Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Tarsius pelengensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tarsius pelengensis
Tarsio de Peleng
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Eutheria (= Placentalia)
Orde: Primates
Suborde: Haplorrhini
Infraorde: Tarsiiformes
Familia: Tarsiidae
Xénero: Tarsius
Especie: T. pelengensis
Nome binomial
Tarsius pelengensis
Sody, 1949
Distribución de Tarsius pelengensis
Distribución de Tarsius pelengensis

Distribución de Tarsius pelengensis
Artigo principal: Tarsiidae.
Mapa do arquipélago de Banggai, mostrando a situación da illa de Peleng.

Tarsius pelengensis é unha especie de mamífero primate haplorrino tarsiiforme da familia dos tarsíidos e xénero Tarsius,[2] coñecido na bibliografía internacional como tarsio de Peleng, endémica das selvas da illa de Peleng, Indonesia, preto da de Célebes.[1].

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A especie foi definida en 1949 polo zoólogo neerlandés Henri Jacob Victor Sody en "Notes on some primates, carnívora and the babirusa from the Indo-Malayan and Indo-Australian regions". Treubia 20: 121-190.[3]

Durante un tempo coñeceuse como Tarsius spectrum pelengensis, porque se pensou que era unha subespecie de Tarsius spectrum,[4] da veciña illa de Célebes (Sulawesi), pero Groves e Shekelle confirmaron no ano 2000 que se trataba dunha especie independente do xénero Tarsius.[5]

Catacterísticas

[editar | editar a fonte]

É un tarsio de moi pequeno tamaño: os adultos pesan uns 165 g.[6]

Morfoloxicamente é moi semellante a outros tarsios, pero Groves confirma que se trata dunha especie distinta.[7]

As súas vocalizacións mostran moitas similitudes superficiais obvias con Tarsius dentatus, e podería estar relacionado con esa especie.[1]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Tarsius pelengensis distribúese pola illa de Peleng, fronte as costas da península oriental da de Célebes, en bosques tropicais até unha altitude de 520 m.[8]

Hai informes, non confirmados, de que poden existir poboacións de Tarsius pelengensis noutras illas do arquipélago Banggai; de confirmárense estes informes, ampliaríase a área de distribución da especie.[1][6]

Esta especie non está ben estudada, e crese que vive en bosques primarios e secundarios, en selvas das terras baixas e en mangleiros.[1]

Igual que outros tarsios, mostran adaptacións extremas para aferrarse verticalmente aos troncos de árbores e arbustos, e para saltar dunha planta a outra, no sotobosque de hábitats tropicais adecuados, a miúdo a 2 m do solo, ou menos.

Son nocturnos, sociais, que adoitan viviren en pequenos grupos, monógamos ou polígamos, formados por 2 a 6 exemplares.

Aliméntanse de presas vivas, principalmente insectos e outros artrópodos, e algúns pequenos vertebrados.[1]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) en 2008 cualificou o status desta especie como EN (en perigo) debido a que habita soamente na illa de Peleng, con varios núcleos de poboacións fragmentados nunha área menor de 5.000 km², e crese que a poboación total está declinando continuamente pola degradación dos seus hábitats.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Shekelle, M., Salim, A., Groves, C. P. & Indrawan, M. (2008): Tarsius pelengensis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 21-02-2016.
  2. Groves, C. P. (2005): "Order Primates" en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World, pp. 127–128.
  3. Becking, J. H. (1987): Hernri Jacob Victor Sody (1892-1959). His Life and Work. A Biographical and Bibliographical Study.
  4. Tarsius pelengensis Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
  5. Groves & M. Shekelle (2010): "The genera and species of Tarsiidae". International Journal of Primatology 31: 1071-1082.
  6. 6,0 6,1 Tarsius pelengensis na EOL.
  7. Groves, Colin P. (2001).
  8. Heri Jacob Victor Sody (1949): "Notes on some primates, carnivora and the babirusa from the Indo-Malayan and Indo-Australian regions". Treubia 20: 121-190.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Groves, Colin P. (2001): Primate Taxonomy. Washington, USA & Londres, Reino Unido: Smithsonian Institution Press. ISBN 1-5609-8872-X.
  • Gursky-Doyen, Sharon & Jatna Suprinata, eds. (2010): Indonesian Primates. Nova York / Dordrecht / Heidelberg / Londres: Springler. ISBN 978-1-4419-1559-3 / ISBN 978-1-4419-1559-7.
  • Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Primates of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6251-5.
  • Parker, Sybil P. (1990): Grzimek's Encyclopedia of Mammals. Volume 2. Nova York, NY, USA: McGraw-Hill Publishing Company. ISBN 0-0790-9508-9.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas, USA: Saunders College Publishing.
  • Walker, Ernest P. (1975): Mammals of the World, Third Edition, Volumes I & II. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-1657-2.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
  • Wright, P. (2003): "Are Tarsiers Silently Leaping into Extinction?". pp. 296–308 en P. Wright, E. Simons & S. Gursky, eds. Tarsiers: The Past, Present, and Future. New Brunswick, New Jersey, USA: Rutgers University Press.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]