Universidade Nacional de Educación a Distancia
Universidade Nacional de Educación a Distancia | |
---|---|
Datos xerais | |
Fundación | 1972 |
Datos actuais | |
Reitor | Ricardo Mairal Uson |
Profesores | 1.303 (2019) |
Alumnos | 156.975 (2019) |
Datos de contacto | |
Enderezo | Rúa Bravo Murillo, 38, Madrid. |
Páxina web | www.uned.es |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) é unha universidade pública española de ámbito estatal que desenvolve a súa oferta formativa a distancia. Trátase dunha Universidade relativamente nova, que comezou as súas actividades académicas en 1973. Foi creada mediante o Decreto 2310/1972, do 18 de agosto de 1972, publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE) o 1 de setembro dese mesmo ano [1]. A súa fundación complétase co Decreto 3114/1974, de 25 de outubro, que estabeleceu o esquema de funcionamento da UNED até a aprobación dos seus Estatutos [2].
Historia
[editar | editar a fonte]O proxecto inicial dunha universidade a distancia a principios dos 70 en España ía chamarse Universidad Libre a Distancia e o seu escudo ía ser unha pomba. Pero non callou a idea. Finalmente, foi en agosto de 1972 en que se publica o decreto que dá vida á Universidade Nacional de Educación a Distancia. Inicialmente, as unidades didácticas mandábanse á casa dos alumnos por correo de balde.
Fóronse creando centros territoriais denominados centros asociados onde se empezaron a organizar a atención presencial aos estudantes e outros servizos administrativos como a matrícula e servizos de apoio como as bibliotecas. En xeral, a estratexia expansiva centrouse en núcleos de poboación de tamaño medio, lonxe das grandes cidades onde normalmente xa contaban con universidades presenciais.
Progresivamente, foise desenvolvendo a estrutura internacional sobre todo para América Latina. De feito, a UNED foi o modelo metodolóxico e organizativo aplicado nalgúns países desta rexión. Pronto, integrouse na AIESAD (Asociación Americana de Educación Superior a Distancia).
Ao longo da súa historia, a UNED permitiu o acceso ao ensino superior a numerosas persoas que non poderían telo feito por razóns de renda, lugar de residencia, profesión, ocupación ou outras dificultades. Un dos colectivos que aproveitou esta oportunidade foron as mulleres. Así mesmo, sempre foi moi solicitada por persoas con discapacidade de todo tipo. En 1982, foi elixida Reitora da UNED Elisa Pérez Vera, a primeira muller que chegou a esta posición na universidade española.
O uso de radio e televisión son incorporados na década dos 90 a través de Televisión Española e Radio Nacional de España. Progresivamente, foron tamén adindo as novas tecnoloxías. Primeiro, foi a incorporación de sistemas de multimedia co desenvolvemento de materiais en soportes electrónico e dixitais como os CDs e DVD. No ano 2000, incorporan as plataformas de formación a través de Internet con Webct.
Organización territorial
[editar | editar a fonte]A UNED ten unha organización territorial descentralizada que aproxima os seus servizos aos seus estudantes. Podemos discernir entre:
Servizos centrais
A súa maioría están localizados en Madrid: servizos administrativos centrais, equipo reitoral, equipos docentes, servizos tecnolóxicos básicos, institutos de investigación e infraestrutura básica das facultades e escolas. Algúns servizos están centralizados pero non se sitúan en Madrid senón en centros asociados. Por exemplo, o plan INTECCA (Innovación y Desarrollo Tecnológico de los Centros Asociados) que xestiona o sistema virtual de videoconferencias está localizado no centro de Ponferrada.
