Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

plataneiro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «plataneiro».
  • Pronuncia: [pla.taˈnej.ɾʊ] (AFI)

Substantivo masculino

plataneiro (sg: plataneiro; pl: plataneiros)

  1. (Botánica) Nome vulgar das especies arbóreas do xénero Platanus da familia Platanaceae.
  2. (Botánica) (Platanus x hispanica) Árbore caducifolia de gran talle, moi común en parques e xardíns de tódalas cidades temperadas do mundo. Moi común en Galicia. Pertence á familia Platanaceae. A orixe é unha hibridación entre o Platanus orientalis e mailo Platanus occidentalis ou americano. Suponse que dita hibridación produciuse en España, no século XVII, onde as dúas especies tiveron a primeira oportunidade en se atopar. De aí o nome de hispánica.
  3. (Botánica) Bananeira. Árbore tropical que dá uns froitos alongados e brandos, de cor amarela e dispostos en grandes piñas.

Traducións

Véxase tamén