Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

The New York Times Building

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The New York Times Building
The New York Times Building dende a Oitava Avenida.
Edificio
Custo850 millóns de USD
Enderezo620, Oitava Avenida
LocalizaciónManhattan, Nova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
Coordenadas40°45′22″N 73°59′24″O / 40.756111111111, -73.99
Uso(s)Oficinas
Construción
Inicio2003
Remate2007
Dimensións
Altura319 m
Superficie143 000 m²
Altura da azotea228 m
Altura da última planta220 m
Número de ascensores32
Equipo
Arquitecto(s)Renzo Piano Building Workshop, FXFOWLE Architects
Enxeñeiro estruturalThornton Tomasetti
PromotorForest City Ratner
editar datos en Wikidata ]

The New York Times Building é un rañaceos finalizado en 2007, situado ao oeste de Midtown Manhattan, en Nova York. O seu principal propietario é The New York Times Company, do que entre as súas publicacións destacan The New York Times, The Boston Globe e International Herald Tribune.

O 9 de marzo de 2009, co motivo da Gran Recesión, o New York Times viuse obrigado a vender 70.000 metros cadrados do edificio pola suma de 225 millóns de USD.[1]

Historia do proxecto

[editar | editar a fonte]

Foi anunciado o 13 de decembro de 2001. Ten 52 plantas e está situado na zona oeste da Oitava Avenida, no cruzamento das rúas 40 e 41.

A famosa fotógrafa estadounidense Annie Leibovitz foi contratada para inmortalizar a construción do edificio entre xullo de 2005 e xullo de 2006. Leibovitz crearía unha colección de 35 imaxes, inspiradas nas fotografías que Lewis Hine e Margaret Bourke-White tomaron nos anos 1930 dos rañaceos Chrysler e Empire State. Visitaría de novo o edificio a comezos de 2007 para documentar a instalación dos seus primeiros ocupantes. Esta serie fotográfica denominouse Building the Times: Photographs by Annie Leibovitz.

Foi deseñado polo arquitecto italiano Renzo Piano e a firma FXCollaborative, con Gensler coma interiorista. Destaca pola súa innovadora fronte con milleiros de pequenos tubos de cerámica.

O 11 de novembro de 2006, o edificio alcanzou a súa altura final de 319 metros.

  1. "'The New York Times' vende parte de su sede por 225 millones de dólares". El Mundo (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]