Cataluña (en catalán: Catalunya, en aranés: Catalonha) é un país situado no nordeste da Península Ibérica constituído como unha comunidade autónoma española. Nomeada tradicionalmente Principado de Cataluña, é unha nación, segundo se expresa no seu estatuto de autonomía.
Ocupa un territorio duns 32.000 km² que limita ao norte con Francia (Mediodía-Pireneos e Languedoc-Rosellón) e Andorra, ao leste co mar Mediterráneo ao longo dunha franxa marítima duns 580 quilómetros, ao sur coa Comunidade Valenciana (Castelló), e ao oeste con Aragón (Zaragoza, Teruel e Huesca). Esta situación estratéxica favoreceu unha relación moi intensa cos territorios da conca mediterránea e coa Europa continental. A capital de Cataluña é a cidade de Barcelona.
No territorio catalán habitan actualmente 7 467 423 habitantes nun total de 946 municipios dos que 63 superan os 20.000 habitantes (nos que vive o 70 por cento da poboación catalá). Dous terzos da poboación vive na Rexión metropolitana de Barcelona. Constitúe un territorio moi denso e altamente industrializado, liderando o sector en España desde o século XIX e a súa economía é a máis importante de entre as comunidades autónomas, ao xerar o 18,7% do PIB español, sendo a cuarta en PIB per cápita, tras País Vasco, Navarra e Comunidade de Madrid.
Cataluña foi durante a Idade Media un dos territorios principais da Coroa de Aragón. Co declive da Coroa decaeu Cataluña, que non volveu destacar ata a industrialización. A súa historia e a súa lingua son moi valoradas polos seus habitantes e para moitos son a base da súa identidade colectiva.
|
Artigo destacado
editar
O catalán é unha lingua románica falada nalgúns territorios de España, Francia e Italia, así como tamén en Andorra, feito que propicia a denominación destes territorios como Países Cataláns, dada a súa unidade lingüística e cultural. Cómpre sinalar por outra banda que na Comunidade Valenciana o catalán recibe o nome de valenciano.
É lingua oficial de Andorra, cooficial en Cataluña, País Valenciano e as Illas Baleares xunto ó castelán, e carece de oficialidade na Franxa de Aragón, na Cataluña do Norte (Francia), na cidade sarda de L'Alguer e na zona de El Carche (Murcia). É a lingua habitual duns 4,4 millóns de persoas; ademais, son capaces de falalo uns 7,7 millóns e é comprendido por preto de 10,5 millóns de persoas.
É a máis diferente das linguas romances ibéricas debido á súa adscrición á póla galorrománica, polo que está emparentada filoxeneticamente co francés e o occitano.
Cidade destacada
editar
Xirona (en catalán: Girona, pronunciado [ʒiˈɾonə]) é unha cidade do nordeste de Cataluña, capital da comarca do Gironès e da provincia de Xirona. Tiña 96.188 habitantes segundo os datos de 2009.
A cidade de Xirona está sita na confluenxia dos ríos Onyar, Güell, Galligants e Ter, a unha altitude de 70 metros, na chaira do mesmo nome. A pouca distancia dos Pireneos e da costa do Mediterráneo. Fica nunha posición estratéxica entre, o porto de montaña e fronteira con Francia de La Jonquera e a cidade de Barcelona.
Esta situación privilexiada, xa de seu, vese potencializada coa existencia do seu aeroporto, perfectamente ligado ao resto do mundo como segundo aeroporto de Barcelona e importante base de operacións de Ryanair.
Malia ser unha cidade de tradición pausada e tranquila ten dous momentos de festa en que é visitada por persoas vindas de Cataluña toda. Estes son: as feiras de Sant Narcís, patrón da cidade; e Temps de flors, a terceira semana de maio.
Categorías
editar
Queres atopar artigos relacionados con Cataluña? Proba buscando nas seguintes categorías:
Biografía destacada
editar
Mercè Rodoreda i Gurguí, nada no barrio de Sant Gervasi de Barcelona o 10 de outubro de 1908 e finada en Xirona o 13 de abril de 1983, foi unha escritora catalá, máis coñecida como novelista e contista, pero tamén escribiu algunhas obras de teatro e poesía lírica.
Foi a novelista catalá máis importante da posguerra pola densidade e o lirismo da súa obra. Foi a autora da novela en catalán máis aclamada de todos os tempos, La plaça del Diamant (1962), que pode lerse en máis de vinte idiomas. Empezou escribindo contos para revistas, como escape a un decepcionante matrimonio, e unha serie de novelas que ela mesma rexeita posteriormente, a excepción de Aloma (1938), gañadora do Premio Crexells. A principios da guerra civil española traballa no Comisariado de Propaganda da Generalitat de Cataluña e na Institució de les Lletres Catalanes. Exiliada primeiro en varias localidades francesas e despois en Xenebra, rompe o seu silencio de vinte anos con Vint-i-dos contes (Vinte e dous contos, 1958), que obtivo o Premio Víctor Català. Con El carrer de les Camèlies (1966) gaña o Premi Sant Jordi, o da Crítica e o Ramon Llull. A mediados dos anos setenta volve a Cataluña, á poboación de Romanyà de la Selva, onde concluíu a novela Mirall trencat (Espello roto, 1974) e, entre outras narracións, aínda publicou Viatges i flors e Quanta, quanta guerra en 1980, ano no que lle foi outorgado o Premi d'Honor de les Lletres Catalanes. Foi membro e Socia de Honra da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana.
Imaxe destacada
Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
editar
Artigos de calidade (1)
Artigos bos (0)
Proxectos relacionados
Portais relacionados
editar
Comunidades autónomas de España
Proxectos irmáns
|
|
|
|
|
|
|
|
|