Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
CONSERVACIÓN dos CHOZOS DA GUERRILLA ANTIFRANQUISTA nos sitios de As Morteiras e O Teixadal en LA CIUDAD DE LA SELVA (Casaio, Carballeda de Valdeorras, Ourense) INFORME FINAL Yolanda Porto Tenreiro FRAXIL conservadora-restauradora Carlos Tejerizo-García Incipit, CSIC arqueólogo xaneiro 2020 Santiago de Compostela CONTIDO CONTIDO ....................................................................................................................................... 2 FICHA TÉCNICA .............................................................................................................................. 3 PRESENTACIÓN.............................................................................................................................. 4 RECOLLIDA E INVENTARIADO DE MATERIAIS ARQUEOLÓXICOS................................................... 5 INVENTARIO DE MATERIAIS .......................................................................................................... 9 CRITERIOS DE INTERVENCIÓN ..................................................................................................... 11 TÉCNICA CONSTRUCTIVA ............................................................................................................ 13 ESTADO DE CONSERVACIÓN ....................................................................................................... 14 MORTEIRAS 1 .......................................................................................................................... 14 MORTEIRAS 4 .......................................................................................................................... 16 TEIXADAL ................................................................................................................................. 18 TRABALLOS DE RESTAURACIÓN .................................................................................................. 20 MORTEIRAS 1 .......................................................................................................................... 21 MORTEIRAS 4 .......................................................................................................................... 25 TEIXADAL ................................................................................................................................. 27 ACTUACIÓNS FUTURAS ............................................................................................................... 31 2 FICHA TÉCNICA Proxecto: Conservación dos chozos da guerrilla antifranquista nos sitios de As Morteiras e Teixadal, en La Ciudad de la Selva (Casaio, Carballeda de Valdeorras, Ourense). Proxecto derivado da escavación arqueolóxica, Expediente S. Arqueoloxía: 02.0.400.2018.001; Código SXPA: ED 102A 2018/338-0) Ámbito xeográfico: Montes de Casaio (Carballeda de Valdeorras, Ourense) Institucións promotoras: Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit, CSIC) Proxecto Sputnik Labrego Período de realización: 16 e 17 de outubro de 2019 Equipo de traballo: Dirección da actuación: Carlos Tejerizo-García, Incipit, CSIC Avda. de Vigo s/n 15705 Santiago de Compostela Tel. 981 59 09 62 Yolanda Porto Tenreiro, FRAXIL (conservación/restauración/peritaxe/tasación) Rúa Bonaval 29, baixo 15703 Santiago de Compostela Tel. 981 58 40 47/677 332 755 Equipo de traballo: 11 persoas 11 persoas pertencentes ao Proxecto Sputnik Labrego, Comunidade de Montes de Casaio y Lardeira e veciños de Casaio 3 PRESENTACIÓN Este informe recolle os traballos de conservación realizados en tres construcións, dúas situadas no campamento de As Morteiras e unha no Teixadal, nos montes de Casaio. A limpeza e definicións dos restos conservados das construcións durante os traballos de prospección e escavación permitiu a documentación fotográfica e planimétrica das estruturas. Os chozos da zona de As Morteiras, foron realizados e utilizados pola guerrilla antifranquista durante os anos 40. Noutros casos, entre os que se atopa o do Teixadal, ademais de constatarse o seu uso durante ese período como se puido comprobar a través do materiais arqueolóxicos recuperados na escavación, puido ter un uso anterior ou posterior como refuxio de pastores e cazadores. Os traballos de conservación tiñan como obxectivo a consolidación e estabilización dos muros. Incluímos tamén o rexistro de materiais arqueolóxicos recuperados durante os traballos de restauración. Figura 1. Vista de La Ciudad de la Selva, dende o pobo de Casaio. 