Rebezo
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Rebezo pirenaico" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
Rebezo ou rebezo pirenaico Rupicapra pirenaica | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rebezo pineraico en Aigüestortes | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Rupicapra rupicapra Bonaparte, 1845 | |||||||||||||||||||
Distribución de Rupicapra en Galicia
| |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
|
O rebezo pirenaico, chamado moitas veces simplemente rebezo,[2] Rupicapra pyrenaica, é un mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos caprinos, que está presente nalgunhas cadeas montañosas do suroeste de Europa, con tres poboacións nos Pireneos, a cordilleira Cantábrica e os Apeninos.
Certos autores clasificaron desde antigo os exemplares das montañas do sur de Europa, dos Pireneos e a cornixa Cantábrica, como unha especie á parte de Rupicapra rupicapra, na que antes estas poboacións estaban incluídas, recoñecéndoa como Rupicapra pyrenaica, o que a día de hoxe está xa aceptado pola comunidade científica internacional.[3]
Características
[editar | editar a fonte]A lonxitude do corpo nos exemplares adultos oscila entre os 110 e os 130 cm, aos que hai que engadir os 3 ou 4 cme achegados pola curta cola. A altura na cruz é de 70–80 cm e o peso varía entre 20 e 30 Kg.
Os machos son maiores cás femias, coas cores máis escuras e marcadas e a cornamenta de maior lonxitude. Esta nace cara a arriba e cúrvase fortemente cara a atrás como un par de ganchos, tendo unha lonxitude moito menor cá doutros caprinos da súa contorna, como o íbice e a cabra montesa.
Os pezuños son fíos e altamente versátiles, capaces de facer subir ao seu dono polas rochas e o xeo sen problema ningún. Isto débese ao senlleiro deseño das almofadas que ocupan a parte central dos súas pezuños.
A cor da pelaxe varía segundo a época do ano. No verán é pardo-avermellada, co bandullo, gorxa, fociño e glúteos de cor esbrancuxada, estando a transición entre unha cor e outro pouco marcada. Obsérvase unha banda de pelaxe negra dende a boca aos ollos. Tamén é negra o lombo da cola.
No inverno, pola contra, o pelo é moito máis denso e escuro. O lombo, as patas e a parte posterior do pescozo vólvese parda escura ou agrisada. O negro, ademais de na cola e na cara (onde aumenta en extensión e os seus bordos están máis remarcados), obsérvase tamén formando unha banda moi marcada dende a parte posterior das orellas á base do pescozo, pola parte de diante. Estas bandas negras continúanse na parte alta das patas anteriores e posteriores e nos costados do corpo. O rostro, parte dianteira do pescozo, pés, ventre e glúteos son brancos.
Os rebezos son animais sociais que se moven en pequenos grupos á procura de pastos de montaña. Estes grupos están formados só por machos (que tamén poden ser solitarios) ou só por femias e as súas crías, os cales só se reúnen durante a época de celo.
Son de costumes diúrnos, aínda que a medio día adoitan decrecer na súa actividade, que é maior durante a mañá e a últimas horas da tarde. A vista, olfacto e oído son excelentes. Isto axúdalles a identificar axiña aos seus depredadores, como osos, lobos, linces e homes.
Outros perigos que axexan aos rebezos son os aludes, ata o punto de que non é raro atopar rabaños enteiros mortos pola súa causa na época do desxeo. Porén, esta especie non só non se considera ameazada senón que a súa caza está permitida en determinadas zonas.
A esperanza de vida destes animais é duns 20 anos.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Os rebezos españois entran en celo entre outubro e novembro, mentres que os centroeuropeos fano en novembro e as primeiras semanas de decembro. Durante ese tempo, os grupos de machos seguen aos de femias e únense a eles, formándose entón fortes enfrontamentos entre os machos, que loitan testa contra testa polo dereito a reproducirse.
A xestación dura ao redor de 20 semanas, ao termo das cales nace unha soa cría. Esta acada a madurez sexual entre os 2 e os 4 anos, madurando antes as femias cós machos.
