Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Ocarina

instrumento de vento

A ocarina é un pequeno instrumento de vento, feito de cerámica, sen chaves e xeralmente con oito orificios para os dedos. O timbre varía segundo o tamaño do instrumento.

Ocarina
Información
ClasificaciónInstrumento de vento
Tesitura[Depende do modelo e tamaño da ocarina]
Instrumentos relacionadosFrautas, asubíos


Historia

editar

A orixe da ocarina remóntase á América Prehispánica, os quechuas e aimarás empregaban este instrumento musical, acompañados de quenas, zampoñas e outros instrumentos. A súa fabricación é difícil xa que é de greda e oca no centro, existen diferentes tamaños pero non superan o largo da man. Úsanse en Bolivia, Perú, Venezuela, norte de Chile, norte da Arxentina e toda Mesoamérica.

Etimoloxía

editar
 
Varias Xun no Museo das Nacións de Yunnan, China

A ocarina actual máis común ten que ver co seu desenvolvemento en Italia, e a súa etimoloxía remite á lingua italiana, sendo ocarina = ganso pequeno, do latín auca (véxase tamén auca e oca), e derivado á súa vez da raíz protoindoeuropea *awi- (ave, ovo).[1]

Outras orixes

editar
  • América: Na antiga Mesoamérica, un tipo de ocarina era coñecido como "tlapitzalli".
  • China: Na un instrumento chinés similar é chamado "xun".
  • África: En moitas partes de África, os instrumentos similares á ocarina son coñecidos por diferentes nomes segundo a rexión e a lingua.

Modo de uso

editar
'Carnaval de Venecia'. Ocarina tocada por Mosé Tapiero

A orde dos tons nunha ocarina de oito orificios é (de dereita a esquerda): 1 re, 2 mi, 3 fa, 4 sol, 9 mi, 5 la, 6 si, 7 do. Na de catro buratos é: mi, sol, la e si.

 
Ocarina vienesa de finais do século XIX

Supondo unha ocarina de 8 orificios (6 arriba e 2 abaixo) vista desde arriba, coa boquilla apuntando cara ao executante, tocaríase do seguinte xeito:

 
Ocarinas de cerámica nun posto de souvenirs.
Nota Orificios superiores Orificios inferiores
X X X X X X X X
Re X X X X X O X X
Mi X X X X O O X X
Fa X X X O O O X X
Sol X X X O O O X O
La X X O O O O X O
Si X O O O O O X O
O O O O O O X O
Re O O O O O O O O

onde:

  • X = Orificio cerrado
  • O = Orificio aberto
editar
 
Ocarina de cerámica con 12 buratos. Recreación da ocarina do tempo do videoxogo de Zelda.

A ocarina é empregada nalgunhas pezas musicais de grupos folk como Milladoiro.

En 1998 no videoxogo The Legend of Zelda: Ocarina of Time e o que lle segue The Legend of Zelda: Majora's Mask, o heroe protagonista, Link, fai uso da Ocarina do tempo, un instrumento máxico que lle outorga distintos poderes ó tocar certas melodías.

Na Dragon Ball cando Tapion usa a súa ocarina para conter o monstro que dorme no seu interior.

Notas

  1. "Etymology, origin and meaning of ocarina". www.etymonline.com (en inglés). Consultado o 2023-08-20. 

Véxase tamén

editar