Scissirostrum dubium
Aparencia
Scissirostrum dubium | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Scissirostrum dubium' (Latham, 1801) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Lanius dubium Latham, 1801 |
Scissirostrum dubium é unha especie de estorniño da familia Sturnidae. É monotípico no xénero Scissirostrum.[2] É endémico de Sulawesi, Indonesia.[1]
O seu hábitat natural son as terras baixas tropicais, e ás veces as zonas montañosas subtropicais, as fragas e as zonas húmidas.[1]
A especie aniña en colonias, que adoitan ter centos de parellas. Os seus niños son escarvados en troncos de árbores mortas ó estilo dos peteiros. Aliméntase de froitas, insectos e gran.[2]
Foi descrito por vez primeira polo ornitólogo inglés John Latham en 1801, baixo o nome binomial Lanius dubium.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Scissirostrum dubium". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Feare, C., Craig, A., Croucher, B., Shields, C., & Komolphalin, K. 1998. Starlings and Mynas. Christopher Helm. ISBN 0-7136-3961-X
- ↑ Latham, John (1801). Supplementum indicis ornithologici sive systematis ornithologiae (en latín). Londres: Leigh & Sotheby. p. xviii.[Ligazón morta]