parasito
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín parasītus e este do grego antigo παράσιτος (parasitos, "comensal").
- Pronuncia: [pa.ɾaˈsi.tʊ] (AFI)
parasito (ms: parasito; mpl: parasitos; fs: parasita; fpl: parasitas)
- (Bioloxía) Dise dun organismo vexetal ou animal que vive á custa doutro de distinta especie, alimentándose das substancias que este elabora e ás veces prexudicándoo, producíndolle ou non dano e lesións. Clasifícanse en endoparasitos e ectoparasitos, segundo habiten no interior ou exterior dos seus hospedeiros.
- Dise dun ruído que afecta ou perturba as transmisións radioeléctricas.
- (Figurado) Dise dunha persoa que vive ociosa a expensas doutras.
Observacións
- Tamén se emprega como substantivo masculino.