4 RECOLLIDA E INVENTARIADO DE MATERIAIS ARQUEOLÓXICOS Durante os traballos de consolidación das estruturas asociadas a guerrilla antifranquista Morteiras-1, Morteiras-4 y Teixadal utilizouse material recollido nos contornos inmediatos, o que provocou a aparición de material arqueolóxico asociado as estruturas. Este material foi documentado e recollido para posteriormente ser limpado, inventariado e fotografado no Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paixase (Monte da Condesa, Campus Sur) en Santiago de Compostela. A sigla asignada para os obxectos recollidos foi CS'19-CON seguido dun número correlativo En total recolléronse 53 obxectos inventariados con 23 números distintos. Distinguíronse ata sete categorías distintas de obxectos que incluíron os seguintes: TIPO DE OBJETO Metal Vidro Balística Oso Téxtil Madeira Hixiene NÚMERO 16 7 10 14 1 4 1 Por contextos os obxectos localizados distribúense do seguinte xeito: CONTEXTO Morteiras-1 Morteiras-4 Teixadal NÚMERO 49 1 3 5 Os obxectos de metal foron os mais numerosos e incluíron un arame, varios cravos, un posible tapón de botella de aluminio, un botón así como a parte traseira dunha pequena bombilla. Este último achado e interesante porque podería poñernos en relación ao uso de lanternas que explicarían a significativa aparición de pilas de petaca durante as escavacións levadas a cabo en el sitio. A análise do pequeno conxunto de 14 osos (CS'19-CON-21) determinou a presencia de distintas partes anatómicas que inclúen restos de mandíbula, radio, escápula, vértebras, costelas e fémur. Taxonómicamente, so puido identificarse a presencia de ovella ou cabra, con, alo menos un individuo adulto e outro infantil. Os achados de balística foron especialmente interesantes. En primeiro lugar, cabe destacar a presencia dunha bala de fusil máuser de punta triangular (CS'19-CON-16). Por outro lado, documentáronse ata 4 casquillos de fusil de dous calibres -7 x 57 y 7,92 x 57- e de diferentes procedencias que inclúen exemplos da Pirotécnica de Sevilla (CS'19-CON-19.1), Sellier & Bellot (Checoslovaquia; CS'19-CON-19.2), a Polte Armaturen und Machinenfabrik AG (Alemania; CS'19-CON-19.3) e Palencia (CS'19-CON-19.4). En terceiro lugar, localizáronse dous cartuchos de escopeta, un de calibre 12/70 e o outro de calibre 16/70, ambos da fábrica Orbea de Vitoria-Gasteiz. En cuarto lugar, documentouse un pequeno casquillo de pistola de calibre 9x23 da Pirotécnica de Sevilla (CS'19-CON-18). Finalmente, e por primeira vez, recolleuse un casquillo de revólver de calibre .442 Webley, procedente da fábrica Union Metallic Cartridge & Co. de Connecticut (Estados Unidos; CS'19-CON-17). Practicamente todos estes elementos encontrábanse rebentados, como consecuencia da exposición ao fogo. 6 En canto aos elementos de vidro, foron numerosos, mais pouco significativos. Os sete obxectos localizados redúcense a distintos fragmentos de botellas, posiblemente de vino, así como dous fragmentos dunha posible fiestra da estrutura Morteiras-1. Sen dúbida, o obxecto mais rechamante localizado e un pequeno bote de cristal de marca Nievina (CS'19-CON-8), posiblemente de crema de mans. Esta marca foi moi coñecida nos años 40 e xa nas intervencións arqueolóxicas localizamos outro bote similar. Tamén relacionado coa hixiene, localizamos no chozo Morteiras-4 un pequeno bote de crema de dentes de marca descoñecida e da que se conserva unha pequena inscrición na cabeceira, moi perdida, pero coas letras "N", "S" (en pequeno) e "E" (CS'19-CON-23). 