Saguinus geoffroyi
Saguinus geoffroyi | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Saguinus geoffroyi (Pucheran, 1845) | |||||||||||||||||||||
Saguinus geoffroyi é unha especie de pequeno primate de pelaxe branca e negra, coa caluga de cor avermellada. Acada entre os 22 até 25 cm de lonxitude; cunha cola de 31 a 40 cm. O peso rolda os 300 a 560 g. Aliméntase de froitas e invertebrados. Complementa a súa dieta con flores, retoños e zume.
A súa distribución abrangue dende Costa Rica até Colombia. Algúns estudosos teñen considerado este taxón como unha subespecie do Saguinus oedipus pero as investigacións recentes suxiren que son dous grupos diferentes abondo como para ser recoñecidos como especies separadas.
Como tódolos callitrichine son arbóreos; adoitan vivir en áreas de crecemento secundario ou en bosques mixtos. Como moitas especies desta subfamilia atópase en perigo de extinción, principalmente pola destrución do seu hábitat, aínda que é particularmente abondoso nalgunhas localidades de Panamá. En Colombia hai poboacións naturais desta especie protexidas no Parque Nacional Natural Las Orquídeas, que se atopa no Chocó.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Marsh, L.K., Cuarón, A.D. e de Grammont, P.C. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Saguinus geoffroyi |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Moore, A. J., & Cheverud, J. M. (1992). Systematics of the Saguinus oedipus group of the bare-face tamarins: Evidence from facial morphology. American Journal of Physical Anthropology, 89, 73-84.