Vilaza, Monterrei
Vilaza | |
---|---|
Torre de Vilaza. | |
Concello | Monterrei[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°55′47″N 7°29′26″O / 41.929722222222, -7.4905555555556 |
Poboación | 514 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Salvador de Vilaza é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 601 habitantes (289 homes e 312 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 41 habitantes en relación ao ano 2000.
Historia
[editar | editar a fonte]Apareceron restos romanos na capela de San Brais,[2] así como sinais de ser terras pertencentes á Orde dos Templarios, de onde dataría a capela de estilo románico e maila súa torre estilo normanda. Na Idade Media existiu tamén o mosteiro de Santa Cruz de Vilaza. En 1642 tivo lugar a batalla de Vilaza, no marco da Guerra de Restauración Portuguesa.
A igrexa de San Salvador[3] conta cunha torre e un reloxo de sol.[4]
Existía un manancial de augas mineromedicinais bicarbonatadas sódico-litínicas, o balneario de Requeixo,[5] explotado por Jacinto Becerra Romero. En 1900 foron declaradas de utilidade pública, e en 1907 obtiveron a medalla de ouro da Exposición de Madrid. Comercializouse como Agua de Villaza por Hijos de Jacinto Becerra e despois por Viuda e Hijos de Juan Fuentes Pérez, banqueiros de Ourense.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Vilaza, Monterrei.
-
Igrexa de San Salvador de Vilaza.
-
Vista da aldea
-
Pazo Hermida.
-
Pazo Limia.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilaza
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Vilaza no concello de Monterrei (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Monterrei
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Capela de San Brais de Vilaza na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Igrexa mosteiral de San Salvador de Vilaza na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Reloxo de sol da igrexa de Vilaza na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Concha Caneiro (30 de abril de 2023). "El balneario de Requeixo busca atraer el turismo termal al concello". La Región (en castelán).