Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

facer

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Verbo transitivo

facer

  1. Dar forma a algo material reunindo e colocando convenientemente os elementos de que se compón.
    • Exemplo: Estou a facer a comida. A parella de merlos fixeron o niño nunha silveira.

  2. Realizar todo o necesario nunha cousa para que estea de maneira conveniente para o seu uso.
    • Exemplo: Está todo listo, xa fixemos as camas.

  3. Buscar a solución a unha cousa ou realizar o traballo que precisa iso.
    • {{exemplo|Pasei a mañá facendo un encrucillado. Deixa de xogar, tes que facer os deberes.
  4. Provocar ou obrigar a alguén a que se execute o que se expresa no verbo indicado.
    • Exemplo: O imprudente fixo chorar ao neno. Fíxoo vir a pé.

  5. Realizar certa actividade.
    • Exemplo: Para estar en forma fai moita ximnasia.

  6. Chegar a ter algo.
    • Exemplo: Cando viviu no Brasil fixo moitos cartos.

  7. Completar un número ou cantidade.
    • Exemplo: Acaba de facer vinte anos.

  8. Dar como resultado.
    • Exemplo: Tres máis dous fan cinco.

  9. Haber xustamente certo número de días, semanas, meses ou anos do nacemento de alguén.
    • Exemplo: O próximo luns miña neta fará os vinte anos.

  10. Supoñer ou imaxinar que algo ou alguén está nun sitio, ou era de certa maneira.
    • Exemplo: Non te facía aquí. Eu facíao un pouco máis baixo.

  11. Converter noutra cousa distinta.
    • Exemplo: Rapaz, cos meus consellos fareite un home.

  12. Percorrer, andar, unha certa distancia.
    • Exemplo: O avó, perdido, fixo moitos quilómetros polo monte.

  13. Provocar o efecto de que algo pareza distinto do que é.
    • Exemplo: Ese frouxo pantalón faite máis gordo.

  14. Imitar a voz ou o canto de alguén.
    • Exemplo: Meu neto fai moi ben oi cangto do paspallás.

  15. Adoptar o comportamento propio de alguén.
    • Exemplo: Ti es parvo ou falo?

  16. Actuar de tal maneira que parece o que se expresa.
    • Exemplo: Fixo que non a oía.

  17. Conseguir que o corpo soporte ou non lle sexa estraño algo.
    • Exemplo: Tes que facer o corpo a ese duro traballo.

  18. Ser unha persoa ou cousa a causa de que alguén sexa aquilo que se expresa
    • Exemplo: A boa nova fíxonos moi felices.

  19. Como impersoal, indica fenómenos metereolóxicos.
    • Exemplo: Onte fixo moita calor.

  20. (Coloquial) Deixar en testamento.
    • Exemplo: Fíxolle as súas propiedades aos netos.

Verbo intransitivo

facer

  1. Desempeñar unha persoa, de maneira eventual, un papel, oficio, etc.
    • Exemplo: Acabados os cambios regulamentarios, un dos defensas tivo que facer de porteiro.

Verbo pronominal

facerse

  1. Chegar a ser ou evolucionar unha persoa ou unha cousa, cara a algo que se expresa.
    • Exemplo: Facerse vello.

  2. Adquirir unha persoa un costume, ou cambiar de hábito.
    • Exemplo: Tivo que facerse á vida no campo.

Conxugación

Termos relacionados

dar que facer, facela boa, facer alarde de, facer as beiras, facer ben, facer bo de alguén, facer boa feira, facer causa común, facer cola, facer das túas, facer das súas, facer das vosas, facer de conta, facer de corpo, facer de ventre, facer e acontecer, facer e desfacer, facer gala de, facer mal, facer mala feira, facer o amor, facer o mono, facer o parvo, facer o tempo, facer por, facer por + infinitivo, facer tempo, facerse cargo de, facerse con, facérselle tarde a alguén, non facer branca, non facer máis que, non fai máis que andar de xolda, non haber nada que facer, non saber que facer, non ter nada que facer, ter máis que facer, ter moito que facer.

Traducións