Servizos periféricos
A UNED conta con 87 centros asociados que son sedes situadas por todo o territorio español e algúns países estranxeiros. Os centros asociados ofrecen servizos administrativos e formativos. Os estudantes poden resolver as súas xestións como a matrícula ou a entrega de documentos. Dispoñen de titorías semanais nas que se reúnen cun profesor que os orientan e apoian. Os centros tamén dispoñen doutros recursos como bibliotecas, aulas de informática, aulas de videoconferencia, laboratorios, salóns de actos e aularios. As probas escritas semestrais realízanse nos centros asociados baixo a supervisión de docentes da sede central.
A UNED en Galiza
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Hai centros asociados da UNED en Galiza nas capitais de provincia
Tamén en concellos con aulas propias en:
Metodoloxía
[editar | editar a fonte]A metodoloxía da UNED foi evolucionando ao longo da súa historia. Na actualidade, pódense discernir tres aproximacións metodolóxicas xerais:
Titulacións básicas (graos)
Neste caso, os estudantes contan con guías en formato dixital, materiais impresos (normalmente, algún manual) que recollen os contidos básicos da materia, orientación e actividades apoiadas nunha plataforma formativa, titorías semanais presenciais e probas escritas presenciais en febreiro, xuño e setembro (recuperación). Complementariamente, poden contar con cadernos de traballo, prácticas en laboratorio, convivencias presenciais cos docentes da sede central, videoconferencias, programas de radio ou TV, xornadas etc.
Posgraduados (másters, doutoramentos, expertos, etc.)
Neste caso, tanto a formación como a avaliación desenvólvense a distancia co apoio de plataformas formativas. Algunhas disciplinas contan tamén con materiais impresos e outros recursos como os indicados para os graos. Só un número moi reducido de materias de másteres oficiais (EEES) contan con proba escrita presencial.
Actividades presenciais (xornadas, congresos, cursos de extensión universitaria, cursos de verán etc.)
Realízanse tanto nas facultades e escolas da sede central como nos centros asociados e desenvólvense de forma presencial tradicional. Nalgúns casos contan de forma complementaria con recursos a distancia como a videoconferencia ou a web.
Oferta formativa
[editar | editar a fonte]Pódese encontrar información e guías na web da propia institución[13]:
- 26 títulos de grao.
- 43 mestrados EEES.
- 610 programas de formación continua.
- 12 formación en idiomas
- 148 cursos de verán.
- 397 actividades de extensión universitaria.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Datos extraídos da propia institución (consultados o 7 de xaneiro de 2012)[14]:
- 205.931 estudantes que se clasifican deste xeito:
- 36.004 estudantes de grao.
- 3.616 estudantes de mestrado.
- 2.246 doutoramentos.
- 23.706 estudantes de acceso á universidade.
- 19.378 estudantes de formación continua.
- 9.761 estudantes de idiomas.
- 111.310 estudantes de licenciaturas e diplomaturas.
- Algúns colectivos relevantes:
- 18.000 estudantes estranxeiros.
- 2.134 estudantes no estranxeiro.
- 1.268 estudantes en centros penitenciarios.
- 4.774 estudantes con discapacidade.
- 5.427 titulados.
- Recursos básicos para a formación:
- 151 teses de doutoramento lidas.
- 163 grupos de investigación.
- 1.448.500 libros en bibliotecas.
- 5 puntos de servizo.
- 87 centros asociados.
- 2.200 títulos editados (libros, CD e DVD).
- 300 aulas AVIP.
- 1.208 horas de radio e TV.
- 1.496 persoal docente e investigador (PDI).
- 7.154 profesores titores.
- 2.132 persoal de administración e servizo (PAS).
- 1.016.001 antigos alumnos.
- 227.843.630 euros de orzamento.
- Colaboracións institucionais:
- 8 ministerios.
- 17 comunidades autónomas.
- 47 deputacións provinciais e cabidos.
- 178 concellos e mancomunidades.
- 1.131 entidades financeiras e empresas.
