Richard Patrick
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de maio de 1968 (56 anos) Needham, Estados Unidos de América (pt) |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Bay High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, músico, guitarrista |
Período de actividade | 1986 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Reprise Records |
Familia | |
Irmáns | Robert Patrick |
|
Richard Patrick, nado en Needham (Massachusetts) o 10 de maio de 1968, é un músico estadounidense. É o líder da banda Filter, un dos membros fundadores do supergrupo Army of Anyone, e traballou como guitarrista de xira en Nine Inch Nails.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nine Inch Nails
[editar | editar a fonte]Despois de coñecer a Trent Reznor nunha tenda de música de Cleveland, Patrick traballou como guitarrista de xira na encarnación ao vivo da banda de Reznor Nine Inch Nails. Eztivo no grupo de 1989 ata 1993 e a súa única contribución gravada pode escoitarse ao final do tema "Sanctified", do álbum Pretty Hate Machine. Patrick tamén apareceu nos vídeos musicais de "Down in It", "Head Like a Hole", "Wish", e nun dos dous vídeos promocionais de "Gave Up" (xunto con Marilyn Manson). Decidiu abandonar o grupo durante a gravación do álbum The Downward Spiral en 1993.
Filter
[editar | editar a fonte]Despois de saír de Nine Inch Nails, Patrick formou a súa propia banda, Filter, con Brian Liesegang, o cal deixou o grupo despois de gravar o seua álbum de estrea, Short Bus, editado en 1995. Catro anos despois Richard Patrick editou o segundo álbum de Filter, Title of Record, coa axuda do guitarrista Geno Lenardo.
O terceiro disco do grupo, The Amalgamut, lanzouse no ano 2002, cancelando Patrick a meirande parte dos concertos da súa xira de promoción para rehabilitarse dos seus problemas co alcol, que levaban con el varios anos.
Despois de cinco anos de hiato, Filter editou o seu quinto álbum o 13 de maio do 2008 co título Anthems for the Damned. Patrick gravou as voces a ameirande parte dos instrumentos, agás as baterías, interpretadas por Josh Freese. Nesa época tamén traballou con Wes Borland e John 5 nun feixe de cancións.
O quinto traballo da banda, The Trouble with Angels, foi editado o 17 de agosto do ano 2011. Patrick gravou o álbum coa banda da xira de Anthems for the Damned, formada por Mikea Fineo, Mitch Marlow e John Spiker.
Army of Anyone
[editar | editar a fonte]Mentres escribía os temas para o cuato disco de Filter, Patrick chamou aos irmáns DeLeo de Stone Temple Pilots para que o axudasen a compoñer un tema. O resultado foi unha canción chamada "A Better Place". Debido á quimica que existiu entre os tres nesta composición, decidiron formar un supergrupo que recibiría o nome de Army of Anyone.
O 25 de setembro do 2005 anunciouse a formación de Army of Anyone, e, ademais de Dean e Robert DeLeo, uniuse á banda Ray Luzier, o antigo batería de David Lee Roth.
Army of Anyone, o seu único álbum, foi lanzado o 14 de novembro do 2006. O seu primeiro sinxelo, "Goodbye", acadou o nñumero 3 da lista estadounidense Mainstream Rock Tracks. O 26 de maio do 2007 o grupo realizou o seu último concerto en El Paso, Texas.