuviérienne, 1838 Espèces nouvelles d'oiseaux mouches, par R. P. Lesson (en francés)
  2. Artigo orixinal en Revue zoologique par la Société cuviérienne, 1839 Oiseaux-Mouches nouveaux au très rares, decouverts par M. De Lattre dans son voyage en Amérique et décrits par MM. De Lattre et Lesson (en francés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Raymond Duguy1 (1995): "René Primevère Lesson. Un voyage autour du monde". En Aventures scientifiques. Savants en Poitou-Charentes du XVIe au XXe siècle (DHOMBRES J., dir.), Les éditions de l’Actualité Poitou-Charentes (Poitiers): 136-147. ISBN 2-911320-00-X.

1Raymond Duguy é un cetólogo francés que traballou nos anos 1970 e ss. no Centro de Estudos de Mamíferos Mariños (CEMM), organismo dependente do Museo Nacional de Historia Natural de Francia, descentralizado naqueles anos na Rochelle.