Trilli
Nome orixinal | Álvaro Pérez Campo |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de maio de 2003 (21 anos) Ortigueira, España |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | lateral dereito |
Álvaro Pérez Campo, coñecido como Trilli, nado en Ortigueira o 19 de maio de 2003, é un futbolista galego que xoga como lateral dereito no Barcelona Atlètic, da Primeira Federación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Jorge Pérez, antigo xogador do Parrulo de fútbol sala, naceu en Ortigueira en 2003, xunto aos seus dous irmáns trixéminos, Javier e Raúl. Os tres entraron na canteira do Racing de Ferrol da man do histórico adestrador Cholo, e en 2014 Álvaro fichou polo Deportivo da Coruña.[1] Foi subindo polas diferentes categorías do club coruñés e na tempada 2020/21 debutou co Xuvenil A na División de Honra, contribuíndo a que o equipo acadase a primeira posición do Grupo 1. Deste xeito disputou a Copa de Campións en Marbella, onde o Deportivo eliminou ao Las Palmas, ao Real Madrid e derrotou na final ao FC Barcelona, proclamándose así campión de España. Esa mesma tempada debutou na Terceira División co Fabril, adestrado por Juan Carlos Valerón, que o colocou de titular en cinco encontros.[2]
No verán de 2021 realizou a pre-tempada co primeiro equipo do Deportivo, adestrado por Borja Jiménez, xogando varios partidos amigables. O 29 de agosto debutou co Deportivo en partido oficial, sendo titular no primeiro encontro da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0.[3] Uns días despois lesionouse no músculo psoas-ilíaco xogando coa selección española sub-19, polo que se perdeu o seguinte mes de competición.[4] Xa recuperado encontrouse coa competencia de Víctor García no seu posto, quedando no banco nos seguintes partidos, ata que tamén o valenciano se lesionou, recuperando así Trilli a titularidade. Con todo, unha nova lesión deixouno outra vez fóra do once e obrigouno a pasar polo quirófano.[5][6]
Na tempada 2022/23 apenas contou con oportunidades co adestrador Óscar Cano, que dirixiu o equipo a meirande parte da competición, situación que suscitou críticas ao técnico por parte da afección.[7][8][9] Recuperou protagonismo coa chegada ao banco de Rubén de la Barrera, pero en xullo de 2023 decidiu aceptar unha oferta do Barcelona Atlètic para xogar no filial catalán.[10]
A súa situación deportiva non mellorou na súa primeira campaña no equipo barcelonés, na que disputou só 443 minutos, despois de sufrir varias lesións musculares.[11]
Selección española
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección española sub-16, adestrada por Julen Guerrero, coa que disputou a Copa AEGEAN na cidade turca de Esmirna, chegando ata a final, e disputou tamén un amigable contra a selección de Austria.[12][13] En setembro de 2021, uns días despois de debutar oficialmente co Deportivo da Coruña, fíxoo tamén coa selección española sub-19, xogando dous partidos amigables contra México.[14][15]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Miranda, Carlos (14 de agosto de 2021). "El segundo estirón de Trilli". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2021.
- ↑ "Trilli amplía su contrato con el Deportivo hasta 2024" (en castelán). 6 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021.
- ↑ "O Dépor arranca a liga en quinta (5-0)". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021.
- ↑ Rodríguez, Diego (7 de setembro de 2021). "Trilli sufre una lesión en el psoas y será baja ante el Calahorra" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2022. Consultado o 25 de maio de 2022.
- ↑ Barreiros, Pedro (14 de abril de 2022). "Los problemas en el lateral del Deportivo: el camino de Trilli a Villares". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2022.
- ↑ Losada, Víctor (15 de agosto de 2022). "El regreso de Trilli, la mejor noticia del Teresa Herrera" (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ Yordi, Juan (11 de xaneiro de 2023). "El fútbol español pone sus ojos en Trilli". Marca (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023.
- ↑ "Óscar Cano: «Villares, ahora mismo para el equipo es eso. ¿Dónde falta hacer algo? Ahí lo pones»" (en castelán). 8 de xaneiro de 2023. Consultado o 15 de agosto de 2023.
- ↑ Silveira, Xane (9 de xaneiro de 2023). "Óscar Cano aclara qué sucede con Trilli: los motivos por los que prefirió reconvertir a Villares" (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023.
- ↑ "¡Oficial! Trilli ficha por el Barça Atlètic" (en castelán). 23 de xullo de 2023. Consultado o 15 de agosto de 2023.
- ↑ Gómez, Xurxo (9 de maio de 2024). "Trilli, el agujero del Barça Atlètic y la oportunidad del Deportivo" (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024.
- ↑ "La Selección Sub-16 no puede con Turquía en la final de la Copa Aegean (2-0)" (en castelán). 19 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021.
- ↑ "España sub-16 cae ante Austria, con Trilli esta vez no banco". 6 de xuño de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2021.
- ↑ "Barcia y Trilli debutan con la sub 19 en el 5-1 a México en La Nucía". La Opinión A Coruña (en castelán). 4 de setembro de 2021. Consultado o 6 de setembro de 2021.
- ↑ "Trilli se lesiona en el psoas con la selección sub-19". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de setembro de 2021. Consultado o 6 de setembro de 2021.