7 Un conxunto de obxectos que nos chamaron a atención foron catro pequenas estacas de madeira (CS'19-CON-22), posiblemente traballadas, que puideron funcionar como percheros no interior da estrutura Morteiras-1. Finalmente, localizouse un fragmento de coiro que sería o único elemento de téxtil localizado durante esta campaña (CS'19-CON-13). 8 INVENTARIO DE MATERIAIS SECTOR Nº PEZAS CS'19-CON-1 CS'19-CON-2 CS'19-CON-3 CS'19-CON-4 CS'19-CON-5 CS'19-CON-6 CS'19-CON-7 Teixadal Teixadal Morteiras-1 Morteiras-1 Morteiras-1 Morteiras-1 Morteiras-1 2 1 1 2 1 2 1 CS'19-CON-8 CS'19-CON-9 Morteiras-1 Morteiras-1 1 2 4,1 2,3 4,4 1,7 2,6 vidro 0,7 metal CS'19-CON-10 CS'19-CON-11 CS'19-CON-12 Morteiras-1 Morteiras-1 Morteiras-1 1 1 6 2,1 2,2 6,7 0,8 1,8 0,8 0,3 metal 0,9 metal metal CS'19-CON-13 CS'19-CON-14 CS'19-CON-15 CS'19-CON-16 Morteiras-1 Morteiras-1 Morteiras-1 Morteiras-1 1 1 1 1 10,4 1,3 1,6 2,7 3,3 0,9 1,6 0,7 0,2 0,9 0,5 0,7 CS'19-CON-17 Morteiras-1 1 1,9 1,3 1,3 balística CS'19-CON-18 CS'19-CON-19 Morteiras-1 Morteiras-1 1 5 2,2 5,6 1,1 1,2 0,9 balística 1,2 balística SIGLA MEDIDAS (cm) Largo Ancho Prof. 3,7 0,5 3,8 1,8 1,7 9,5 0,1 3,8 1,9 0,2 8,7 4,7 0,5 3,9 2,6 0,3 4,1 2,2 0,4 TIPO metal metal metal vidro vidro vidro vidro téxtil metal metal balística SUBTIPO cravo cravo arame cristal botella botella botella DESCRIPCIÓN punta e cabeza de cravo redondeado. Cabeza de 1,1 cm. punta de via férrea con cabeza cadrada e plana. arame de ferro enroscado dous fragmentos de cristal plano dunha fiestra fragmento de botella de vidro verde escuro dos fragmentos de vidro de cor verde claro de botella fragmento de vidro de cor azulado de botella bote de pequenas dimensións de formato circular e rosca (non se bote localizou a tapa), no fondo cara fora inscrición: "NIEVINA" chumbo dous fragmentos de chumbo derretido lamina de metal con remache de cabeza circular nun extremo e unha fenda no outro tapón posible tapón de botella engurrado cravo cinco cravos de cabeza redondeada e un fragmento de punta fragmento de coiro indeterminado de cor marrón escuro que conserva coiro parte da liña de costura electricidade rosca metálica para bombilla con inscripición: "OSRAM ¿3.??.??.O?" botón botón metálico con dous buratos para o fiado bala bala de fusil mauser puntiaguda posible casquillo de bala de revolver de gran calibre. Percutido. casquillo Inscrición moi borrada pero se lee: "O" fragmento de casquillo posiblemente de pistola. Rebentado. Perdeu a peza de percusión. Inscrición: "P". casquillo casquillo catro casquillos de fusil mauser e un fragmento de casquillo CS'19-CON-20 CS'19-CON-21 Morteiras-1 Morteiras-1 2 14 2,2 2,2 0,7 balística oso CS'19-CON-22 Morteiras-1 4 17 3,8 madeira CS'19-CON-23 Morteiras-4 1 3,9 2,5 1,1 hixiene cartucho crema dous cartuchos de escopeta de diferentes calibres da fábrica Orbea catorce osos de fauna 4 trozos de madeira posiblemente tallados como posibles calzos o percheros tubo de pasta de dentes comprimido e gastado. Inscrición na cabeceira moi perdida pero se lee: "N", "S" (más pequeno), "E". 10 CRITERIOS DE INTERVENCIÓN Os traballos de conservación tiñan como obxectivo principal a recuperación do valor patrimonial destas construcións atendendo as súas particularidades históricas, construtivas, o seu emprazamento, usos actuais da paisaxe. Trátase de lograr a conservación dos chozos a longo prazo e dar visibilidade ao coñecemento xerado entorno a eles. O criterio da mínima intervención necesaria é o que rexe a actuación realizada. A simplificación das necesidades de mantemento pode contribuír ao éxito da actuación de conservación. Os criterios de intervención xa planeados no proxecto poden resumirse nos seguintes puntos:  Intervención mínima necesaria para lograr os obxectivos establecidos no proxecto e os criterios empregados na restauración arqueolóxica.  Respecto ao entorno inmediato e xeral no que se integran os chozos como parte dunha paisaxe con niveis rigorosos de protección.  