Srebrenica
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Bosnia e Hercegovina | ||||
Entidade territorial administrativa | República Serbia | ||||
Municipality of the Republika Srpska (en) | Srebrenica Municipality (en) | ||||
Capital de | |||||
Xeografía | |||||
Superficie | 527 km² | ||||
Altitude | 275 m | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 75430 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 56 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | srebrenica.gov.ba |
Srebrenica (en serbio cirílico: Сребреница) é unha cidade e un concello da parte oriental da República Serbia de Bosnia e Hercegovina. Srebrenica áchase nunha zona montañosa. Actualmente a súa poboación é de arredor de 4.000 habitantes (36.666 en 1991).
Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome da cidade (Srebrenica) significa "mina de prata", tradución eslava do seu antigo nome latín Argentaria.
Economía
[editar | editar a fonte]Antes de 1992 funcionaba na cidade unha fábrica metalúrxica, un balneario termal que atraía turistas de toda a antiga Iugoslavia. Nos seus arredores estaban en actividade minas de cinc, chumbo e ouro. Hoxe a principal actividade económica é a extracción de sal xema e mais os establecementos termais.
Guerra iugoslava
[editar | editar a fonte]Cara ao final da guerra en Bosnia-Hercegovina (1992-1995), en xullo de 1995, Srebrenica foi teatro do peor masacre de civís bosníacos por parte das tropas paramilitares serbio-bosníacas de Ratko Mladić, nomeado como o masacre ou o xenocidio de Srebrenica. A pesar disto, o Acordo de Dayton deixou Srebrenica no territorio da Republika Srpska.
O 24 de marzo de 2007, a asemblea municipal de Srebrenica aprobou unha resolución que demandaba a independencia da Republika Srpska. Os membros serbios da asemblea non votaron a resolución.[1]
Demografía
[editar | editar a fonte]No ano 2005 había cerca de 4.000 bosníacos no concello, case un terzo da poboación total.
Concello
Ano de censo | total | Musulmáns de nacionalidade | Serbios | Croatas | Iugoslavos | Outros |
---|---|---|---|---|---|---|
1991[1] | 36,666 | 27,572 (75.19%) | 8,315 (22.67%) | 38 (0.10%) | 380 (1.03%) | 361 (0.98%) |
1981 | 36,292 | 24,930 (68.69%) | 10,294 (28.36%) | 80 (0.22%) | 602 (1.65%) | 386 (1.06%) |
1971 | 33,357 | 20,968 (62.85%) | 11,918 (35.72%) | 109 (0.32%) | 121 (0.36%) | 241 (0.72%) |
Cidade de Srebrenica
Ano de censo | total | Musulmáns de nacionalidade | Serbios | Croatas | Iugoslavos | Outros |
---|---|---|---|---|---|---|
1991 | 5,746 | 3,673 (63.92%) | 1,632 (28.40%) | 34 (0.59%) | 328 (5.70%) | 79 (1.37%) |
Comunidades locais
[editar | editar a fonte]O concello (општина ou opština) foi ulteriormente subdividido nas seguintes comunidades locais (мјесне заједнице o mjesne zajednice): [2]
- Brežani
- Crvica
- Gostilj
- Kostolomci
- Krnići
- Luka
- Orahovica
- Osatica
- Podravanje
- Potočari
- Radoševići
- Ratkovići
- Sase
- Skelani
- Skenderovići
- Srebrenica
- Sućeska
- Toplica
- Vijogor
Galería fotográfica
[editar | editar a fonte]-
Vista de Srebrenica
-
Igrexa ortodoxa, reconstruída logo de 1996
-
Interior da igrexa ortodoxa
-
A capela franciscana
-
A mezquita, reconstruída
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Srebrenica pushes for partition". B92. 25.03.2007. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2012. Consultado o 2007-03-29.