Universidade Libre de Bruxelas
Université Libre de Bruxelles | |
---|---|
Edificio principal, no campus Solbosch. | |
Datos xerais | |
Localización | Bruxelas, Bélxica |
Fundación | 1834 |
Datos actuais | |
Reitor | Yvon Englert |
Alumnos | 24 236 (2012) |
Datos de contacto | |
Enderezo | Campus du Solbosch, Avenue Franklin D. Roosevelt 50 B-1050 Bruxelles |
Páxina web | www.ulb.ac.be |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Libre de Bruxelas (Université Libre de Bruxelles, en francés; Vrije Universiteit Brussel, en neerlandés), ou ULB polas súas siglas, é unha universidade belga francófona. Foi creada en 1834 e conta con varios premios Nobel e unha medalla Fields, amais de ser unha das universidades belgas máis recoñecidas e cosmopolitas, cun 29% de estudantes estranxeiros.
Aínda que o seu nome é o equivalente exacto da Vrije Universiteit Brussel, en lingua neerlandesa, a Université Libre de Bruxelles é totalmente independente desta. Malia isto, as dúas están no campus da Plaine, na comuna de Ixelles.
Orixe
[editar | editar a fonte]A ULB fundouse no ano 1834, durante a época posterior á independencia de Bélxica e durante a cal se padeceu unha gran desorganización educativa.
Nesa época, as tres universidades estatais, Gante, Liexa e Lovaina, perden varias facultades. A creación en 1834, da Universidade Católica de Malinas, baixo o impulso dos bispos de Bélxica foi o detonante que empuxou ao liberalismo a reaccionar rapidamente. O avogado Pierre-Théodore Verhaegen, lanzou en xuño de 1834 unha chamada á subscrición en medios liberais con vistas á creación dunha universidade libre que combatería a intolerancia e os prexuízos. Malia isto, rapidamente se avisou a Verhaegen do utópico dos seus proxectos, xa que non dispoñía nin de profesores, nin de locais, nin de diñeiro. Así e todo, o alcalde de Bruxelas, Nicolas-Jean Rouppe, atopou un local no antigo palacio de Charles-Alexandre de Lorraine, na praza do Museo. Verhaegen engadiu ao seu proxecto a Escola de Medicina e atopou profesores entre os homes de experiencia do Museo das Ciencias e das Letras. A facultade de Dereito recaeu en profesores voluntarios, como Henri de Brouckère. Finalmente, o 20 de novembro de 1834, Auguste Baron, dicía, no seu discurso de inauguración:
Xuramos inspirar aos nosos alumnos, sexa cal sexa o obxecto da nosa ensinanza, o amor práctico dos homes irmans, sen distinción de casta, opinión ou nación; xuramos ensinarlles a consagrar os seus pensamentos, os seus traballos, os seus talentos de cara á felicidade e á mellora dos seus concidadáns e da humanidade...
Nos seus primeiros anos levaba o nome de Universidade Libre de Bélxica e tiña catro facultades: filosofía e letras, dereito, ciencias e medicina. A partir de 1836 pasou a chamarse Universidade Libre de Bruxelas.
Alumnos e profesores recoñecidos
[editar | editar a fonte]- Alain Berenboom: avogado e escritor
- Pedro Sánchez: presidente do Goberno de España
- Jean Cornil: senador
- Philippe Grollet: antigo presidente do Centro de Acción Laica
- Amir Abbas Hoveida: primeiro ministro de Irán
- Enrique Olaya Herrera: presidente de Colombia
- Paul Heger: biólogo
- Fernand Khnopff: pintor
- Hervé Hasquin: político liberal
- Philippe Moureaux: político socialista
- Amélie Nothomb: escritora
- Jorge Matte: médico, endocrinólogo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade Libre de Bruxelas |