Zubiri, Navarra
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade foral | Navarra | |||
Concello | Esteribar | |||
Poboación | ||||
Poboación | 466 (2020) (0,92 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 508 km² | |||
Altitude | 526 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 31630 | |||
Zubiri é unha localidade do val e municipio de Esteribar en Navarra, dentro da comarca de Auñamendi e a Meiriñado de Sangüesa. A localidade atópase a 20 km de Pamplona e en 2013 tiña 439 habitantes[1] É a capital administrativa do val, onde se sitúa o seu concello e ademais o centro industrial do mesmo. Na localidade atópase a planta de Magnesitas Navarras, S.A. (MAGNA), unha empresa de transformación de magnesita.[2]
Topónimo
[editar | editar a fonte]O nome de Zubiri significa "Vila da Ponte", do éuscaro (Zubi: ponte e iri: vila).
Xeografía
[editar | editar a fonte]A localidade atópase en centro do val de Esteribar baixo o monte Murelu (650 msnm.), a 526 msnm. de altitude, na beira dereita do río Arga e a 20 km da capital Navarra, Pamplona.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación da localidade nos últimos anos.
2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2013 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
387 | 389 | 393 | 393 | 411 | 429 | 433 | 460 | 423 | 439 |
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a Idade Media houbo na localidade un mosteiro beneditino, o cal dependeu de Leyre por unha doazón efectuada polo rei García o de Nájera en 1040.
Administración
[editar | editar a fonte]A localidade está constituída como un concello pertencente ao municipio de Esteribar. O concello está formado por unha xunta de catro vocais e un presidente do concello.
Na localidade tamén se atopa a sede do Concello do val de Esteribar.
Camiño francés
[editar | editar a fonte]O Camiño de Santiago seguindo a ruta do camiño francés pasa por Zubiri na súa segunda etapa partindo de Roncesvalles e é o punto de saída da terceira etapa.
O Camiño accede a Zubiri pola ponte medieval sobre o río Arga, Ponte da rabia, así chamado pola crenza de que se se obriga a un animal rabioso a dar unha volta completa ó redor do piar central, cura da enfermidade. Zubiri, en éuscaro, significa precisamente pobo da ponte.
Monumentos e lugares de interese
[editar | editar a fonte]Arquitectura civil
[editar | editar a fonte]- Ponte da Rabia: Situado sobre o río Arga, é unha ponte lendaria de estilo románico do século XII. Segundo unha lenda que, ao pasar baixo os seus arcos, os animais afectados dunha enfermidade quedaban milagrosamente curados.
- Fonte da auga de batueco: Segundo unha lenda popular as súas augas teñen propiedades curativas.
- Albergue de Peregrinos
Arquitectura Relixiosa
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Esteban Protomartir: É un templo de nova construción, O edificio orixinal foi destruída durante as Guerras Carlistas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Goberno de Navarra (ed.). "Datos de Zubiri". Consultado o 22 de outubro de 2009.
- ↑ Concello de Esteríbar (ed.). "Pueblos del valle - Zubiri". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 22 de outubro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos de Zubiri - Goberno de Navarra: Información e datos de entidades locales de Navarra.
- Datos de Zubiri - Federación Navarra de Municipios e Concejos.