Xesús Rábade
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1949 (75 anos) Seixas, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, profesor de ensino secundario |
Xénero artístico | Poesía, narrativa e ensaio |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Helena Villar Janeiro |
Fillos | María do Cebreiro, Abe Rábade |
Premios | |
| |
Xesús Rábade Paredes, nado en Seixas (Cospeito) o 20 de xaneiro de 1949, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a traballar de carteiro e estivo un tempo en Berna (Suíza) traballando nos anos setenta[1]. Posteriormente dedicouse ao ensino de lingua e literatura en secundaria nos IES Xelmírez e Rosalía de Castro.
Literariamente ten cultivado o ensaio, a narrativa e a poesía. Comezou moi cedo a súa carreira literaria e figura na antoloxía Os novísimos da poesía galega. Traballou en tarefas de normalización lingüística e cultural: formación do profesorado, reforma educativa, elaboración de textos e material escolar, publicación en prensa de numerosos artigos, algúns recollidos en libro, sobre a situación social da lingua. De 1992 a 1995 foi Coordinador Docente de Lingua galega.
Membro do colectivo de renovación poética Cravo Fondo, a súa obra foi antologada e traducida a varias linguas. É membro fundador do PEN Clube de Galicia.[2][3]
Está casado con Helena Villar Janeiro, sendo os pais da poeta María do Cebreiro Rábade e do músico de jazz Abe Rábade.
Ten usado o pseudónimo de Matalobos.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Xuntos cara ó mañán / Juntos hacia el mañana (1969). Lugo: Celta.[5]
- Matria de sombra (1985). Huelva: Pliegos de Mineral. Segunda edición en 1987 en Sotelo Blanco.
- Poldros de música (1993). Sociedade Cultural Valle-Inclán. 104 páxs. ISBN 978-84-86046-63-7.
- Os dedos dos loureiros (2000). Deputación da Coruña. ISBN 9788495335579.
- Os anos da memoria (2006). Culleredo: Espiral Maior.[6] 102 páxs. ISBN 84-96475-26-3.
- Lugar do canto (Selección poética bilingüe, 1969-2007) (2008). Madrid: Litoral das Rías, colección Hipocampo amigo. A selección e tradución é do propio autor.
- Sobre ruínas (2013) Lugo: Alvarellos. 108 páxs. ISBN 9788489323506.
- Memoria do corpo (2018). Vigo: Galaxia, Dombate. 68 páxs. ISBN 978-84-9151-161-8.[7]
- Caldobada en terras de Valverde (2020). Lugo: Alvarellos. 56 páxs. ISBN 978-84-16460-67-0
Narrativa
[editar | editar a fonte]- A terra prometida, 1975, Akal. Segunda edición en 1990 en Galaxia, ISBN 978-84-7154-714-9, 216 páxs. Novela de amor apaixonado, na que os protagonistas acaban converténdose en símbolos do seu propio país.
- Saraverde (1987). Vigo: Galaxia, Narrativa. 144 páxs. ISBN 978-84-7154-582-4. Novela con evocacións autobiográficas e do mundo rural.
- A palabra secreta (1989). Vigo: Galaxia, Narrativa. 216 páxs. ISBN 978-84-7154-657-9. Novela con homenaxe ao noso idioma, con incursións polos labirintos do humor e do disparate.
- Branca de Loboso, 1991). Vigo: Galaxia.[8] 128 páxs. ISBN 978-8471548238. Publicada no 2002 na Biblioteca Galega 120.
- O viaxeiro invisible (1992). Vigo: Contos do Castromil.
- As sombras do barroco (1994). Vigo: Galaxia, Narrativa. 160 páxs. ISBN 978-84-7154-923-5. Novela con dúas partes ben diferenciadas, Memorias dun expósito e Aldo Polo en Santiago, intérnase na Galicia do século XVII da man de inquisidores, intelectuais, exorcizados, pintores célebres e xentes do común.
- Como levar un morto (2002) Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 9788478243884
- Mentres a herba medra (2007). Vigo: Galaxia. 200 páxs. ISBN 978-84-7154-138-3. Novela do mundo urbano, omnipresente, e o rural, evocado, simbolizan a andaina dun país que se afirma e se transforma.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Recuperar a voz (1991). Vigo: Edicións do Cumio. ISBN 978-8487126321.
