Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Sebastian Vettel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSebastian Vettel

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Heppenheim (Bergstraße), Alemaña Editar o valor en Wikidata
Altura176 cm Editar o valor en Wikidata
Peso62 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo, motorsports competitor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaAlemaña Editar o valor en Wikidata
DeporteFórmula 1 (2007–)
automobilismo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
- BMW Sauber
2007-2008 Scuderia Toro Rosso
2009-2014 Red Bull Racing
2015-2020 Scuderia Ferrari
2021-2022 Aston Martin Racing
Participou en
20 de xaneiro de 2016Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016 Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCampión do Mundo de Fórmula 1 Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Páxina websebastianvettel.de Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2697599 Rottentomatoes: celebrity/sebastian_vettel Metacritic: person/sebastian-vettel
Instagram: sebastianvettel WikiTree: Vettel-7 Editar o valor en Wikidata

Sebastian Vettel, nado en Heppenheim o 3 de xullo de 1987[1], é un expiloto de Fórmula 1 alemán. Foi Campión do Mundo, catro veces en 2010, 2011, 2012, e 2013.[2] É un dos pilotos de F1 máis exitosos de todos os tempos e é considerado un grande.

Vettel comezou a súa carreira na Fórmula Un como piloto de probas para BMW Sauber en 2006, facendo unha única aparición nunha carreira en 2007. Como parte do Red Bull Junior Team, Vettel pilotou para a Scuderia Toro Rosso máis tarde ese ano e mantívose como piloto a tempo completo para 2008. Vettel ascendeu a Red Bull en 2009. Con Red Bull, Vettel gañou catro títulos consecutivos desde 2010 ata 2013, o primeiro dos cales o converteu no campión do mundo máis novo do deporte, establecendo os récords de máis vitorias consecutivas en carreiras (9) e vitorias en carreiras nunha única tempada (13).[3] En 2015 firmou pola Scuderia Ferrari para o que correru ata 2020. Fichou por Aston Martin para as tempadas 2021-2022, antes de anunciar os seus plans para retirarse da Fórmula Un a finais da tempada 2022.[4]

Mocidade e vida persoal

[editar | editar a fonte]

Vettel naceu en Heppenheim, entón Alemaña Occidental fillo de Norbert e Heike Vettel. Ten un irmán máis novo, Fabián, e dúas irmás máis vellas, Melanie, técnico ental, e Stefanie, fisioterapeuta para nenos incapacitados.[5] Vettel dixo nunha entrevista que el era terrible na escola, pero logrou o título de secundaria cunha nota respectable, na escola secundaria Starkenburg Gymnasium en Heppenheim.[6] Tamén mencionou que os seus heroes da infancia eran "Os tres Michaels", que eran Michael Schumacher, Michael Jordan e Michael Jackson. Dixo que quería ser un cantante como Michael Jackson, pero deuse conta de que non podía porque non tiña a voz.[7] Vettel é tamén un fan de The Beatles destacando varios discos, entre eles Abbey Road e a súa canción favorita é "Drive My Car". Nunha entrevista en Top Gear, Vettel confesouse como fan da comedia británica como Little Britain e Monty Python's Life of Brian. Vettel vive en Thurgovia, Suíza, entre outros pilotos de carreiras e é un fan do equipo de fútbol alemán Eintracht Frankfurt. Vettel describiuse a si mesmo como competitivo, privado, e impaciente. Vettel tamén aparece nos anuncios de Head & Shoulders. Na versión alemá de Cars 2, Vettel presenta unha voz en off.

Mantén unha relación con Hanna Sprater, coa que leva desde a infancia. En xaneiro de 2014, Vettel converteuse en pai da súa primeira filla.[8][9]

Vida deportiva

[editar | editar a fonte]

Vettel comezou no automobilismo aos sete anos, pilotando karts. En 2004, na F-BMW Alemá, venceu 18 de 20 carreiras disputadas e conquistou o título da competición. Nos anos seguintes, Vettel correu na F-3 Europea e pasou a espertar o interese de BMW, onde pasou a realizar probas.

Fórmula Un

[editar | editar a fonte]
Vettel durante a práctica no Gran Premio do Brasil de 2006 co BMW Sauber
Vettel na súa carreira de debut no Gran Premio dos Estados Unidos de 2007

BMW Sauber (2006–2007)

[editar | editar a fonte]

Vettel converteuse no terceiro piloto de BMW Sauber no Gran Premio de Turquía de 2006, cando o ex titular Robert Kubica foi convocado para substituír a Jacques Villeneuve no Gran Premio de Hungría de 2006.

