Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

dominar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /dɔ.mi.'naɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

dominar

  1. Ter dominio ou poder sobre algo ou alguén.
    • Exemplo: O delegado do curso dominaba aos seus compañeiros

      .
  2. Ser capaz de que algo faga o que se quere.
    • Exemplo: Meu cuñado non domina ben a moto, e algún día vai ter un accidente

      .
  3. Someter algo a control.
    • Exemplo: Pasados tres días os bombeiros aínda non lograron dominar o incendio.

  4. Facer que un sentimento, estado de ánimo, etc., se someta á vontade.
    • Exemplo: Se queres ser un home de ben debes dominar os teus malos impulsos.

  5. Exercer unha influencia determinante sobre alguén.
    • Exemplo: Naquel tumulto o pánico dominábanos.

  6. Ser máis alto que outras cousas ou lugares que están arredor.
    • Exemplo: A torre da igrexa domina toda a parroquia.

  7. (Figurado) Ter un grande coñecemento dunha arte, ciencia, tecnoloxía, etc.
    • Exemplo: Meu neto domina a informática.