mouro
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués mouro, e este do latín Maurus 'mauritano', derivado do grego antigo Μαῦρος Maûros, 'escuro', en alusión á cor da pel destas persoas.
- Pronuncia: /'mɔu.ɾo̯/ (AFI)
mouro
(ms: mouro; mpl: mouros; fs: moura; fpl: mouras)
- Que é de cor escura.
- Exemplo: A linda pel moura da rapaza.
.
- Exemplo: A linda pel moura da rapaza.
- Dise da persoa que é natural do nordeste de África.
- Exemplo: Actualmente están a chegar moitos mouros a Canarias.
.
- Exemplo: Actualmente están a chegar moitos mouros a Canarias.
- Dise das persoas musulmás que viviron na península Ibérica desde o século VIII até o XV.
- Exemplo: En España chámase 'A Reconquista' á serie de loitas dos reinos cristiáns contra os mouros.
- Exemplo: En España chámase 'A Reconquista' á serie de loitas dos reinos cristiáns contra os mouros.
- Pertenecente ou relativo á España musulmá.
- Exemplo: En España hai numerosos restos da cultura moura, desde a arquitectura até os idiomas (castelán e galego) e a toponimia.
- Exemplo: En España hai numerosos restos da cultura moura, desde a arquitectura até os idiomas (castelán e galego) e a toponimia.
- Dise da persoa musulmá de Mindanao e doutras illas de Filipinas.
- Exemplo: En Minanao viven máis de vinte millóns de mouros.
- Exemplo: En Minanao viven máis de vinte millóns de mouros.
- (Relixión) Que profesa a relixión islámica.
- Exemplo: En Arteixo hai unha importante comunidade moura.
.
- Exemplo: En Arteixo hai unha importante comunidade moura.
mouro
(ms: mouro; mpl: mouros; fs: moura; fpl: mouras)
- Persoa natural do norte de África.
- Exemplo: Nos últimos anos chegaron a España moitos emigrantes mouros.
- Exemplo: Nos últimos anos chegaron a España moitos emigrantes mouros.
- Persoa que habitou en España desde o século VIII ata o século XV.
- Exemplo: O último rei mouro de Granada foi Boabdil.
.
- Exemplo: O último rei mouro de Granada foi Boabdil.
- Persoa que profesa a relixión musulmá.
- Exemplo: As comunidades mouras do noso país teñen como guía espiritual ao seu imán.
.
- Exemplo: As comunidades mouras do noso país teñen como guía espiritual ao seu imán.
Termos relacionados
danza de mouros e cristiáns, Garda Moura, herba moura
Véxase tamén
agareno, árabe, islamita, islámico, mahometano, moreno, mouro (mitoloxía), musulmán, sarraceno