No seu debut nas probas, Vettel marcou o mellor tempo na segunda práctica libre do venres antes da carreira.[10] Nese momento, converteuse no piloto máis novo da Fórmula Un en participar na competición nun Gran Premio de fin de semana (19 anos e 53 días), tamén recibiu a súa primeira multa por superar o límite de velocidade no pitlane camiño da pista.[11]

Na súa segunda sesión de probas no Gran Premio de Italia de 2006, estableceu o tempo máis rápido nas dúas sesións de adestramentos do venres, unha fin de semana de carreiras no que todos os coches BMW foron rápidos, co seu predecesor Robert Kubica terminando no podio na carreira.

Vettel foi confirmado como piloto de probas de BMW para 2007.[12] Tralo grave accidente do piloto regular de BMW Kubica no Gran Premio do Canadá de 2007 Vettel substituíuno no Gran Premio dos Estados Unidos de 2007.[13] Comezou na sétima posición da grella, terminando na oitava posición logrando o seu primeiro punto no Campionato Mundial e converteuse no piloto máis novo no momento en anotar un punto na Fórmula Un (á idade de 19 anos e 349 días), unha marca en posesión anteriormente de Jenson Button, quen tiña 20 anos e 67 días de idade cando terminou sexto no Gran Premio do Brasil de 2000.[14]

Toro Rosso (2007-2008)

[editar | editar a fonte]
Vettel correndo para Toro Rosso no Gran Premio do Canadá de 2008.

Na véspera do Gran Premio de Hungría de 2007, Vettel foi confirmado como novo piloto da Scuderia Toro Rosso, en substitución do estadounidense Scott Speed, que saíu tras varios desencontros co equipo.[15] Cobrou aproximadamente 165.000 US $ por terminar a tempada con Toro Rosso.[16] Antes da carreira, tamén se anunciou que Vettel pilotaría para Toro Rosso en 2008,[17] xunto a Sébastien Bourdais.[18]

O 14 de setembro de 2008 venceu de forma sorprendente o gran Gran Premio de Italia de 2008, conquistando a primeira vitoria da carreira na categoría e tamén do equipo Toro Rosso.[19][20] Con este feito, converteuse no piloto máis novo en gañar un Gran Premio, con vinte e un anos, tres meses e oito días.[21] Logrou outra marca con só nove meses de carreira na Fórmula 1, converteuse no piloto máis novo en ser multado pola FIA por unha infracción ao pasar do límite de velocidade nos boxes mentres accedía á pista por primeira vez.

Red Bull (2009–2014)

[editar | editar a fonte]

Alzouse co campionato de Fórmula 1 de 2010, converténdose no piloto máis novo da historia en ser Campión do Mundo. Campionato que renovou en 2011, 2012 e 2013.

En 2009, Vettel pasa a correr en Red Bull, substituíndo a David Coulthard, que se retirou ao fin da tempada de Fórmula 1 de 2008.

O 19 de abril de 2009, no Gran Premio da China de 2009, conquistou a segunda vitoria na categoría e a primeira do equipo Red Bull.[22][23]

En 1 de novembro, Vettel terminou no segundo posto no campionato Mundial, sendo o piloto máis novo en conseguir tal feito, trala súa vitoria no Gran Premio de Abu Zabi de 2009, ficando só detrás do británico Jenson Button no campionato.[24][25]

En 19 de novembro de 2009, Vettel foi elixido mellor piloto do ano pola revista inglesa "Autosport", nunha votación feita cos xefes de equipo da categoría.[26][27]

O piloto alemán comezou a temporada de 2010 logrando a pole position nas dúas primeiras roldas, no entanto, por problemas no coche, acabou perdendo o liderado, inclusindo a retirada na segunda carreira. A primeira vitoria na temporada veu na terceira carreira, o Gran Premio de Malaisia de 2010, cando superou ao seu compañeiro de equipo Mark Webber, que chegou segundo. O 14 de novembro, Vettel proclamouse campión da categoría, tras vencer na última carreira da tempada, o GP de Abu Zabi.[28] Vettel converteuse no campión máis novo da historia, con 23 anos, 4 meses e 11 días. Vettel tamén se converteu no 1º piloto da historia da Fórmula 1 en ser campión sen liderar o campionato antes da última proba.

