Portal:Jazz
Artigo destacado
O jazz de vangarda (tamén coñecido pola súa denominación en inglés avant-garde jazz ou avant-jazz) é un estilo de música e improvisación que combina a música culta de vangarda e a composición co jazz. O jazz de vangarda soa semellante ao free jazz, pero difire en que, malia renegar tamén da harmonía tradicional, ten unha estrutura predeterminada sobre a que a improvisación pode ter lugar. Esta estrutura pode estar previamente composta parcial ou incluso completamente. As orixes do jazz de vangarda están nas innovacións dos discípulos de Charlie Parker. Con base en Nova York, músicos non canónicos como Charles Mingus, Miles Davis e John Coltrane introduciron a improvisación modal e experimentaron coa atonalidade e a disonancia. O jazz de vangarda foise desenvolvendo nas décadas seguitnes, inspirándose en correntes da música clásica do seu tempo como o serialismo ou a música aleatoria.
Imaxe destacada
Sabías que...?
Categorías
Biografía destacada
Michel Camilo, nado o 4 de abril de 1954 en Santo Domingo (República Dominicana), é un pianista e compositor dominicano. Destaca principalmente no latin jazz, sendo un pianista de gran virtuosismo que adereza as súas interpretacións de jazz tradicional con ritmos do seu Caribe natal, acompañados dun velocísimo estilo. Camilo cita entre as súas principais influencias a Chick Corea, Keith Jarrett, Oscar Peterson, Bill Evans e Art Tatum.
Michel Camilo comezou a súa formación pianística no seu país natal, estudando no Conservatorio Nacional de Música, e posteriormente trasladouse a Nova York (Estados Unidos), onde continuou súa formación no Mannes College e na prestixiosa Juilliard School. Ademais da súa traxectoria como intérprete, Michel Camilo é invitado frecuentemente a dar conferencias e a actuar en numerosas universidades e centros de ensinanza nos Estados Unidos tales como a Universidade de Nova York, o Berklee College of Music de Boston, o M.I.T., entre outros, así como en Dinamarca, España e Suíza. Ten participado tamén nos filmes do gañador dun Oscar Fernando Trueba Two Much e Calle 54. Cita destacada
Son destacado
Versión instrumental de "I'm Just Wild About Harry". 78RPM, Eubie Blake
Artigos de calidade e bos
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|