Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Zhang Heng

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaZhang Heng

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(zh) 張衡 Editar o valor en Wikidata
78 Editar o valor en Wikidata
Nanyang (Dinastía Han) Editar o valor en Wikidata
Morte139 Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
Luoyang, República Popular da China (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónConfucianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas, astronomía e Sismoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncartógrafo, xeógrafo, filósofo, inventor, enxeñeiro mecánico, antropólogo, astrónomo, poeta, matemático, político Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Чжан Хэн)
Book of the Later Han (en) Traducir
Astronomers: A Biographical Reference (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Zhang Heng (chinés tradicional: 張衡; chinés simplificado: 张衡; pinyin: Zhāng Héng; Wade-Giles: Chang1 Heng2) foi un astrónomo, matemático, inventor, xeógrafo, cartógrafo, pintor, poeta, home de estado, escritor e profesor de literatura chinés, nado en Nanyang, Henan o ano 78 da nosa era, e finado en 139.

Traballos principais

[editar | editar a fonte]

Durante unha longa época da súa vida foi astrónomo real baixo a Dinastía Han do Leste, e trazou un dos primeiros mapas estelares, rivalizando co que creou Hiparco no ao 129 a. C., e descoñecido para Zhang. Neste mapa situou as posicións exactas de 2.500 estrelas e bautizou unhas 320. Estimou que o ceo nocturno, do que só podía ver unha parte, contiña 11.500 estrelas, unha cifra exaxerada para un observador con boa vista, pero non foi unha mala estimación. Explicou as eclipses lunares correctamente, argumentando que se producían cando a Lúa atravesaba a sombra da Terra, e imaxinou a Terra como unha pequena esfera suspendida no espazo, rodeada por un inmenso e lonxanísimo ceo esférico. No ano 123 corrixiu o calendario para facer cadrar as estacións do ano.

Nunha das súas publicacións, Ling xián (靈憲, un resumo das teorías astronómicas da súa época), aproximou o número π como 730/232 (aproximadamente 3,1465). Nunha das súas fórmulas utilizadas para o cálculo de volumes esféricos, usou π como a raíz de 10 (aproximadamente 3,162).

O detector de terremotos

[editar | editar a fonte]
Réplica do detector de terremotos de Zhāng Héng.

O traballo máis famoso de Zhang Heng foi o "detector de terremotos" que perfeccionou no ano 132, mil setecentos anos antes do primeiro sismógrafo europeo.

Zhang asombrou á corte imperial con este dispositivo, que podía detectar terremotos tan distantes que ninguén próximo o sentía sequera.

Era un dispositivo en forma de xerra, ao que se lle adherían varias cabezas en bronce de dragóns, cada unha cunha bóla tamén de bronce na súa boca; ao redor do pé tiña varios sapos de bronce coas bocas abertas. Se a máquina detectaba un tremor de terra, unha bóla de bronce, automaticamente, soltábase e caía na boca dun dos sapos. A posición do sapo en cuestión indicaba a dirección da cal procedía o tremor.

Nunha famosa ocasión unha bóla caeu sen que se observara ningún terremoto perceptíbel; pero, varios días despois, chegou un mensaxeiro con noticias dun terremoto en Kasu, a 600 quilómetros da corte e na dirección indicada pola máquina.

A pesar das súas creacións, é erróneo considerar a Zhang Heng como o inventor do sismógrafo. A súa máquina detectaba os terremotos e a súa procedencia, pero non os medía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Balchin, J. (2003): Science: 100 Scientists Who Changed the World. Nova York: Enchanted Lion Books. ISBN 1-59270-017-9
  • Krebs, Robert E. (2003): The Basics of Earth Science. Westport: Greenwood Press of Greenwood Publishing Group, Inc. ISBN 0-313-31930-8
  • Liu, Wu-chi. (1990): An Introduction to Chinese Literature. Westport: Greenwood Press of Greenwood Publishing Group. ISBN 0-313-26703-0
  • Morton, W. Scott & Charlton M. Lewis (2005): China: Its History and Culture. Nova York: McGraw-Hill, Inc.
  • Needham, Joseph (1986): Science and Civilization in China: Volume 3, Mathematics and the Sciences of the Heavens and the Earth. Taipei: Caves Books, Ltd.
  • Needham, Joseph (1986): Science and Civilization in China: Volume 4, Physics and Physical Technology, Part 2: Mechanical Engineering. Taipei: Caves Books, Ltd.
  • Temple, Robert. (1986): The Genius of China: 3.000 Years of Science, Discovery, and Invention. Con prefacio de Joseph Needham. Nova York: Simon and Schuster, Inc. ISBN 0-671-62028-2

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]