O día 24 de febreiro de 2012 o piloto recibiu do presidente da Alemaña, Horst Seehofer, a distinción "Silberne Lorbeerblat" (folla de prata), a máis alta condecoraçión concedida polo goberno alemán aos deportistas, pola conquista do bicampionato.[29]

O 25 de novembro de 2012, tornouse o máis novo tricampión mundial da Fórmula 1, chegando en sexto lugar no GP do Brasil, a última proba da tempada. Vettel logrou o campionato con tres puntos de vantaxe sobre Fernando Alonso, que quedou na segunda posición.[30]

O 27 de outubro de 2013, tornouse o máis novo tetracampión mundial da Fórmula 1, tras ser primeiro no Gran Premio da India, a falta de catro carreiras. Cunha temporada perfecta e sen erros, Vettel foi tetracampión cunha gran vantaxe en relación a Fernando Alonso, que chegou na décima primeira posición.

Vettel en 2015 co Ferrari.

Durante a fin de semana do Gran Premio do Xapón de 2014, anunciou que deixaba o equipo ao fin da tempada de 2014 antes do termo do seu contrato, que concluiría en 2015.[31]

Ferrari (2015–2020)

[editar | editar a fonte]
Vettel durante os test de pretempada en Cataluña debuting for Ferrari

Aston Martin (2021 - 2020)

[editar | editar a fonte]

Vitorias na Fórmula 1

[editar | editar a fonte]
  • 2008: Italia (Monza)
  • 2009: Abu Dhabi (Yas marina), China (Shangai), Gran Bretaña (Silverstone), Xapón (Suzuka)
  • 2010: Brasil (Interlagos), Malaisia (Sepang), Abu Dhabi (Yas marina), Europa (València), Xapón (Suzuka)
  • 2011: Australia (Melbourne Grand Prix Circuit), Malaisia (Sepang), Turquía (Istambul Park), España (Montmelo), Mónaco (Montecarlo), Europa (Valencia), Bélxica, Italia (Monza), Singapur (Marina Bay), Corea (Yeongam), India (Buda).
  • 2012: Bahrain, Singapur (Marina Bay), Xapón (Suzuka), Corea (Yeongam), India (Buda)
  • 2013: Malaisia, Baharain, Canadá, Alemaña, Bélxica, Italia, Singapur, Corea, Xapón, India, Abu Zabi, Estados Unidos, Brasil
  • 2015: Malaisia, Hungría e Singapur

En 2010 alzouse co campionato do mundo converténdose así no piloto máis novo en conseguir este título. En 2011 renovou o campionato e tamén se converteu no bicampión máis novo da historia, en 2012 logrou o seu terceiro campionato polo que tamén é o tricampión máis novo da historia, en 2013 logrou o cuarto campionato consecutivo.

Costumes e Supersticións

[editar | editar a fonte]

Sebastian Vettel ten o costume de poñerlle nomes de muller aos seus coches, inspirado polos pilotos estadounidenses de bombardeiros da segunda guerra mundial. Declarou: "É importante ter unha estreita relación co coche. Como un barco, un coche debería levar o nome dunha moza porque é sexy".[32] Sábese que na súa primeira temporada na Fórmula 1 púxolle o nome de Julie ao seu STR3. O RB5 do ano seguinte foi alcumado Kate, despois do accidente de Australia, tiveronlle que cambiar o chasis, este foi alcumado Kate’s Dirty Sister (irmá sucia de Kate). Para a súa última montura o RB6 escolleu o nome de Luscious Liz (Seductora Liz). Unha vez cambiado este último, o seu sucesor foi chamado Randy Mandy (Mandy a Cacheira). En 2011, o campión do mundo bautizou ao RB7 como Kinky Kylie (pervertida Kylie). Ao RB8 chamouno Abbey[33] e o RB9 recibiu o nome de Hungry Heidi.[34] O tetracampeon chamou ao RB10 "Suzie", e na súa nova aventura coa Scuderia Ferrari, chamou ao SF15-T "Eva".[35] Para a tempada 2016 Vettel e o seu mecánicos decidiron nomear o seu Ferrari SF16-H Margherita.[36] Para 2017, Vettel decidiu bautizar o seu Ferrari SF70H como "Gina",[37] Loria (2018), Lina (2019),[38] e Lucilla (2020).[39] Tamén ten como superstición pasar unha "Moeda da sorte" polos cordóns dos seus zapatos.[40]

