Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

xénero

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «xénero».
  • Pronuncia: /ˈʃɛne̝ɾo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

xénero (sg: xénero; pl: xéneros)

  1. Conxunto de cousas ou seres que teñen unhas características comúns.
  2. Posible variedade ou categoría que se pode debullar de certas cousas.
  3. (Arte) Categoría na que se pode clasificar unha obra artística atendendo a trazos comúns de forma, contido, función ou estilo.
  4. (Gramática) (Lingüística) Trazo gramatical que permite repartir certas clases lexicais nun número pechado de categorías que responden a criterios ligados ao sexo, máis claro no caso das palabras que refiren seres animados. En galego sinala o masculino e o feminino, nos substantivos, adxectivos, pronomes e determinantes
  5. (Bioloxía) Taxon por riba da especie, é dicir, que agrupa un conxunto de especies con certos caracteres comúns; e que se inclúe nunha familia, orde e clase.
  6. (Matemáticas) Na topoloxía, propiedade de invariancia dun obxecto, tal como un toro, unha curva alxébrica ou unha recta proxectiva. Pode interpretarse como o número de buratos dunha superficie topolóxica.
  7. Cousa que é obxecto de venda ou compra.
  8. Tecido, tea.
  9. Conxunto de características diferenciadas que cada sociedade asigna a homes e mulleres.

Traducións

Termos relacionados