Solsticio
En astronomía, o solsticio é o momento en que o Sol, durante o seu movemento aparente na esfera celeste, alcanza o seu maior afastamento, en latitude, do ecuador. Os solsticios ocorren dúas veces por ano: o 21 ou 22 de decembro e o 21 ou 22 de xuño. O nome provén do latín solstitium (sol sistere ou sol quieto).
Características
[editar | editar a fonte]No hemisferio Norte, o de decembro é o solsticio de inverno e o de xuño é o solsticio de verán. O oposto acontece no hemisferio Sur.
Os solsticios son aqueles momentos do ano nos que o Sol atinxe a súa máxima posición meridional ou boreal. No solsticio de verán do hemisferio Norte o Sol atinxe o cénit ao mediodía sobre o Trópico de Cáncer e no solsticio de inverno atinxe o cénit ao mediodía sobre o Trópico de Capricornio. As datas do solsticio de inverno e do solsticio de verán están cambiadas para ambos os hemisferios.
Ao longo do ano a posición do Sol visto desde a Terra móvese para o Norte e o Sur. Os solsticios son os momentos do ano nos que a posición do Sol sobre a esfera celeste atinxe as súas posicións máis boreais ou austrais. Os solsticios son os dous puntos da esfera celeste nos que o Sol atinxe a súa máxima declinación norte ( + 23º 26') e a súa máxima declinación sur (-23º 26') con respecto ao ecuador celeste.
A existencia dos solsticios está provocada pola inclinación axial do eixo da Terra. Nos solsticios a lonxitude do día e a altura do Sol ao mediodía son máximas (no solsticio de verán) e mínimas (no solsticio de inverno) comparadas con calquera outro día do ano. Na maioría das culturas antigas celebrábanse festivais conmemorativos dos solsticios.
As datas dos solsticios son idénticas ao paso astronómico da primavera ao verán e do outono ao inverno.
Movemento diúrno do Sol
[editar | editar a fonte]UTC Táboa coas horas e datas dos solsticios e equinoccios | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
ano | Equinoccio marzo |
Solsticio xuño |
Equinoccio set |
Solsticio dec | ||||
día | hora | día | hora | día | hora | día | hora | |
2002 | 20 | 19:16 | 21 | 13:24 | 23 | 04:55 | 22 | 01:14 |
2003 | 21 | 01:00 | 21 | 19:10 | 23 | 10:47 | 22 | 07:04 |
2004 | 20 | 06:49 | 21 | 00:57 | 22 | 16:30 | 21 | 12:42 |
2005 | 20 | 12:33 | 21 | 06:46 | 22 | 22:23 | 21 | 18:35 |
2006 | 20 | 18:26 | 21 | 12:26 | 23 | 04:03 | 22 | 00:22 |
2007 | 21 | 00:07 | 21 | 18:06 | 23 | 09:51 | 22 | 06:08 |
2008 | 20 | 05:48 | 20 | 23:59 | 22 | 15:44 | 21 | 12:04 |
2009 | 20 | 11:44 | 21 | 05:45 | 22 | 21:18 | 21 | 17:47 |
2010 | 20 | 17:32 | 21 | 11:28 | 23 | 03:09 | 21 | 23:38 |
2011 | 20 | 23:21 | 21 | 17:16 | 23 | 09:04 | 22 | 05:30 |
2012 | 20 | 05:14 | 20 | 23:09 | 22 | 14:49 | 21 | 11:11 |
2013 | 20 | 11:02 | 21 | 05:04 | 22 | 20:44 | 21 | 17:11 |
2014 | 20 | 16:57 | 21 | 10:51 | 23 | 02:29 | 21 | 23:03 |
2015 | 20 | 22:45 | 21 | 16:38 | 23 | 08:20 | 22 | 04:48 |
2016 | 20 | 04:30 | 20 | 22:34 | 22 | 14:21 | 21 | 10:44 |
2017 | 20 | 10:28 | 21 | 04:24 | 22 | 20:02 | 21 | 16:28 |
2018 | 20 | 16:15 | 21 | 10:07 | 23 | 01:54 | 21 | 22:23 |
2019 | 20 | 21:58 | 21 | 15:54 | 23 | 07:50 | 22 | 04:19 |
2020 | 20 | 03:50 | 20 | 21:44 | 22 | 13:31 | 21 | 10:02 |
2021 | 20 | 09:37 | 21 | 03:32 | 22 | 19:21 | 21 | 15:59 |
2022 | 20 | 15:33 | 21 | 09:14 | 23 | 01:04 | 21 | 21:48 |
2023 | 20 | 21:24 | 21 | 14:58 | 23 | 06:50 | 22 | 03:27 |
2024 | 20 | 03:07 | 20 | 20:51 | 22 | 12:44 | 21 | 09:20 |
No solsticio, a lonxitude do día e a altitude do Sol a mediodía son máximas ou mínimas por todo o ano.
O solsticio de xuño
[editar | editar a fonte]No Polo Norte o sol circula o ceo a unha altitude constante de 23°.
No Círculo polar ártico o centro do Sol soamente toca o horizonte do norte sen se pór. O sol culmina ao Sur, onde atinxe a súa altitude máxima de 47°. É o único día en que o sol se mantén sobre o horizonte por 24 horas.
No Trópico de Cáncer o sol sae 26° norte do leste. Culmina ao cénit, e ponse 26° norte do oeste. O sol está sobre o horizonte por 13,4 horas.
No ecuador o sol sae 23° norte do leste. Culmina ao norte, onde atinxe a súa altitude máxima de 67°. Ponse 23° norte do oeste. O sol está sobre o horizonte por 12 horas.
No Trópico de Capricornio o sol sae 26° norte do leste. Culmina ao norte, onde atinxe a súa altitude máxima de 43°. Ponse 26° norte do oeste. O sol está sobre o horizonte por 10,6 horas.
No Círculo Polar Antártico o centro do Sol soamente toca o horizonte do norte sen saír. É o único día en que o sol se mantén abaixo do horizonte por 24 horas.
No Polo Sur o sol nunca sae, sempre manténdose 23° abaixo do horizonte.
O solsticio de decembro
[editar | editar a fonte]No Polo Norte o sol nunca sae, sempre manténdose 23° abaixo do horizonte.
No Círculo polar ártico o centro do Sol soamente toca o horizonte do Sur sen saír. É o único día en que o sol se mantén abaixo do horizonte por 24 horas.
No Trópico de Cáncer o sol sae 26° sur do leste. Culmina ao Sur, onde atinxe a súa altitude máxima de 43°. Ponse 26° sur do oeste. O sol está sobre o horizonte por 10,6 horas.
No ecuador o sol sae 23° sur do leste. Culmina ao sur, onde atinxe a súa altitude máxima de 67°. Ponse 23° sur do oeste. O sol está sobre o horizonte por 12 horas.
No Trópico de Capricornio o sol sae 26° sur do leste. Culmina ao cénit, e ponse 26° Sur do Oeste. O sol está sobre o horizonte por 13,4 horas.
No Círculo Polar Antártico o centro do Sol soamente toca o horizonte do Sur sen se pór. O sol culmina ao Norte, onde atinxe a súa altitude máxima de 47°. É o único día en que o sol se mantén sobre o horizonte por 24 horas.
No Polo Sur o sol circula o ceo a unha altitude constante de 23°.