Tempada Coche Nome(s)
2008 Toro Rosso STR3 Julie
2009 Red Bull RB5 Kate e a irmá porca de Kate
2010 Red Bull RB6 Liz a seductora e Randy a cacheira
2011 Red Bull RB7 Kylie a pervertida
2012 Red Bull RB8 Abbey
2013 Red Bull RB9 Heidi a famenta
2014 Red Bull RB10 Suzie
2015 Ferrari SF15-T Eva
2016 Ferrari SF16-H Margherita
2017 Ferrari SF70H Gina
2018 Ferrari SF71H Loria
2019 Ferrari SF90 Lina
2020 Ferrari SF1000 Lucilla
2021 Aston Martin AMR21 Honey Ryder
2022 Aston Martin AMR22

Rexistro de carreiras

[editar | editar a fonte]

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]
Tempada Series Equipo Carreiras Gañados Poles V/rápidas Podios Puntos Posición
2003 Formula BMW ADAC Eifelland Racing 19 5 5 4 12 216
2004 Formula BMW ADAC ADAC Berlin-Brandenburg 20 18 14 13 20 387
2005 Formula 3 Euro Series ASL Mücke Motorsport 20 0 0 1 6 63
Masters de Formula 3 1 0 0 0 0 N/A 11º
Campionato de España de Fórmula 3 Racing Engineering 1 0 0 0 1 8 15º
Gran Premio de Macau ASM F3 1 0 0 0 1 N/A
Fórmula 1 BMW Williams F1 Team Piloto de probas
2006 Formula 3 Euro Series ASM Formule 3 20 4 1 5 9 75
Masters de Formula 3 1 0 0 0 0 N/A
Formula Renault 3.5 Series Carlin Motorsport 3 2 1 0 2 31 15º
Gran premio de Macau 1 0 0 0 0 N/A 23º
Fórmula 1 BMW Sauber F1 Team Piloto de probas
2007 Formula Renault 3.5 Series Carlin Motorsport 7 1 1 1 4 74
Fórmula 1 BMW Sauber F1 Team 1 0 0 0 0 6 14º
Scuderia Toro Rosso 7 0 0 0 0
2008 Fórmula 1 Scuderia Toro Rosso 18 1 1 0 1 35
2009 Fórmula 1 Red Bull Racing 17 4 4 3 8 84
2010 Fórmula 1 Red Bull Racing 19 5 10 3 10 256
2011 Fórmula 1 Red Bull Racing 19 11 15 3 17 392
2012 Fórmula 1 Red Bull Racing 20 5 6 6 10 281
2013 Fórmula 1 Infiniti Red Bull Racing 19 13 9 7 16 397
2014 Fórmula 1 Infiniti Red Bull Racing 19 0 0 2 4 167
2015 Fórmula 1 Scuderia Ferrari 19 3 1 1 13 278
2016 Fórmula 1 Scuderia Ferrari 21 0 0 3 7 212
2017 Fórmula 1 Scuderia Ferrari 20 5 4 5 13 317
2018 Fórmula 1 Scuderia Ferrari 21 5 5 3 12 320
2019 Fórmula 1 Scuderia Ferrari 21 1 2 2 9 240
2020 Fórmula 1 Scuderia Ferrari 17 0 0 0 1 33 13º
2021 Fórmula 1 Aston Martin Cognizant Formula One Team 22 0 0 0 1 43* 12º*
2022 Fórmula 1 Aston Martin Cognizant Formula One Team 20 0 0 0 0 37 12º

* Tempada en progreso.

Resultados completos na Formula BMW ADAC

[editar | editar a fonte]

(Carreiras en letra grosa indican pole position, carreiras en cursiva indican a volta rápida.)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pos Puntos
2003 Eifelland Racing HOC1
1

Ret
HOC1
2

2
ADR
1

1
ADR
2

1
NÜR1
1

3
NÜR1
2

2
LAU
1

6
LAU
2

7
NOR
1

Ret
NOR
2

1
NÜR2
1

10
NÜR2
2

2
NÜR3
1

1
NÜR3
2

2
A1R
1

6
A1R
2

8
ZAN
1

DNS
ZAN
2

3
HOC2
1

3
HOC2
2

1
2do 216
2004 ADAC Berlin-Brandenburg e.V. HOC1
1

1
HOC1
2

1
ADR
1

2
ADR
2

1
NÜR1
1

1
NÜR1
2

3
LAU
1

1
LAU
2

1
NOR
1

1
NOR
2

1
NÜR2
1

1
NÜR2
2

1
OSC
1

1
OSC
2

1
ZAN
1

1
ZAN
2

1
BRN
1

1
BRN
2

1
HOC2
1

1
HOC2
2

1
1ro 387

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Escudería Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 Posición Puntos
2006 Alemaña