- Neira Vilas e 'Xente no rodicio' (1992). Vigo: Galaxia. 70 páxs. ISBN 978-8471548368.
- Unha lectura de Os outros feirantes, de Álvaro Cunqueiro (1998). Vigo: Xerais.
- A vida de Manuel Murguía (2000). Vigo: Galaxia, Col. Árbore. 96 páxs. ISBN 978-84-8288-358-8.
- A luz co tempo dentro (2022). Vigo: Galaxia. 148 páxs. ISBN 978-84-9151-838-9.
Edicións
[editar | editar a fonte]- Escolma poética, de Ramón Cabanillas (2002). PEN Clube de Galicia.
- Trece poemas galegos e outras páxinas, de Gregorio San Juan (2006). Litoral das Rías, colección Hipocampo amigo.
- Mesteres, de Arcadio López-Casanova (2010). Madrid: Cátedra. Tamén é autor da tradución nesta edición bilingüe.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Los oscuros sueños de Clío, de Carlos Casares (1994). Alfaguara, Madrid. Do galego ao castelán.
- La poesía erótico-amorosa en el Egipto faraónico, 1995, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Versión galega e nota introdutoria.
- Mazurca para dous mortos, de Camilo José Cela, 1999, Xunta de Galicia.
- Narrativa breve completa Carlos Casares, 2012, Libros del Silencio.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]Obras con Helena Villar Janeiro
[editar | editar a fonte]- Símbolos de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno, 1979, Premio Patronato Rosalía de Castro.[9]
- Lección conmemorativa sobre Rosalía de Castro, 1980, Padroádego Rosalía de Castro. Para nenos.
- Morrer en Vilaquinte, 1980, Universidade de Santiago de Compostela. Reeditado en 1992 na Biblioteca 114. Narrativa.
- O sangue na paisaxe, 1980, Edicións do Cerne. Poesía.
- No aló de nós, 1981, Universidade de Santiago de Compostela. Poesía.
- Viaxe e fin de don Frontán, de Rafael Dieste, 1982, Ediciós do Castro. Tradución.
- Contos de nós e da xente, 1983, S. M. Literatura infanto-xuvenil.
- Cantan os nenos (O libro de María), 1984, Xunta de Galicia. Cancións para nenos.
- Cabeleira de pedra, 1993, Consorcio da Cidade de Santiago, con tradución multilingüe. Reeditado en 2004. Poesía.
- Eduardo Blanco Amor con Auria ó fondo, 1993, Xunta de Galicia.
- Símbolos de Galicia, con vídeo, 1993, Ophiusa.
- Poemas, de Rosalía de Castro, 2002, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía bilingüe.
- Dona e Don (2004). Vigo: Galaxia. 60 páxs. ISBN 978-84-8288-676-3. Literatura infanto-xuvenil.
- Follas Novas/Hojas Nuevas, de Rosalía de Castro, 2004, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía bilingüe.
- Versos a Compostela, de Rosalía de Castro, 2008 Consorcio de Santiago/Alvarellos. Tradución.
Outras obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal. Poesía.
- Chile en el corazón/ Xile al cor/ Chile no corazón/ Txile bihotzean. Homenaje a Pablo Neruda, 1975, Península, Barcelona. Poesía.
- Cravo fondo, 1977, Follas Novas Edicións. Poesía.
- Antoloxía de poesía galega. Do posmodernismo aos novos, 1980, Galaxia.
- Escolma da poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. Edición de Xosé Lois García.
- Literatura Século XX. Iniciación universitaria, 1985, Galaxia. Con María Victoria Moreno.
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Xermolos. Ensaio.
- Noiva azul, en Contos eróticos/Eles, 1990, Xerais. Narrativa.
- Alba de auga, en O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990), 1990, Galaxia. Relato.
- Proceso a don Nemesio Lapinio Tecedor, en Contos da xustiza, 1991, Ir Indo. Relato.
- Homenaxe a Ramón Piñeiro, 1991, Fundación Caixa Galicia.
- Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN, 1993, Xunta de Galicia/PEN Clube.
- Sempre no Camiño, 1993, Hércules/Xacobeo. Poesía.
- Voces en Compostela, 1993, Consorcio da Cidade de Santiago. Narrativa.
- Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico, 1994, Universidade de Santiago de Compostela. Ensaio.