Citáronse casos de híbridos entre rebezos e cabras, sempre estériles, mais a existencia destes mesmos híbridos non puido ser probada nunca de forma irrefutable.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1845 polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte nun traballo publicado en Cat. Meth. Mamm. Europe: 17.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Véxase a etimoloxía en Rupicapra.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Moitos dos autores distinguen tres subespecies:[1][4]
- Rupicapra rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845, nos Pireneos.
- Rupicapra rupicapra parva Cabrera, 1914, na cordilleira Cantábrica.
- Rupicapra rupicapra ornata Neumann, 1899, nos Apeninos.
Porén, o MSW e outros autores só contemplan dúas:[5][6]
- Rupicapra rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845
- Rupicapra rupicapra ornata Neumann, 1899
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) vén considerando desde o ano 2008 o status desta especie como LC porque nos últimos anos está aumentando en número de individuos e incrementando a súa área de dispersión, e que non se cre que alcance os limiares de calquera dos criterios para estar na lista vermella. Por iso, a situación das subespecies R. p. pyrenaica e R. p. parva avalíase como de menor preocupación. Porén, a subespecie R. p. ornata avalíase como vulnerábel, xa que ten unha poboación moi pequena e unha área de dispersión así mesmo moi reducida. Previamente avaliouse, en 1996, como en perigo de extinción, pero debido á protección estrita e a un programa de cría en catividade e reintrodución, aumentou a súa poboación. De todos os xeitos son necesarias medidas de conservación para garantir a súa supervivencia futura.[1]
Símbolo
[editar | editar a fonte]Este animal é a mascota da Selección Nacional de Rugby de Andorra, cuxos integrantes son alcumados como Els Isards (Os Rebezos).[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Aulagnier, S.; Giannatos, G. & Herrero, J. (2008): Rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845 na Lista vermella da UICN. Versión 2015.4. Consultada o 11-04-2016.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rebezo.
- ↑ Grubb, P. (2005): "Order Arthiodactila" en: Wilson, D. E. & Reeder, D. M. Mammal Species of the World (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. pp. 711–712. ISBN 978-0-8018-8221-0.
- ↑ Rupicapra pyrenaica no NCBI.
- ↑ Rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845 no MSW.
- ↑ Rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845 no ITIS.
- ↑ "Isards: Rugbi Andorra". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2016. Consultado o 11 de abril de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rebezo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Rebezo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díaz d'a Silva. J. I. & Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96893-20-7.
- Groves, Colin & Peter Grubb (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8.
- Pérez, T.; J. Albornoz & A. Domínguez (2002): "Phylogeography of chamois (Rupicapra spp.) inferred from microsatellites". Molecular Phylogenetics and Evolution 25 (3): 524-534.
- Schilling, D.; D. Singer & H. Diller (1987): Guía de los mamíferos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0784-4.
- Van den Brink, F. H. & Barrel, P. (1971): Guía de campo de los mamíferos salvajes de Europa occidental. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
- Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rupicapra pyrenaica no Atlas de la biodiversidad do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf (en castelán).
- O rebezo en España (en inglés).
- Bas López, Santiago (2014): "Sociabilidade e hábitat dos rebezos (Rupicapra pyrenaica parva Cabrera, 1914) nun sector de Picos de Europa". Braña. Boletín Científico da Soc. Gal. Hist. Nat. 12: 1-17 (en galego).
- Rupicapra (como pertencente á subfamilia dos Rupicaprinae) en Ángel Cabrera (1914): Fauna ibérica; mamíferos. Facsímile electrónico (en castelán).
- Rebeco (Rupicapra rupicapra parva) en Fauna Ibérica (en castelán).
- Rebeco (Rupicapra rupicapra parva) en Asturias en senderismoenasturias.es (en castelán)
- Rupicapra pyrenaica no Tree of Life (en inglés).
- Rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845 Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fauna Europaea.
- Rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845 no Inventaire National du Patrimoine Naturel (INPN). (Status) (en francés).
- Rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845 no ITIS.
- Rupicapra pyrenaica na ADW. Con abundante información (en inglés).
- Rupicapra pyrenaica na EOL.
- Rupicapra pyrenaica no NCBI.