Compatibilidade material a través do emprego de materiais e técnicas locais. Figura 2. Vista do Teixadal de Casaio. Figura 3. Mapa da zona e situación das construcións. 12 TÉCNICA CONSTRUCTIVA A técnica construtivas dos chozos é a mampostería de pedra bruta, sen traballar e colocada en seco, sen ningún tipo de morteiro de asento. Neste tipo de fábrica se colocan pezas irregulares e de distintos tamaños colocadas formando fiadas. Os ocos entre as pedras se enchen con ripios e esquirlas de menor tamaño e para as esquinas e extremos empréganse as pedras de maior tamaño e forma cuadrangular, colocadas alternativamente a soga e tizón. O tipo de pedra empregada e a que procede do afloramento mais próximo aos chozos, e que é de lousa e xistos. A rotura natural deste tipo de rocas, en bloques con arestas e caras, facilita a montaxe de muros en seco. Para a cimentación utilízanse tamén pedras de maior tamaño e a liña de cimentación cole sobresaír da vertical da parede que forma o muro. No entorno das construcións consérvanse restos do teito que sería de lousas colocadas sobre un armazón de ramas. A pesar de ser un tipo de construción básica aprécianse diferentes calidades, hai algúns chozos de mellor factura, que son os que resistiron en pe e os que conservan muros con maior altura. Tendo en conta o sistema construtivo, para que a estrutura fora estable, e posible que os muros non superaran los 2 m o 2,5 m de altura. Figura 4. Entrada do chozo de Morteiras 1. 13 ESTADO DE CONSERVACIÓN MORTEIRAS 1 O chozo está situado na zona S dun regato, xunto a unha pequena charca entre dous saltos de auga. A construción está nunha plataforma xunto ao regato baixo un alero da rocha que serve de protección natural, e ademais se aproveitan os espazos xerados entre o muro S e a roca. Ten planta cuadrangular con porta de acceso no extremo W do muro N que conserva o lintel e outro vano situado fronte a porta no muro S que da acceso a un espazo estreito entre o muro posterior do chozo e a rocha. A construción está cimentada directamente sobre a rocha, pero como o terreo é irregular, na esquina NE, a mais inestable o muro estaba mais desmantelado. O exterior do chozo mide 5,2 m en no eixo E-W e 4,8 m no eixo N-S, o espazo útil duns 12 m2. Os muros mellor conservados están na metade W, sector no que se conserva a porta de acceso e un vano na parede S. A parte E conserva só as fiadas de cimentación que marcan o trazado en planta. Nas fiadas superiores as pezas están movidas, desprazadas da súa posición orixinal. O chan no interior da construción está cuberto por un pavimento de lousas. No centro do pavimento hai un burato que se correspondería co espazo ocupado por un poste central de suxeición da cuberta. O pavimento interrómpese na zona da porta onde se aproveita un afloramento da rocha. A cuberta da construción non se conserva, pero sería a un auga, creando un plano inclinado cara o muro N. É probable que o apoio da cuberta no muro S sería na última fiada conservada. 14 Figura 6. Interior do chozo Morteiras 1. 15 MORTEIRAS 4 A 100 m de distancia do chozo de Morteiras 1, remontando o regato cara o N, está o chozo de Morteias 4. Neste caso a construción se asenta nunha zona de forte pendente que cae cara o regato. Os muros mellor conservados son o S, W e N. O muro leste, que coincide coa zona de caída da pendente, está practicamente desmantelado, consérvase só a fiada de cimentación. A planta é rectangular, con reforzo nas esquinas, a factura dos muros é de maior calidade que no caso anterior o que favoreceu a súa estabilidade, especialmente dos muros de maior altura. As medidas da construción son 5 m no eixo N-S e 3,5 m no eixo W-E, a superficie interior é de 8,5 m2 . A altura máxima conservada é de 2,5 m es en el muro W, podería ser a altura máxima de la construción. A cuberta, que non se conserva sería a un auga e formaría un plano inclinado apoiado na parede W e con caída cara o E. Ten dous vanos, a porta de entrada que estaría no lado leste e unha fiestra cadrada na parede N, na que pode verse perfectamente enmarcado o pobo de Casaio. O pavimento interior, enlousado, está parcialmente desmantelado polo crecemento dun abedul no interior da construción. 