Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

The Kelpies

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Kelpies
Escocia
Presentación
Nome localThe Kelpies
LocalizaciónFalkirk, Escocia
DirecciónHelix Park, Falkirk
Coordenadas56.0028° N, 3.7913° W
EstruturaAceiro estrutural e placas de aceiro inoxidábel
Estiloarte contemporánea
TipoEscultura
PropietarioFundación Falkirk
Uso(s)Monumento público
CaracterísticasEsculturas de cabalos da mitoloxía escocesa
Construción
Inicioproxectado entre 2008 e 2011
Data da construción2014
Visitantes~ 700.000 anuais
Dimensións
Altura30 metros
Equipo
EscultorAndy Scott
PromotorFundación Falkirk

The Kelpies son esculturas de cabeza de cabalo de 30 metros de altura, situadas entre Falkirk e Grangemouth, xunto á canle Forth preto do río Carron, en The Helix, un novo proxecto de parque construído para conectar dezaseis comunidades en Escocia. Como parte do proxecto, teñen o seu propio centro de visitantes.[1] As esculturas foron deseñadas polo escultor Andy Scott e rematadas en outubro de 2013.[2]

O monumento parte da mitoloxía celta dos kelpies e conmemora o patrimonio construído polos cabalos escoceses de carga.[3]

Construción da escultura en 2013.

Ao comezo do proxecto Helix, en 2005, foi escollido o nome Kelpies, que representaba as bestas mitolóxicas transformadoras coa forza e resistencia de dez cabalos; representan a liñaxe do cabalo pesado da industria e economía escocesas, tirando dos vagóns, arados, barcazas e buques de carbón que conformaron a distribución xeográfica da zona de Falkirk.[3][4]

Segundo o autor A. Scott, "O concepto orixinal dos míticos cabalos de auga foi un punto de partida axeitado para o desenvolvemento artístico das estruturas (...) tomei ese concepto e dei unha resposta máis enérxica e contemporánea, pasando da referencia mitolóxica a un monumento sociohistórico, para celebrar o papel dos cabalos na industria e na agricultura, e para resaltar a súa conexión coas canles".[5]

Vista da escultura coa canle

En 2008, Scott creou versións en miniatura de tres metros no seu estudo de Glasgow. Despois escaneáronse con láser para axudar aos fabricantes de aceiro a crear compoñentes precisos a gran escala.[6]

Construción

[editar | editar a fonte]

The Kelpies está feito de aceiro estrutural cun revestimento de aceiro inoxidable; Miden 30 metros de altura e pesan unhas 300 toneladas cada un.

A construción comezou en xuño de 2013 e rematou en outubro de 2013. O 27 de novembro de 2013 celebrouse alí un evento de mercadotecnia e foron abertas ao público en abril de 2014.[7]

  1. "The Helix: Home of The Kelpies, Falkirk – Parks". www.visitscotland.com (en inglés). Consultado o 2024-08-20. 
  2. "The-Kelpies-sculptures-beside-m9-near-completion". www.scotsman.com. 
  3. 3,0 3,1 "Helix Park Falkirk". The Helix; thehelix.co.uk (en inglés). Consultado o 2024-08-20. 
  4. "Falkirk Helix: Home of the Kelpies celebrates 10th birthday" (en inglés). 2023-09-13. Consultado o 2024-08-20. 
  5. the-kelpies-1st-birthday Sleigh.co.uk (ligazón morta)
  6. Carrell, Severin; correspondent, Scotland (2008-11-24). "Meet the Kelpies, Scotland's giant addition to the UK sculptural skyline". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-08-20. 
  7. "In pictures: Kelpies construction work completed". BBC News (en inglés). 2013-11-27. Consultado o 2024-08-20. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]