Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Solenopsis invicta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Solenopsis invicta é unha especie de formiga orixinaria de América do Sur, sendo unha das máis de douscentas oitenta especies do extenso xénero de formigas Solenopsis. Aínda que S. invicta sexa orixinaria de Suramérica, converteuse nunha praga no sur dos Estados Unidos de América, Australia, Taiwán, Filipinas e o sur da provincia chinesa de Guangdong. Tamén hai informes de colonias en Macau, antigo enclave portugués que linda coa provincia de Guangdong. Solenopsis invicta é coñecida por ter unha forte, dolorosa e irritante trabada que a miúdo deixa unha pústula na pel.[1]

  1. "Red imported fire ant, Solenopsis invicta Buren" (en inglés). UF/IFAS Featured Creatures. Consultado o 19 de maio de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]