16 Figura 7. Chozo de Morteiras 4. Figura 8. Chozo de Morteiras 4. 17 TEIXADAL No interior do Teixadal de Casaio atópase este chozo, no extremo oriental do conxunto de la Ciudad de la Selva. Construído nunha ladeira de pendente con caída W-E en dirección ao regato Penedo. A factura deste chozo e de menor calidade construtiva que os casos anteriores menos calidade que os casos anteriores. Os muros que forman unha planta cuadrangular bastante irregular están moi desmantelados. Integrados nos muros hai tres teixos de gran porte, isto provocou a parcial destrución dos muros, xa que o crecemento das raíces provoca desprazamentos e caída das pedras. A altura máxima que se conserva nos muros e de 1,2 m nos muros S e E. Entorno a construción hai bastantes pedras procedentes do derrubo dos muros e lousas procedentes do teito. Entre as pedras do derrubo hai pezas de maior tamaño de forma escuadrada que formarían parte das esquinas da construción. A cuberta, que non se conserva, sería a un auga formando un plano inclinado con caída no sentido da pendente. Figura 9. Chozo do Teixadal. 18 Figura 10. Chozo de Teixadal. Figura 11. Interior do chozo do Teixadal. 19 TRABALLOS DE RESTAURACIÓN O procedemento para a restauración das construcións foi o seguinte. Realízase unha consolidación dos muros seguindo o sistema construtivo orixinal, en seco. Para corrixir as deformacións na verticalidade dos muros desmóntase as fiadas superiores e zonas derrubadas para remontar dende a fiada mellor conservada, devolvendo a verticalidade as paredes ata alcanzar a máxima altura conservada. O derrubo exterior dos chozos permite dispoñer dese material para a reconstrución. Seguindo o sistema construtivo orixinal colócanse as pedras mellor traballadas e de maior tamaño nas esquinas o que constitúe un reforzo das zonas de unión. Outra forma de reforzo é a colocación de tizóns nas fiadas reconstruídas. Nos muros nos que se engade como reforzo e protección algunha fiada sobre as conservadas orixinalmente empregamos como material diferenciador pequenas pedras de seixo que se atopan entre o material de derrubo dos chozos. Esta liña de seixos permite diferenciar o tramo de muro restaurado do orixinal. A recolocación das fiadas permite devolver a verticalidade das paredes e facer a construción mais estable. Para dar maior continuidade aos muros colócanse pequenas pedras nos espazos ocos, estas pequenas pedras permiten tamén acuñar os bloques que forman as caras do muro. En aqueles muros que foi preciso remontar dende a cimentación, empregáronse maiores esforzos en crear una base sólida sobre a que posteriormente poder montar as fiadas do muro. O equipo de traballo estivo formado 11 persoas entre os cales estaba a restauradora, arqueólogos, persoal da comunidade de montes de Casaio e veciños de Casaio. Figura 12. Traballo de consolidación no chozo de Morteiras 1. 20 MORTEIRAS 1 No muro N desmóntanse as fiadas superiores ata o lintel para substituír esta peza que está rota e recolocar o material que está desprazado e corre risco de caer. O muro S, era o mellor conservado así que neste caso se recoloca unicamente as pedras que forman a última fiada. A intervención concéntrase na remontaxe do muro E que estaba totalmente derrubado. Realízase unha nova cimentación e se colocan fiadas que marcan o seu trazado. En canto ao enlousado do interior, recolócanse algunhas pezas sobre unha capa de terra nivelada para darlle mellor asento e evitar que poidan romperse, o espazo entre as lousas énchense con terra que se irá compactando coa acción da chuvia. Figura 13. Traballos de consolidación no chozo de Morteiras 1. 21 Figura 14. Resultado final da intervención no chozo de Morteiras 1. 22 Figura 15. Resultado final da intervención no chozo de Morteiras 1. 23 Figura 16. Resultado final da intervención no chozo de Morteiras 1. 