- Premios de poesía e novela curta Concello de Marín, 1995, Concello de Marín. Narrativa.
- Berra liberdade, 1996, Galaxia. Relato.
- Letras galegas 1998. As ermidas e o mar, 1998, Xunta de Galicia. Poesía.
- Congreso Literatura Galega e do Norte de Portugal, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
- Congreso sobre Avilés de Taramancos, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
- Congreso sobre Castelao, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
- Xornadas sobre Manuel Antonio, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia. Poesía.
- 25 anos de poesía galega. 1975-2000, 2002, La Voz de Galicia. Poesía.
- Francisco Fernández del Riego, 2002, Fundación Premios da Crítica. Poesía.
- O libro dos abanos, 2002, Follas Novas. Poesía.
- O trazo aberto. Poesías e debuxos, 2002, Deputación de Pontevedra. Poesía.
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega. Poesía.
- Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo, 2003, Poesía Frouseira, Barcelona. Poesía.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Poesía.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Narrativa.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Poesía.
- 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado, 2004, Hipocampo. Poesía.
- Retrincos de Vilalba e dos vilalbeses, 2005, Instituto de Estudos Chairegos. Poesía.
- 37 poemas por man propia, 2006, Colección Bourel. Poesía.
- Palavras de vento e de pedra, 2006, Município de Fundão, Portugal. Poesía.
- Poemas pola memoria (1936-2006), 2006, Xunta de Galicia. Poesía.
- Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro. Poesía.
- Voces na materia, 2006, A. C. Barbantia. Poesía.
- VI Encontro Internacional de Poetas, 2007, Universidade de Coímbra. Poesía.
- Poetas en Lugo, 2007, Concello de Lugo. Poesía.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Poesía.
- Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012. Poesía.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Poesía.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos. Poesía.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Poesía.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Poesía.
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza. Poesía.
- Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais. Aforismos.
Bibliografía sobre o autor
[editar | editar a fonte]- Labras do oficio. Xesús Rábade Paredes ante 33 miradas, 2008, Fundación Manuel María.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Padroádego Rosalía de Castro para Mestres e Pedagogos en 1979, pola obra en común con Helena Villar Janeiro Símbolos de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno.
- Premio Galicia de Narrativa da Universidade de Santiago no 1980, por obra en común con Helena Villar Janeiro, por Morrer en Vilaquinte.
- Premio Galicia da Universidade de Santiago no 1981, por obra en común con Helena Villar Janeiro, por No aló de nós.[Cómpre referencia]
- Premio Manuel Antonio no 1981, por obra en común con Helena Villar Janeiro, por O sangue na paisaxe.
- Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa no 1991, por Branca de Loboso.
- Premio Esquío de poesía no 1993, por Poldros de música.
- Accésit do Premio de poesía Miguel González Garcés de poesía no 1999, por Os dedos dos loureiros.
- Finalista do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2002, por Como levar un morto.
- Premio Blanco Amor de novela longa no 2007, por Mentres a herba medra [10].
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía de 2013, por Sobre ruínas.
- Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor Libro de poesía ou teatro de 2013, por Sobre ruínas.
- Foille adicado un Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés en 2013, en conxunto con Helena Villar Janeiro.
- Premio Gala do Libro e Premio Libro do Ano en 2019, por Memoria do corpo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xesús Rábade Paredes". pengalicia.gal. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2018. Consultado o 2018-06-18.
- ↑ "Xesús Rábade Paredes". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2022. Consultado o 2022-04-28.
- ↑ "Xesús Rábade Paredes Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-04-28.
- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: r". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-02-07.
- ↑ Con poemas en galego e poemas en castelán e prólogo de María Victoria Moreno.
- ↑ "El escritor Xesús Rábade Paredes publica "Os anos da memoria"". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-04-28.
- ↑ Nicolás, Ramón (2018-08-14). "Memoria do corpo, de Xesús Rábade Paredes". Caderno da crítica. Consultado o 2022-04-28.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ Edición corrixida no 2008 a cargo da Fundación Rosalía de Castro. Para nenos.
- ↑ "Xesús Rábade Paredes gaña o Premio Blanco Amor con «Mentres a herba medra»". La Voz de Galicia. 28 de abril de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Rábade Paredes, Xesús". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 151.
- "Rábade Paredes, Xesús". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 475. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 359. ISBN 84-7492-465-0.