BMW Sauber

BMW Sauber F1.06 BMW P86 2.4 V8 BAH
MAL
AUS
SMR
EUR
ESP
MON
GBR
CAN
USA
FRA
ALE
HUN
TUR
PP
ITA
PP
CHN
PP
XPN
PP
BRA
PP
2007 Alemaña

BMW Sauber

BMW Sauber F1.07 BMW P86/7 2.4 V8 AUS
PP
MAL
PP
BAH
ESP
MON
CAN
USA
8
FRA
GBR
EUR
14º 6
Italia

Toro Rosso

Toro Rosso STR2 Ferrari 056 2.4 V8 HUN
16
TUR
19
ITA
18
BEL
Ret
XPN
Ret
CHN
4
BRA
Ret
2008 Italia

Toro Rosso

Toro Rosso STR3 Ferrari 056 2.4 V8 AUS
Ret
MYS
Ret
BAH
Ret
ESP
Ret
TUR
17
MON
5
CAN
8
FRA
12
GBR
Ret
ALE
8
HUN
Ret
EUR
6
BEL
5
ITA
1
SIN
5
XJPN
6
CHN
9
BRA
4
35
2009 Austria

Red Bull

Red Bull RB5 Renault RS27 2.4 V8 AUS
13
MAL
15
CHN
1
BAH
2
ESP
4
MON
Ret
TUR
3
GBR
1
ALE
2
HUN
Ret
EUR
Ret
BEL
3
ITA
8
SIN
4
XPN
1
BRA
4
ABU
1
84
2010 Austria

Red Bull

Red Bull RB6 Renault RS27 2.4 V8 BAH
4
AUS
Ret
MAL
1
CHN
6
ESP
3
MON
2
TUR
Ret
CAN
4
EUR
1
GBR
7
ALE
3
HUN
3
BEL
15
ITA
4
SIN
2
XPN
1
RCO
Ret
BRA
1
ABU
1
256
2011 Austria

Red Bull

Red Bull RB7 Renault RS27 2.4 V8 AUS
1
MAL
1
CHN
2
TUR
1
ESP
1
MON
1
CAN
2
EUR
1
GBR
2
ALE
4
HUN
2
BEL
1
ITA
1
SIN
1
XPN
3
RCO
1
IND
1
ABU
Ret
BRA
2
392
2012 Austria

Red Bull

Red Bull RB8 Renault RS27 2´4 V8 AUS
2
MAL
11
CHN
5
BAH
1
ESP
6
MON
4
CAN
4
EUR
Ret
RU
3
ALE
5
HUN
4
BEL
2
ITA
22†
SIN
1
XPN
1
COR
1
IND
1
ABU
3
USA
2
BRA
6
281
2013 Austria

Red Bull

Red Bull RB9 Renault RS27 2´4 V8 AUS
3
MAL
1
CHN
4
BAH
1
ESP
4
MON
2
CAN
1
RU
Ret
ALE
1
HUN
3
BEL
1
ITA
1
SIN
1
COR
1
XPN
1
IND
1
ABU
1
USA
1
BRA
1
397
2014 Austria

Infiniti Red Bull Racing

Red Bull RB10 Renault Energy F1-2014 1.6 V6 t AUS
Ret
MAL
3
BAH
6
CHN
5
ESP
4
MON
Ret
CAN
3
AUT
Ret
RU
5
ALE
4
HUN
7
BEL
5
ITA
6
SIN
2
XPN
3
RUS
8
USA
7
BRA
5
ABU
8
167
2015 Italia

Scuderia Ferrari

Ferrari SF15-T Ferrari 060 1.6 V6 t AUS
3
MAL
1
CHN
3
BHR
5
ESP
3
MON
2
CAN
5
AUT
4
RU
3
HUN
1
BEL
12†
ITA
2
SIN
1
XPN
3
RUS
2
USA
3
MEX
Ret
BRA
3
ABU
4
278
2016 Italia

Scuderia Ferrari

Ferrari SF16-H Ferrari 061 1.6 V6 t AUS
3
BHR
NTS
CHN
2
RUS
Ret
ESP
3
MON
4
CAN
2
EUR
2
AUT
Ret
GBR
9
HUN
4
ALE
5
BEL
6
ITA
3
SIN
5
MAL
Ret
XPN
4
USA
4
MEX
5
BRA
5
ABU
3
212
2017 Italia

