Teodorico II, rei visigodo
Nome orixinal | (la) Theodoricus, Theodericus, Theudericus, Theudoricus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 426 (Gregoriano) |
Morte | xaneiro de 466 (39/40 anos) Tolosa, Francia |
Causa da morte | homicidio |
Rei dos visigodos | |
453 – 466 ← Turismundo – Eurico → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei dos visigodos |
Familia | Baltingos |
Pai | Teodorico I, rei visigodo |
Irmáns | Eurico Turismundo Ricímero Frederico Himnerido muller de Requiario |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
Teodorico II (en gótico, Þiudareiks II; ?-466), fillo de Teodorico I e neto de Alarico I, sucesor de Turismundo, foi rei dos visigodos do ano 453 ao 466, pertencente á liñaxe dos baltos ou baltingos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Accedeu ao poder despois de asasinar o seu irmán Turismundo instigado por Aecio e coa axuda do seu outro irmán, Frederico.
Unha ver convertido rei en Tolosa, optou por se aliar con Valentiniano III para asegura-las fronteiras do decadente imperio romano e loitar contra os outros pobos xermáncios que axexaban as fronteiras de Roma.
A maiores, Teodorico II continuou a loitar contra os bagaudas, auténticas guerrillas rurais formadas por campesiños desertores, campesiños pobres e xente excluída da sociedade, que loitaban contra o poder establecido, xa fose o Imperio romano ou calquera dos seus reinos asociados como era o caso do reino de Tolosa. Entre 453 e 454, a belicosidade dos bagaudas foi tan extrema que o emperador Valentiniano III enviou unha expedición que se puxo ás ordes de Teodorico II para loitar contra os eles. A vitoria da expedición romano-goda foi total e, en poucos meses, empregando todo tipo de crueldades, esmagou por completo a insurxencia bagauda.
No 455 tralos asasinatos de Valentiano III e do seu sucesor Petronio Máximo, o rei godo Teodorico II impuxo ao seu propio emperador: Marco Mecilio Avito.
Pero mentres Teodorico tiña a súa mirada posta na sucesión do trono imperial, o rei suevo Requiario asentado no noroeste da Península Ibérica, empezou as hostilidades ao non recoñecer as reivindicacións territoriais do reino godo e os suevos lanzaron ataques contra a Bética, a Cartaxinense e a Tarraconense.
O 5 de outubro do 456, o rei godo reunía un importante exército de soldados burgundios, comandado polos seus reis Gondioc e Chilperico I, o seu irmán, ámbolos dous aliados de Teodorico (Xordanes, Getica, 231). Os suevos repregáronse no río Órbigo, preto de Astorga e iniciouse a batalla do Órbigo. A vitoria foi esmagadora para os visigodos e burgundios. Meses máis tarde e despois dunha persecución por media Península Ibérica, os godos detiveron a Requiario, que non obtivo o perdón do rei e foi executado en decembro do 456.
Teodorico II colocou, no trono suevo, a Agiúlfo como gobernador proporcionándolle unha tropa para custodia-las fronteiras para loitar contra os resistentes cántabros e vascóns. Iso si, non sen antes limitar as fronteiras do reino suevo a unha pequena parte de Galicia (Gallaecia). Pero os seus continuos actos violentos provocaron a rebelión dos suevos e hispanorromanos, iniciándose así un período de guerra civil e caos coñecido como «Período Escuro» do Reino Suevo.
No 457 e co asasinato do emperador romano Avito a mans do líder suevo-visigodo Ricimer, o rei godo non recoñeceu ao novo mandatario do imperio imposto por Ricimer: Flavio Xulio Valerio Maioriano. Isto fixo que Teodorico II tentase expandir un pouco máis o reino de Tolosa cara ao norte. Pero Maioriano, que era xeneral das lexións romanas, venceu ás tropas godas na batalla de Arelate conquistando a cidade goda de Arles e asinando un tratado de paz que duraría tres anos, até o 460.
Tamén houbo problemas polo norte do reino. Un xeneral das Galias chamado Exidio autoproclamouse rei dos francos e, nunha pugna cos godos, matou a Frederico, irmán do rei. Daquela, Teodorico viuse obrigado a pactar cos francos para delimitar as fronteiras entre o reino franco e o godo no río Loira. Este pacto cos francos estendeuse a negociar tamén con Ricimero mailo seu novo emperador monicreque: Libio Severo. Esta decisión non gustou nada aos nobres visigodos e, en especial, ao único irmán vivo que quedaba a Teodorico, Eurico. Os nobres pensaban que non había nada que negociar cun imperio en decadencia, polo que Eurico buscou aliados entre os nobres para asasinar a Teodorico II no 466 e coroarse como novo rei visigodo.
Predecesor: Turismundo |
Rei dos visigodos 453-466 |
Sucesor: Eurico |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teodorico II, rei visigodo |