Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Superdepredador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O león é un dos superdepredadores de África.

Nas ciencias naturais (bioloxía, zooloxía, ecoloxía) e na antropoloxía denomínase superpredador a aquela especie animal carnívora que prevalece sobre as outras especies nun bioma, ou ecosistema. Deste xeito, en África o superpredador típico é o león e o crocodilo, en gran parte de Asia o é o tigre, en gran parte de América o é o xaguar ou yaguareté, e nos lugares en que o yaguareté é infrecuente -por exemplo montañas áridas- adoita ocupar o rango de superpredador o puma.

Con todo, cabe considerar que o ser humano, aínda que orixinalmente herbívoro e preeiro, chegou a ser o superpredador máis poderoso do planeta. Esta consideración, pode ser discutible dende o momento no que o home é omnívoro e non exclusivamente carnívoro, e ademais a súa natureza, papel e comportamento difiere dos do resto de especies: grazas á súa liberdade de elección e a súa capacidade para transformar e recrear a contorna, non ocupa un nicho especializado dentro de ningún ecosistema concreto, como si acontece con tódalas demais especies, sexan superpredadores ou non.