Scuderia Ferrari

Ferrari SF70H Ferrari 062 1.6 V6 t AUS
1
CHN
2
BHR
1
RUS
2
ESP
2
MON
1
CAN
4
ACE
4
AUT
2
GBR
7
HUN
1
BEL
2
ITA
3
SIN
Ret
MAL
4
XPN
Ret
USA
2
MEX
4
BRA
1
ABU
3
317
2018 Scuderia Ferrari Ferrari SF71H Ferrari 063 1.6 V6 t AUS
1
BHR
1
CHN
8
ACE
4
ESP
4
MON
2
CAN
1
FRA
5
AUT
3
GBR
1
ALE
Ret
HUN
2
BEL
1
ITA
4
SIN
3
RUS
3
XPN
6
USA
4
MEX
2
BRA
6
ABU
2
320
2019 Scuderia Ferrari Ferrari SF90 Ferrari 064 1.6 V6 t AUS
4
BHR
5
CHN
3
AZE
3
ESP
4
MON
2
CAN
2
FRA
5
AUT
4
GBR
16
ALE
2
HUN
3
BEL
4
ITA
13
SIN
1
RUS
Ret
XPN
2
MEX
2
USA
Ret
BRA
17
ABU
5
240
2020 Scuderia Ferrari Ferrari Ferrari AUT
10
EST
Ret
HUN
6
GBR
10
ANI
12
ESP
7
BEL
13
ITA
Ret
TOS
10
RUS
13
EIF
11
POR
10
EMI
12
TUR
3
BAH
13
SAK
12
ABU
14
13º 33
2021 Aston Martin Cognizant F1 Team Aston Martin AMR21 Mercedes M12 E Performance 1.6 V6 t BHR
15
EMI
15†
POR
13
ESP
13
MON
5
ACE
2
FRA
9
EST
12
AUT
17†
GBR
Ret
HUN
DSC
BEL
5‡
NED
13
ITA
12
RUS
12
TUR
18
USA
10
MEX
7
BRA
11
QAT
10
SAU
Ret
ABU
11
12º 43
2022 Aston MartinAramco Cognizant F1 Team Aston Martin AMR22 Mercedes F1 M13 E Performance 1.6 V6 t BHR
SAU
AUS
Ret
EMI
8
MIA
17†
ESP
11
MON
10
ACE
6
CAN
12
GBR
9
AUT
17
FRA
11
HUN
10
BEL
8
NED
14
ITA
Ret
SIN
8
XAP
6
USA
8
MEX
14
BRA
11
ABU
10
12º 37

Sebastian Vettel ostenta diversas marcas na Fórmula 1:

Marca Lograda
Campión do mundo sendo líder do mundial menos carreiras durante a tempada 2010 (Igualando as marcas de John Surtees e James Hunt)
Piloto con máis puntos conseguidos nunha tempada[41] 2013 (397 puntos)
Maior porcentaxe do total de puntos posibles nunha tempada 2011 (86´40%)
Campión do mundo sendo líder do mundial máis carreiras durante a tempada 2011 (19 carreiras)
Campión do mundo con maior marxe de puntos respecto ao segundo 2011 (155 puntos)
Mellor media de puntos por carreira[42] 9´54
Piloto con máis Poles nunha tempada 2011 (15)
Piloto con máis adiantamentos nunha tempada 2012 (75)
Piloto máis novo en participar nun Gran Premio[43] 2006 (25 de agosto de 2006, con 19 anos e 53 días)
Piloto máis novo en conseguir o tempo máis rápido nunha sesión de Fórmula 1[44]
Piloto máis novo en conseguir puntuar na Fórmula 1[45] Gran Premio dos Estados Unidos de 2007 (17 de xuño de 2007, con 19 anos e 349 días)
Piloto máis novo en liderar unha carreira de Fórmula 1, por polo menos unha volta[46] Gran Premio do Xapón de 2007 (30 de setembro de 2007, con 20 anos e 89 días)
Piloto máis novo en conseguir unha Pole Position en Fórmula 1 Gran Premio de Italia de 2008 (13 de setembro de 2008, con 21 anos e 72 días)
Piloto máis novo en subir a un podio na Fórmula 1[47] Gran Premio de Italia de 2008 (14 de setembro de 2008, con 21 anos e 73 días)
Piloto máis novo en gañar unha carreira
Piloto máis novo en conseguir un dobrete (pole position e vitoria)
Piloto máis novo en conseguir un triplo (pole position, vitoria e volta rápida) Gran Premio do Reino Unido de 2009 (con 21 anos e 353 días)
Piloto máis novo en conseguir un Grand Chelem (pole position, vitoria e volta rápida liderando

todas as voltas da carreira)