50º aniversario
[editar | editar a fonte]En 2022, cumpríronse 50 anos da fundación da UNED. Para conmemorar o seu nacemento, desenvolveuse un programa[15] moi diverso de actividades con actos académicos, eventos institucionais, xornadas, celebracións e publicacións.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Centro Asociado da UNED de Ourense -
Centro Asociado de Cádiz -
Biblioteca Central da UNED -
Mesa redonda no Curso de Verán de Viveiro 2010 -
Facultade de Educación, UNED -
ETS Informática, UNED -
ETS Industriais, UNED -
Facultade de Psicoloxía, UNED
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "UNED A Coruña". www.acoruna.uned.es (en castelán). Consultado o 2022-01-27.
- ↑ "UNED - Centro Asociado de Lugo". UNED - Centro Asociado de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-01-27.
- ↑ "UNED Ourense: Universidad Nacional de Educación a Distancia". www.unedourense.es (en castelán). Consultado o 2022-01-27.
- ↑ "UNED Pontevedra: Universidad Nacional de Educación a Distancia". www.unedpontevedra.com (en castelán). Consultado o 2022-01-27.
- ↑ "Aula de Ferrol". www.acoruna.uned.es (en castelán). Consultado o 2022-01-27.
- ↑ "Aula de Foz". UNED - Centro Asociado de Lugo. 2014-05-30. Consultado o 2022-01-27.
- ↑ "Aula UNED Lalín" (en castelán). Consultado o 2024-11-02.
- ↑ "Aula de Monforte de Lemos". UNED - Centro Asociado de Lugo. 2014-05-30. Consultado o 2022-01-27.
- ↑ "Aula do Porriño" (en castelán). Consultado o 2024-11-02.
- ↑ "Aula de Portas" (en castelán). Consultado o 2024-11-02.
- ↑ "Aula de Tui" (en castelán). Consultado o 2024-11-02.
- ↑ "Aula de Viveiro". UNED - Centro Asociado de Lugo. 2014-05-30. Consultado o 2022-01-27.
- ↑ Oferta formativa 2011-2012
- ↑ La UNED en cifras
- ↑ Web oficial do programa 50º aniversario https://uned50.es
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Universidade Nacional de Educación a Distancia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Universidad Nacional de Educación a Distancia (en castelán)
- AVIP - Ferramenta Audiovisual sobre tecnoloxía IP Arquivado 21 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
- Plataforma de formación Alf (en castelán)
- Instituto Universitario de Educación a Distancia (IUED) (en castelán)
- e-spacio (contidos dixitais da UNED) (en castelán)
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Aretio, L. (1987). Análisis de la eficacia de la educación superior a distancia en Extremadura. Tese doutoral. A disposición na Biblioteca central da UNED. (en castelán)
- García Aretio, L. (2007). De la educación a distancia a la educación virtual. Barcelona: Ariel. (en castelán)
- García Llamas, J. L. (1986). Un modelo de análisis para la evaluación del rendimiento académico en la enseñanza a distancia. Madrid: Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación, la Ciencia y la Cultura. (en castelán)
- Martínez Mediano, C. (1991). Factores de eficacia de los Centros Asociados de la Uned para el curso de acceso directo. Madrid: UNED. (en castelán)
- Navarro Fernández, J. (2010). La labor educadora de la Universidad Nacional de Educación a Distancia, U.N.E.D., a través de sus centros asociados. Tese doutoral. A disposición na Biblioteca central da UNED. (en castelán)
- Ramos Trigueros, Julián (1986). Análisis y valoración de las unidades didácticas de la UNED en la Facultad de Psicología. Tese doutoral. A disposición na Biblioteca central da UNED. (en castelán)
- Sánchez-Elvira Paniagua, A. (2011). Avances en la adaptación de la UNED al EEES II: Redes de investigación en innovación docente 2007-2008. Madrid: UNED. (en castelán)
- UNED (2009). Memoria de la UNED-SENIOR: Curso experimental 2008/2009. Madrid: UNED. (en castelán)