Ricardo Samper
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Ricardo Samper e Ibáñez, nado en Valencia o 25 de agosto de 1881 e finado en Xenebra o 27 de outubro de 1938, foi un avogado e político republicano español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi militante do Partido de Unión Republicana Autonomista, fundado por Vicente Blasco Ibáñez. Concelleiro da súa vila natal entre 1911 e 1920 e alcalde entre 1920 e 1923, durante a II República foi elixido deputado polo Partido Republicano Radical de Alejandro Lerroux.
Tras a entrada no goberno dos radicais nas eleccións do 19 de novembro de 1933, ocupou a carteira de Traballo e posteriormente a de Industria e Comercio. Foi nomeado presidente do Goberno o 28 de abril de 1934, tras a dimisión de Lerroux, motivada pola negativa inicial do presidente da República, Alcalá Zamora a asinar o decreto polo que se amnistiaba os militares implicados no intento de golpe de estado de Sanjurjo en 1932. Só permaneceu cinco meses á fronte do goberno, dimitindo o 4 de outubro do mesmo ano 1934, tras perder o apoio da CEDA, por mor da, a xuízo do presidente dese partido Gil Robles, debilidade do seu goberno fronte os problemas sociais. No goberno que o sucede, presidido novamente por Lerroux foi designado Ministro de Estado, mais dimite o 16 de novembro ao serlle atribuídas, pola CEDA, xunto co Ministro de la Guerra Diego Hidalgo, supostas responsabilidades en relación coa revolución de 1934.
En 1936, ao estalar a sublevación militar, marcha a Xenebra (Suíza), de onde xa non volvería, falecendo nesa cidade helvética.
O 2 de decembro de 2008, a neta de Ricardo Samper Ibáñez, Elena Enguix Samper presentou en Valencia un libro de memorias do seu avó.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Simón, Federico (11-1-2009). "El niño que quería ser ministro". elpais.com (en castelán). Consultado o 5-6-2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Enguix Samper, Elena (2008). Ricardo Samper, valenciano, alcalde, presidente del Gobierno en la II República. UMA editores, Valencia. ISBN 978-84-96468-10-8 (en castelán).
Predecesor: Francisco Largo Caballero |
Ministro de Traballo e Previsión Social de España 1933 |
Sucesor: Carles Pi i Sunyer |
Predecesor: Félix Gordón Ordás |
Ministro de Industria e Comercio de España 1933 - 1934 |
Sucesor: Vicente Iranzo Enguita |
Predecesor: Alejandro Lerroux García |
Presidente do Consello de Ministros de España 1934 |
Sucesor: Alejandro Lerroux García |
Predecesor: Leandro Pita Romero |
Ministro de Estado de España 1934 |
Sucesor: Juan José Rocha García |