RoHS
RoHS (en inglés: Restriction of Hazardous Substances Directive) é unha normativa da CE Directiva 2002/95/EC sobre a restrición de substancias perigosas en aparellos eléctricos e electrónicos.
Definición
[editar | editar a fonte]RoHS é unha normativa que restrinxe o uso de produtos con chumbo, pero tamén se refire á restrición das seis substancias seguintes:
- Chumbo (Pb)
- Mercurio (Hg)
- Cadmio (Cd)
- Cromo Hexavalente (Cr6+) tamén chamado cromo VI
- Polibromobifenilos ou Bifenilos polibromados (PBB)
- Polibromodifenil éteres (PBDE)
- Bis(2-ethylhexyl) phthalate (DEHP)
- Butyl benzyl phthalate (BBP)
- Dibutyl phthalate (DBP)
- Diisobutyl phthalate (DIBP)
Os PBB e PBDE son empregados en varios plásticos como retardadores do lume. DEHP, BBP, DBP e DIBP foron engadidos como parte da DIRECTIVA (EU) 2015/863 que foi publicada o 31 de marzo de 2015[1], entrará en vigor o 22 de xullo de 2019.
As concentracións máximas fixadas pola emenda 2005/618/CE son:
- 0,1% para chumbo, mercurio, cromo VI, PBB e PBDE do peso en materiais homoxéneos ou 1000 partes por millón.
- 0,01% para cadmio do peso de material homoxéneo ou 100 partes por millón.
Estas concentracións máximas son os límites e non se aplícan ao peso do produto acabado e tampouco a un compoñente en concreto, senón a calquera compoñente único que podería (teoricamente) ser separado mecanicamente. Por exemplo: a cuberta dun cable ou a soldadura de estaño e chumbo dun compoñente.
Outro exemplo: un equipo electrónico pode estar composto por parafusos, arandelas, unha placa de circuíto, conectores etc. Os parafusos, arandelas e soportes poden ser de materias homoxéneos, pero os outros compoñentes comprenden múltiples sub-compoñentes de moitos e diferentes tipos de materiais. Unha placa de circuíto PCB componse de fibra de vidro, resina, metal de cobre, circuítos integrados, resistencias, condensadores, interruptores etc. Un interruptor pode ter pezas de distintos metais e plásticos, cada un dos cales pode facerse de diferentes materiais. Un contacto pode estar composto dunha lámina de cobre cun recubrimento superficial. Un transformador componse de pezas de ferro, arame de cobre, papel ou resinas.
Todo o que se pode identificar como un material homoxéneo debe cumprir co límite de substancias perigosas. Con que unha soa peza non cumpra os límites, todo o equipo está fora da Directiva.
Nun esforzo por acabar coas lagoas do RoHS, en maio de 2006, a Comisión Europea pediu examinar as categorías de produtos actualmente excluídos (equipos de vixilancia e control e dispositivos médicos) para a súa futura inclusión no cumprimento de RoHS.
As baterías non están incluídas dentro do alcance de RoHS. En Europa, as baterías deben ser conformes á Directiva da Comisión Europea de 1991 (91/157/CEE), que foi aumentado receentemente aprobando a nova directiva 2003/0282 COD. Nun principio a directiva estaba orientada a evitar problemas en barreiras comerciais entre estados, e a nova versión está máis orientada á reciclaxe e protección do medio ambiente. Tamén contén un programa de reciclaxe máis amplo en baterías de automóbiles, bens de consumo e, pouco a pouco pretende aumenta a porcentaxe de reciclaxe ao 45% en 2016. Tamén establece límites de mercurio de 5 ppm e 20 ppm de cadmio para baterías excepto as empregadas en aplicacións médicas, de emerxencia, ou dispositivos portátiles de ferramentas eléctricas. Aínda que non establece límites cuantitativos sobre as cantidades de chumbo, chumbo-ácido, níquel e níquel-cadmio nas pilas, menciónase a necesidade de restrinxir estas substancias e acadar cotas de reciclaxe de ata o 75% das pilas con estas substancias. Tamén hai disposicións para a etiquetaxe das pilas con símbolos indicando o contido de metal e a información para recollida e reciclaxe.
A Directiva aplícase aos equipos como se define nunha sección da WEEE. As categorías son as seguintes:
- Grandes electrodomésticos.
- Pequenos electrodomésticos.
- IT e Equipo de telecomunicacións (aínda que os equipos de infraestrutura estean exentos nalgúns países).
- Aparellos electrónicos de consumo.
- Equipos de iluminación incluíndo iluminación incandescente.
- Ferramentas eléctricas e electrónicas
- Xoguetes, lecer e equipo deportivo.
- Aparellos médicos (exención retirada en xullo de 2011).
- Monitorización e control de instrumentos (exención retirada en xullo de 2011).
- Máquinas expendedoras.
- Os dispositivos semicondutores.
Etiquetado RoHs
[editar | editar a fonte]RoHS non require ningún etiquetado específico dos produtos e non existe un logo único. Moitos fabricantes teñen as súas propias marcas e iconas para indicar o cumprimento. Os indicadores visuais que se utilizan hoxe en día son etiquetas explícitas coas siglas "RoHS", follas verdes, as marcas de verificación, e textos e marcas como "PB-Free" (sen chumbo). A semellanza entre WEEE (Waste Electrical and Electronic Equipment Directive, Residuos de aparellos eléctricos e electrónicos) colector de lixo coa icona cunha "X" é un indicador do produto que debe ter recollida selectiva e non pode ser tratado como lixo doméstico. Na China as etiquetas RoHS, levan unha letra "e" minúscula dentro dun círculo con frechas, tamén pode designar o cumprimento da norma.
As propostas RoHS2 tentan solucionar esta situación ao esixir o marcado CE, a declaración debe presentarse no Documento de Conformidad (DoC).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "EUR-Lex - 32015L0863 - EN - EUR-Lex". Eur-lex.europa.eu. Consultado o 1 February 2016.