Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Tales de Mileto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTales de Mileto

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Θαλῆς ὁ Μιλήσιος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 625 a. C. Editar o valor en Wikidata
Mileto, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte548 a. C. ↔ 545 a. C. Editar o valor en Wikidata (79/89 anos)
Mileto, Turquía Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsolação (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMileto Editar o valor en Wikidata
RelixiónMonismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía e matemáticas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo Editar o valor en Wikidata
MovementoPresocráticos e Escola de Mileto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosAnaximandro de Mileto e Pitágoras Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisExamyas Editar o valor en Wikidata  e Сleobulina Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1675736 Musicbrainz: b91527cc-dc7b-456f-8d23-8cbac990bb6b Editar o valor en Wikidata

Tales de Mileto, en grego Θαλής ο Μιλήσιος, nado cara ao ano 624 a.C. e finado contra o 546 a.C., foi o primeiro filósofo occidental que se coñece, sendo o marco inicial da filosofía occidental e o primeiro dos filósofos presocráticos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De ascendencia fenicia, naceu en Mileto, antiga colonia grega, na Asia Menor, actual Turquía, no 625 a.C. e finou aproximadamente no 547 a.C. - segundo o historiador grego Dióxenes Laercio, morreu con 78 anos durante a 58ª Olimpíada.

Considérase como un dos sete sabios da Grecia Antiga. Alén diso, foi o fundador da Escola Xónica. Considerado, tamén, o primeiro filósofo da "physis" (física), porque outros, despois del, seguiron o seu camiño procurando o principio natural das cousas.

Tales consideraba a auga como orixe de todas as cousas. E os seus seguidores, aínda que discordasen canto á “substancia primordial” (que constituía a esencia do universo), concordaban con el no que dicía respecto á existencia dun “principio único" para esa natureza primordial.

Entre os principais discípulos de Tales de Mileto, destacan Anaxímenes que dicía ser o "ar" a substancia primaria; e Anaximandro, para quen os mundos eran infinitos na súa perpetua interrelación.

Os traballos de Tales

[editar | editar a fonte]
Teorema de Tales :

Nas súas andanzas, Tales coñeceu as obras de varios matemáticos e astrónomos da rexión. Dedicouse á matemática e estableceu os primeiros postulados básicos da xeometría. Estudou as rectas e os ángulos e fixo demostracións formais rigorosas sobre a xeometría do círculo e do triángulo isóscele. A el atribúese o cálculo da altura dunha pirámide baseado na lonxitude da súa sombra, en determinado horario do día (a través da posición do Sol) e a demostración de como medir a distancia dun navío que se atopa no mar. Entre tanto parece que o teorema que leva o seu nome, relativo a liñas rectas paralelas cortadas por unha secante, remóntase á xeometría exipcia e babilónica.

Atribúese a Tales tamén a primeira medida exacta do tempo utilizando o gnomo (reloxo solar) e a construción de parapegmas (calendarios astronómicos que contiñan informacións meteorolóxicas).

Foi o primeiro astrónomo en explicar a eclipse do Sol, ao verificar que a Lúa é iluminada por ese astro. Segundo Heródoto, el tería previsto unha eclipse solar en 585 a.C. Segundo Aristóteles, tal eclipse marca o momento en que comeza a filosofía. Os astrónomos modernos calculan que esa eclipse se presentou no 28 de maio do ano mencionado por Heródoto.

Se Tales aparece como o iniciador da filosofía é porque o seu esforzo en buscar o principio único da explicación do mundo non só constitúe o ideal mesmo da filosofía como tamén lle forneceu impulso para o seu propio auto-desenvolvemento.

A Cosmoloxía de Tales

[editar | editar a fonte]

Na época de Tales, os gregos –a través da súa mitoloxía– consideraban os elementos da Natureza (o Sol, a Terra, o Ceo, o Océano, as Montañas etc.) como forzas autónomas, honrándoos como deuses, elevados pola fantasía a seres activos, móbeis, conscientes e dotados de sentimentos, vontades e desexos. Estes deuses constituían a fonte e a esencia de todas as cousas do universo.

Tales foi un dos primeiros pensadores en discordar desa relixión vixente, cuxos principios eran ditados pola percepción que os homes captaban a través dos seus sentidos. O punto de partida da teoría especulativa de Tales –como tamén de todos os demais filósofos da Escola Xónica– foi a verificación da permanente transformación das cousas unhas noutras e a súa intuición básica é de que todas as cousas son unha soa cousa fundamental, ou un só principio ("arché").

Dos escritos de Tales, ningún deles sobreviviu ata os nosos días. As súas ideas filosóficas coñécense grazas aos traballos de Dióxenes Laercio, Simplicio e principalmente Aristóteles.

Na súa obra Metafísica, Aristóteles cóntanos: “Tales di que o principio de todas as cousas é a auga, sendo talvez levado a formar esa opinión por ter observado que o alimento de todas as cousas é húmido e que o propio calor é xerado e alimentado pola humidade. Polo tanto, aquilo do que se orixinan todas as cousas é o principio delas. De aí veulle esa opinión, e tamén a de que as sementes de todas as cousas son naturalmente húmidas e de ter orixe na auga a natureza das cousas húmidas”. E en Da Alma escribe: “E afirman algúns que ela (a alma) está mesturada co todo. É por iso que, talvez, Tales pensou que todas as cousas están cheas de deuses. Parece tamén que Tales, polo que se conta, supuxo que a alma é algo que se move, se é que dixo que a pedra (imán) ten alma, porque move o ferro”.

Ese esforzo investigador de Tales no sentido de descubrir unha unidade, que seria a causa de todas as cousas, representa unha mudanza de comportamento na actitude do home perante o cosmos, pois abandona as explicacións relixiosas ata entón vixentes e busca, a través da razón e da observación, un novo sentido para o universo.

Cando Tales dixo que todas as cousas están cheas de deuses, ou que o magnetismo se debe á existencia de “almas” dentro de certos minerais, el non estaba invocando as palabras deus e alma, no sentido relixioso como as coñecemos actualmente, mais si adviñando intuitivamente a presenza de fenómenos naturais inherentes á propia materia.

Aínda que as súas conclusións cosmolóxicas estivesen erradas podemos dicir que a Filosofía comezou entón con Tales, que ao establecer a proposición de que a auga é o absoluto, provoca como consecuencia o primeiro distanciamento entre o pensamento racional e as percepcións sensíbeis.

  • Plutarco dixo que Tales certa vez ollando para o ceo, tropezou e caeu, sendo reprendido por alguén como lunático: analizaba o tempo para descubrir que habería unha seca, coa cal gañou diñeiro.
  • Usando o seu coñecemento astronómico e meteorolóxico (probabelmente herdado dos babilonios), Tales previu unha excelente colleita de olivas cun ano de antelación. Sendo un home práctico, conseguiu diñeiro para alugar todas as prensas de aceite de oliva da rexión e, cando chegou o verán, os produtores de aceite tiveron que pagarlle polo uso das prensas, o que o levou a gañar unha gran fortuna con ese negocio.
  • Cando lle preguntaron a Tales que era difícil, el respondeu: “Coñecerse a un mesmo”. Cando lle preguntaron o que era fácil, el respondeu: “Dar consellos”.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]