Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

barba

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «barba».
  • Pronuncia: /ˈbaɾ.βɐ/ (AFI)

Substantivo feminino

barba (sg: barba; pl: barbas)

Un home con barba (1).
  1. (Anatomía) Pelo que nace no queixo e lados da cara.
    • Exemplo: Ese home leva unha barba ben recortada e aseada.

  2. (Anatomía) Parte inferior da cara debaixo da boca que se corresponde co óso maxilar inferior ou mandíbula.
  3. (Botánica) Conxunto dos filamentos da espiga do millo.
  4. (Zooloxía) Apéndice filiforme que teñen algúns peixes presentan na mandíbula inferior.
    • Exemplo: A faneca, o salmonete ou a maruca teñen barbas, a pescada ou a sardiña, non.

  5. (Zooloxía) Cada un dos fíos que, unidos entre si, forman as plumas das aves.
  6. (pl.) (Zooloxía) Láminas de queratina que os cetáceos misticetos (baleas) posúen na boca, penduradas do maxilar superior, para filtra-la auga e rete-lo alimento.
    • Exemplo: O tamaño e cor das barbas das baleas permite identifica-la especie.

  7. (Figurado) Vellez, experiencia, sabiduría.
    • Exemplo: Calen barbas e falen cartas.

Sinónimos

Expresións relacionadas

  • facerlle a barba [a alguén]: ademais do sentido recto: afeitar ou recorta-la barba a alguén, úsase co significado de amolar ou xogar unha mala pasada a alguén.
  • nas barbas [de alguén]: na súa cara, na súa presencia. Non tivo aquela de non rirse nas miñas barbas.
  • por barba: parte alícuota que ten que pagar a cada quen. Tocamos a 35 euros por barba.
  • subírselle ás barbas [a alguén]: faltarlle ó respecto a unha persoa anciá ou ó noso superior.
  • verlle as barbas á xustiza: verse metido en xuízos, verse denunciado e apurado.


Traducións


Asturiano

  • Pronuncia: /ˈbaɾ.βa/ (AFI)

Substantivo feminino

barba (sg: barba; pl: barbes)

  1. (Anatomía) Barba, pelo no queixo.
  2. (Anatomía) Barba, queixo, parte inferior da cara.
  3. (Botánica) Barba, filamentos do millo.
  4. (Zooloxía) (pl.) Barbas, láminas das baleas na boca.

Sinónimos


Castelán

  • Pronuncia: /ˈbaɾ.ba/ (AFI)

Substantivo feminino

barba (sg: barba; pl: barbas)

  1. (Anatomía) Barba, pelo no queixo.
  2. (Anatomía) Barba, queixo, parte inferior da cara.
  3. (Botánica) Barba, filamentos do millo.
  4. (Zooloxía) Barba, cada un dos fíos que forman as plumas das aves.
  5. (Zooloxía) (pl.) Barbas, láminas das baleas na boca.

Sinónimos

Expresións relacionadas


Catalán

  • Pronuncia: /ˈbar.bə/ (AFI)

Substantivo feminino

barba (sg: barba; pl: barbes)

  1. (Anatomía) Barba, pelo no queixo.
  2. (Anatomía) Barba, queixo, parte inferior da cara.
  3. (Botánica) Barba, filamentos do millo.
  4. (Zooloxía) Barba, cada un dos fíos que forman as plumas das aves.
  5. (Zooloxía) (pl.) Barbas, láminas das baleas na boca.

Sinónimos

Expresións relacionadas


Italiano

  • Pronuncia: /ˈbaɾ.ba/ (AFI)

Substantivo feminino

barba (sg: barba; pl: barbe)

  1. (Anatomía) Barba, pelo no queixo.

Expresións relacionadas


Occitano

  • Pronuncia: /ˈbaɾ.βo/ (AFI)

Substantivo feminino

barba (sg: barba; pl: barbas)

  1. (Anatomía) Barba, pelo no queixo.


Portugués

  • Pronuncia: /ˈbaɾ.bɐ/ (AFI)

Substantivo feminino

barba (sg: barba; pl: barbas)

  1. (Anatomía) Barba, pelo no queixo.
  2. (Zooloxía) (pl.) Barbas, láminas das baleas na boca.

Expresións relacionadas


Siciliano

  • Pronuncia: /ˈbaɾ.ba/ (AFI)

Substantivo feminino

barba (sg: barba; pl: barbi)

  1. (Anatomía) Barba, pelo no queixo.