Xoán I de Saxonia
Aparencia
Xoán I de Saxonia, nado en Dresde o 12 de decembro de 1801 e finado en Pillnitz o 29 de outubro de 1873, foi un nobre alemán, rei de Saxonia desde 1854 ata 1873.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai Maximiliano de Saxonia foi o sexto fillo do Elector de Saxonia Federico Cristian (1722-1763) e da súa esposa María Antonia de Baviera, filla do emperador Carlos VII (1724-1780).
Casou por poderes en Múnic o 10 de novembro de 1822 e en persoa en Dresde o 21 de novembro de 1822 coa princesa Amalia de Baviera (1801-1877), filla de Maximiliano I, rei de Baviera. Tiveron nove fillos:
- María de Saxonia (1827-1857).
- Alberto (1828-1902), nomeado rei de Saxonia en 1873 tras a morte de seu pai. Tenente xeneral e comandante da infantaría saxoa.
- Isabel (1830-1912), casada primeiro con Fernando de Savoia-Xénova e despois con Niccolo, Marqués de Rapallo.
- Ernesto (1831-1847).
- Sidonia (1834-1862).
- Ana María de Saxonia (1836-1859), casada en 1856 con Fernando IV de Toscana, Gran Duque de Toscana e Arquiduque de Austria.
- Margarita (1840-1858), casada en 1856 co arquiduque Carlos Luis de Austria.
- Sofía (1845-1867), casada en 1865 con Carlos Teodoro, duque de Baviera.
- Xurxo I (1832-1904), nomeado rei de Saxonia en 1902, tras a morte de seu irmán. Casado 1859 con María Ana de Braganza, Infanta de Portugal. Os seus fillos pretenderon o extinto trono de Saxonia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Xoán I de Saxonia |
Predecesor: Federico Augusto II |
Rei de Saxonia 1854 – 1873 |
Sucesor: Alberte I |