Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Teses de Abril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Teses de abril son unha serie de puntos expostos polo líder comunista Vladimir Ilyich Ulyanov, Lenin, tralo seu regreso á capital de Rusia, Petrogrado, en abril de 1917. Esta tese postulaba o paso á segunda fase da revolución: a conquista do poder por parte do proletariado e o campesiñado dos soviets. As Teses de Abril tiñan como base tres piares: "paz, pan e terra".

Contexto histórico

[editar | editar a fonte]

Lenin regresou a Petrogrado a noite do 3 de abril de 1917, xusto ao mes seguinte de que a Revolución de Febreiro dese inicio, a cal trouxera consigo o establecemento dun Goberno provisional de carácter liberal. O 4 de abril, Lenin leu as súas famosas teses, primeiro nunha reunión de bolxeviques e logo noutra con delegados bolxeviques e menxeviques que asistían á Conferencia dos Soviets de deputados obreiros e soldados de toda Rusia.

Posteriormente, as teses se incluirían no artigo "As tarefas do proletariado na presente revolución", publicado o 7 de abril de 1917 no número 26 de Pravda. Lenin tras volver a Rusia desde o exilio en Suíza, decidiu redactar as teses de abril, polas que se chegaba ao poder sairía da guerra, daría a terra aos campesiños e daría o seu goberno aos obreiros.

Contido das "Teses"

[editar | editar a fonte]

As teses trataron distintos temas como por exemplo, a actitude bolxevique cara á primeira guerra mundial, a súa actitude cara ao Goberno provisional e como Rusia debería ser gobernada no seu futuro, ademais do destino dos bolxeviques. As medidas propostas por Lenin incluían a non-cooperación co Goberno provisional (ao cal tachou de "burgués"); oposición á guerra mundial librada por intereses burgueses entre gobernos burgueses; e a abolición da policía, exército e burocracia estatal, que segundo el favorecían o dominio da burguesía rusa. Lenin tamén argumentou en contra das democracias parlamentarias e mostrouse favorable ao control do Estado por parte dos traballadores a través dos soviets.

Lenin tamén postulaba a idea de que chegara o tempo para os bolxeviques de considerar un cambio de nome para desvincularse das principais social-democracias de Europa, debido a que el sentía que este termo fora desvalorizado por algúns líderes socialdemócratas ao apoiar a participación dos seus respectivos países na guerra. Este foi un argumento desenvolvido por primeira vez no boletín de 1915 chamado "Socialismo e guerra", onde cualificaba aos socialdemócratas como social-chovinistas.

Moitos dos argumentos presentados por Lenin nas súas "Teses" ían directamente dirixidos tanto aos bolxeviques como tamén ao groso da poboación. Tras a revolución de febreiro, algúns líderes bolxeviques que regresaron do exilio, como Iosif Stalin e Lev Kámenev, defendían unha liña moito máis moderada, como que a participación de Rusia na guerra podía estar xustificada e que se debía cooperar cos liberais. Con todo, os argumentos de Lenin reflectían os pensamentos dos líderes bolxeviques que participaran nos acontecementos de febreiro, como Alexander Shlyapnikov. Lenin tivo éxito ao persuadir aos bolxeviques cos argumentos presentados nas "Teses de abril" e puxo os fundamentos ideolóxicos da actuación dos bolxeviques tras o seu ascenso ao poder durante a Revolución de Outubro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]