Stanley Donen
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de abril de 1924 Columbia (Estados Unidos de América) |
Morte | 21 de febreiro de 2019 (94 anos) Manhattan (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade de Carolina do Sur |
Actividade | |
Campo de traballo | Dirección de cine, danza, Coreografía e musical |
Ocupación | director de cinema, coreógrafo, bailarín, produtor de cinema, realizador |
Período de actividade | 1940 - 2003 |
Familia | |
Cónxuxe | valor descoñecido (1990–1994), divorcio Yvette Mimieux (1972–1985), divorcio Adelle Dillingham (1960–1971), divorcio Marion Marshall (1952–1959), divorcio Jeanne Coyne (1948–1951), divorcio |
Parella | Elaine May (1999–2019) |
Fillos | Joshua Donen () |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Stanley Donen, nado en Columbia (Carolina do Sur) o 13 de abril de 1924 e finado o 21 de febreiro de 2019[1] foi un director de cinema, bailarín e coreógrafo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia xudía, e pasou unha infancia solitaria e infeliz, segundo as súas propias palabras. Por ese motivo pasaba moito tempo nos cines locais, sendo o musical de Fred Astaire e Ginger Rogers Flying Down to Rio (1933) o filme que máis lle impactou.
Inspirado por Astaire comezou a tomar leccións de baile e vía musicais en Broadway cando a súa familia ía de vacacións a Nova York. Persuadido pola súa nai, mudouse a dita cidade en 1940 para buscar unha carreira como bailarín. Tras dúas audicións, foi contratado para o musical Pal Joey, dirixido por George Abbott e protagonizado por Gene Kelly, que se faría famoso por ese papel. Abbott contratou logo a Donen como axudante en Beat the Band.
Donen chegou a Hollywood en 1943 para asistir ás audicións de Best Foot Forward e asinou un contrato dun ano con Metro-Goldwyn-Mayer. Entón renovou a súa amizade con Gene Kelly, que xa comezaba a destacar como protagonista de musicais. Kelly contratou a Donen como coreógrafo en As modelos e seguiron logo colaborando en máis coreografías.
En 1949 codirixiron o seu primeiro filme xuntos, On the Town, que se abría co novidoso número New York, New York. Tralo éxito do filme, Donen asinou un contrato de sete anos con MGM como director, dirixindo filmes como Singin' in the Rain e Sete noivas para sete irmáns.
A colaboración entre Donen e Kelly acabou en 1955 con Sempre fai bo tempo e en 1957 converteuse nun produtor independente coa creación de Stanley Donen Productions, inaugurada con Indiscreet, con Cary Grant e Ingrid Bergman. O filme foi rodado en Londres e Donen quedou en Inglaterra ata 1970.
O último filme de Donen estreado nos cines foi Blame It on Rio, de 1984, con Michael Caine, Valerie Harper e Demi Moore, pero seguiu traballando na televisión e en 1998 recibiu un Oscar honorífico.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Como director
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Notas |
---|---|---|
1949 | On the Town | Codirixido con Gene Kelly |
1951 | Royal Wedding | |
1952 | Love Is Better Than Ever | |
Singin' in the Rain | Codirixido con Gene Kelly | |
Fearless Fagan | ||
1953 | Give a Girl a Break | |
1954 | Sete noivas para sete irmáns | |
Deep in My Heart | ||
1955 | Sempre fai bo tempo | Codirixido con Gene Kelly |
1957 | Funny Face | |
The Pajama Game | Codirixido con George Abbott | |
Kiss Them for Me | ||
1958 | Indiscreet | |
Damn Yankees! | Codirixido con George Abbott | |
1960 | Once More, with Feeling! | |
Surprise Package | ||
The Grass Is Greener | ||
1963 | Charada | |
1966 | Arabesco | |
1967 | Dous na estrada | |
Bedazzled | ||
1969 | A escaleira | |
1974 | The Little Prince | |
1975 | Muller afortunada | |
1978 | Movie Movie | |
1980 | Saturn 3 | |
1984 | Blame It on Rio | |
1999 | Love Letters | Telefilme |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Belinchón, Gregorio (23-02-2019). "Muere Stanley Donen, el último de los grandes directores del Hollywood clásico". elpais.com. Consultado o 24-02-2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stanley Donen |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blair, Betsy (2003). The Memory of All That (en inglés). Nova York: Alfred A. Knopf. ISBN 0-375-41299-9.
- Casper, Joseph A. (1983). Stanley Donen (en inglés). Lanham (Maryland): Scarecrow Press. ISBN 0-8108-1615-6.
- Charness, Casey (1977). Hollywood cine-dance: a description of the interrelationship of camerawork and choreography in films by Stanley Donen and Gene Kelly (en inglés). Nova York: New York University. ISBN 0632043792.
- Hess, Earl J.; Dabholkar, Pratibha (2009). Singin' in the Rain: The Making of an American Masterpiece (en inglés). University Press of Kansas. ISBN 0-7006-1656-X.
- Hirschhorn, Clive (1984). Gene Kelly: a Biography (en inglés). W.H. Allen / Virgin Books. ISBN 0-491-03182-3.
- Silverman, Stephen M. (1996). Dancing on the Ceiling: Stanley Donen and His Movies (en inglés). Nova York: Alfred A. Knopf. ISBN 0-679-41412-6.
- Thomson, David (2010). The New Biographical Dictionary of Film (en inglés). Nova York: Alfred A. Knopf. ISBN 0-307-27174-9.
- Wakeman, John (1988). World Film Directors (en inglés) 2. The H. W. Wilson Company. pp. 273–282. ISBN 0-8242-0763-7.
- Yudkoff, Alvin (1999). Gene Kelly: A Life of Dance and Dreams (en inglés). Back Stage Books. ISBN 0-8230-8813-8.