Gran Premio da India de 2011 (con 24 anos e 119 días)
Piloto máis novo en gañar un mesmo GP en dúas ocasións Gran Premio do Xapón en 2009 e 2010 (con 23 anos e 98 días)
Piloto máis novo en gañar o Campionato do Mundo 2010 (14 de novembro de 2010, con 23 anos e 135 días)
Piloto máis novo da historia en gañar dous Campionatos do Mundo 2011 (9 de outubro de 2011, con 24 anos e 98 días)
Piloto máis novo da historia en gañar dous Campionatos do Mundo consecutivos
Piloto máis novo da historia en gañar tres Campionatos do Mundo 2012 (25 de novembro de 2012, con 25 anos e 146 días)
Piloto máis novo da historia en gañar tres Campionatos do Mundo consecutivos
Piloto máis novo da historia en gañar catro Campionatos do Mundo 2013 (27 de outubro de 2013, con 26 anos e 116 días)
Piloto máis novo da historia en gañar catro Campionatos do Mundo consecutivos
Piloto máis novo en ser Subcampión do Mundo 2009 (1 de novembro de 2009, con 22 anos e 121 días)
Piloto con máis vitorias consecutivas (nove)[48] 2013, desde o Gran Premio de Bélxica de 2013 ata o Gran Premio do Brasil de 2013
Predecesor:
Jenson Button
Campión da Fórmula 1
2010-2011-2012-2013
Sucesor:
Lewis Hamilton
  1. "Sebastian Vettel". Formula1.com. Formula One Administration. Consultado o 2 de decembro de 2012. 
  2. "Vettel beyond reach in India". Federation Internationale de l'Automobile. 27 de outubro de 2013. Consultado o 29 de outubro de 2013. 
  3. "Wins – Consecutively". Stats F1. Consultado o 12 January 2019. 
  4. "Sebastian Vettel to retire from Formula 1 at the end of the 2022 season". Sky Sports (en inglés). Consultado o 2022-11-20. 
  5. Schneider, Frank (8 de xullo de 2011). "British Grand Prix 2011: revealed – the real Sebastian Vettel". The Daily Telegraph. 
  6. "Heldenverehrung: Gymnasium nach Rennfahrer Sebastian Vettel benannt". Der Spiegel. Consultado o 25 de setembro de 2011. 
  7. "The Secret Life of Sebastian Vettel". Formula One. 17 de marzo de 2010. Consultado o 18 de marzo de 2010. 
  8. "Sebastian Vettel wird zum ersten Mal Vater" [Sebastian Vettel will be a first time father]. Die Welt (en German) (Thomas Schmid; Axel Springer AG). 10 de decembro de 2013. Consultado o 10 de decembro de 2013. 
  9. "Exclusive Sebastian Vettel Q&A: Right now, nothing is lost". Formula1.com. 1 de marzo de 2014. Consultado o 1 de marzo de 2014. 
  10. "2006 Turkish Grand Prix – Fri Prac 2". Formula One. 25 de agosto de 2006. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 1 de xuño de 2007. 
  11. "Sebastian Vettel". F1 Fanatic. Consultado o 14 de agosto de 2015. 
  12. "BMW names same drivers for 2007". grandprix.com. 19 de outubro de 2006. Consultado o 1 de xuño de 2007. 
  13. "Vettel to replace Kubica at Indianapolis". Autosport. 14 de xuño de 2007. Consultado o 14 de xuño de 2007. 
  14. "Vettel becomes F1's youngest scorer". itv-f1.com. 17 de xuño de 2007. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2007. 
  15. "U.S. driver Scott Speed dropped by Toro Rosso, replaced by Sebastian Vettel". Associated Press. 31 de xullo de 2007. Consultado o 21 de xullo de 2008. 
  16. "Vettel to earn $165, 000 at STR". flagworld.auto123.com. 1 de agosto de 2007. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2007. Consultado o 1 de agosto de 2007. 
  17. "Vettel to race for Toro Rosso in 2008". Autosport. 2 de agosto de 2007. Consultado o 2 de agosto de 2007. 
  18. "Toro Rosso confirm Bourdais for 2008". grandprix.com. 10 de agosto de 2008. Consultado o 10 de agosto de 2008. 
  19. "Vettel é dominante e leva GP da Itália histórico". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2012. Consultado o 13 de maio de 2017. 
  20. Folha Online (ed.). "Vettel vence o GP da Itália de F-1; Massa fica em sexto lugar". 
  21. "Vettel vence em Monza e bate recorde Revista Racing". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 13 de maio de 2017. 
  22. "Precoce", Vettel chega a segunda vitória na F1". 