24 MORTEIRAS 4 Neste caso, ademais da recolocación das fiadas superiores e reforzo de espazos ocos, a intervención concéntrase en marcar a liña de cimentación do muro E que está na caída da pendente do terreo e o reforzo do muro que ten a fiestra. Figura 17. Interior do chozo, fiestra orientada cara o pobo de Casaio. Figura 18. Aspecto exterior do mesmo muro despois da restauración. 25 Figura 19. Forte pendente na que se cimenta o chozo de Morteiras 4. Figura 20. Aspecto do interior despois da restauración. 26 TEIXADAL Neste chozo a porta de acceso está sitúa en el muro N, un dos teixo que hai integrados nos muros limita acceso no lado esquerdo. Na parede S hai un pequeno vano e no interior da construción o afloramento rochoso forma un banco anexo no interior a parede da entrada. Os traballos comezaron por un desentullo da zona exterior ocupada por unha importante cantidade de derrubo. Na zona da entrada había gran cantidade de lousas acumuladas procedentes do que foi o tellado. Nos muros que forman a construción desmóntase as fiadas superiores para volver a remontalas devolvéndolles a vertical. Os ocos dos muros complétanse con pedras mais pequenas. Nas pedras que se empregan na última fiada se incorporan pedras mais planas que serven de protección natural e énchense os ocos con terra. Nos muros que están en contacto cos teixos na zona das raíces déixase un marxe para que os empuxes provocados polo crecemento das árbores non ocasionen deformacións nos muros. O espazo interior que ten un chan de terra pisada, límpase tamén de restos de pedra. Figura 21 . Traballos de consolidación no chozo do Teixadal. 27 Figura 22. Resultado final da intervención no chozo do Teixadal. 28 Figura 23. Resultado final da intervención no chozo do Teixadal. 29 Figura 24. Resultado final da intervención no chozo do Teixadal. 30 ACTUACIÓNS FUTURAS Outras actuacións que poderían contribuír ao acceso e unha mellor conservación dos chozos son as accións indirectas. Entre outras posibilidades estarían: Adecuación de sendeiros Comezando pola limpeza periódica da vexetación no trazado dos sendeiros que dan acceso aos chozos, e coa adecuación das zonas de paso nas zonas de maior pendente para facilitar a accesibilidade. Os chozos poderían integrarse nos trazados de rutas xa existentes na zona, indicando previamente o grao de dificultade. As condicións climatolóxicas da zona o roteiro sería preferentemente practicable na primavera, verán e principios do outono. A colocación de balizas xunto as zonas onde se atopan os chozos, con algunha cor identificativa e fácilmente visible podería contribuír igualmente a súa localización e identificación. Figura 25. Vista, a media ladeira, do recorrido do sendeiro que leva a zona de As Morteiras. Limpeza do entorno dos chozos A retirada de follas e ramas na zona ocupada polas das construcións unha vez ao ano, tamén facilitará a progresiva ocultación das estruturas. Ruta temática A integración destes elementos integrados na paisaxe en rutas xa existentes permitiría enriquecer o contido das mesmas. Os elementos de sinalización que se empreguen deberían permitir relacionar os chozos con outros similares dentro do mesmo campamento ou en outras zonas como elementos pertencentes a la Ciudad de la Selva. 31 A paisaxe de la Ciudad de la Selva pode resultar interesante para deseñar una ruta temática que permita aos visitantes da zona realizala de forma libre ou guiada. Esta idea podería converterse nun elemento dinamizador para o pobo de Casaio, que sería o punto de partida e chegada da ruta. Cartel informativo La Ciudad de la Selva A partir dos elementos documentados relacionados coa Ciudad de la Selva, se podería elaborar un mapa onde situalos na paisaxe, que podería incluír ademais o itinerario das rutas. Este mapa, acompañado de textos e imaxes, poderían integrarse nun punto informativo que podería situarse no centro de Casaio. Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2020 FRÁXIL CIF: 32655137-J rúa Bonaval 29 15703 Santiago de Compostela Tel. 677 332 755 www.fraxil.es yolanda.porto@fraxil.es yolanda.porto@hotmail.es 32