  23. PAZZI, Milton Jr. Vettel vence o GP da China, em dia de dobradinha da RBR
  24. "Vettel sobra e fecha o ano com vitória em Abu Dhabi". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2009. Consultado o 4 de novembro de 2009. 
  25. "Vettel: "É a forma perfeita de terminar temporada"". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2009. Consultado o 4 de novembro de 2009. 
  26. "Vettel é apontado o melhor piloto do ano por chefes de equipe UOL Esporte". 
  27. "Chefes de times elegem Vettel como melhor do ano". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2009. Consultado o 04 de xullo de 2017. 
  28. LOPES, Rafael. Vettel domina em Abu Dhabi, seca Alonso e arranca o título da Fórmula 1 Globoesporte.com
  29. UOL Esporte, ed. (24/02/2012). "Vettel recebe a mais alta condecoração esportiva do governo alemão". 
  30. "Menino precoce, Vettel supera Senna e se torna tri mais jovem da F1". terra.br (en portugués). 25 de novembro de 2012. Consultado o 10 de setembro de 2018. 
  31. Grandeprêmio, ed. (3 de outubro de 2014). "Red Bull anuncia saída de Vettel no final da atual temporada e escolhe Kvyat como substituto". 
  32. Allen, James (23 May 2010). "What should Vettel name his car?". Motorsport.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2014. Consultado o 11 March 2014. 
  33. Gorbe, Daniel (14 de marzo de 2012). "Sebastian Vettel llama 'Abbey' a su nuevo RB8". F1 al día. Consultado o 14 de marzo de 2012. 
  34. "Vettel ya tiene nombre para su Red Bull RB9: 'Hungry Heidi'". Mundo Deportivo. 14 de marzo de 2013. Consultado o 14 de marzo de 2013. 
  35. "Vettel names first Ferrari 'Eva'". ESPN F1. 13 de marzo de 2015. Consultado o 13 de marzo de 2015. 
  36. "Sebastian Vettel starts 2016 with a Margherita for his new Ferrari car". Skysports F1. 17 de marzo de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2016. 
  37. "Vettel fährt mit Gina". Bild Sport. 21 de marzo de 2017. Consultado o 21 de marzo de 2017. 
  38. "Sebastian Vettel names new Ferrari Lina for 2019". ESPN. 14 March 2019. Consultado o 12 de agosto de 2020. 
  39. "F1, Vettel ha scelto: la nuova Ferrari SF1000: si chiama Lucilla. Tutti i nomi" [F1, Vettel has chosen: the new Ferrari SF1000: it's called Lucilla. All names]. Sky Sport (en italiano). 12 de marzo de 2020. Consultado o 12 de agosto de 2020. 
  40. "Sebastian Vettel Photos - Spanish F1 Grand Prix" (en inglés). Zimbio.com. Lucky coin is seen in the shoe of Sebastian Vettel 
  41. Glenn B. Manishin (22 de xuño de 2010). "Formula One Art & Genius | All-Time F1 Records". F1-grandprix.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2011. Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  42. Payá, Rafa (14 de marzo de 2012). "Vettel inicia a defensa do título nunha pista maldita". AS (en castelán). Consultado o 10 de setembro de 2018. 
  43. "Sebastian Vettel ? Unha biografía curta". redbullreporter.com. 23 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2011. Consultado o 7 xullo de 2011. 
  44. Lyttle, Kevin (17 de maio de 2012). "Today's race in Montreal gives Austin a glimpse of its F1 future". Statesman.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2013. Consultado o 25 de novembro de 2013. 
  45. Jonathan McEvoy (14 de novembro de 2010). "Superman Seb! Youngest F1 champion cried with joy at his triumph for Rede Bull" (en inglés). Daily Mail. Consultado o 7 de xullo de 2011. 
  46. "Sebastian Vettel: F1 driver profile" (en inglés). Daily Telegraph. 9 de marzo de 2010. Consultado o 7 de xullo de 2011. 
  47. "I don't have blood, but engine fuel, running through my veins!". redbullreporter.com. 4 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2021. Consultado o 25 de abril de 2021. 
  48. Bellera, Gerard (20 de novembro de 2013). "NÚMEROS HISTÓRICOS E RÉCORDS DO GP DE ESTADOS UNIDOS 2013". Car and Driver the f1 (en español). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]