Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Tolosa, Francia

vila e comuna francesa

Tolosa[1][2] (en francésToulouse[tu.luz] (AFI)Fr-Toulouse.ogg escoitar; en occitanoTolosa[tu'luːzɔ] (AFI)), tamén coñecida como Tolosa de Linguadoc, é unha comuna francesa capital do departamento de Alta Garona, da rexión do Mediodía-Pireneos, capital histórica do Languedoc, e considerada por unha corrente como a capital da Occitania. É chamada a Cidade Rosa, pola cor que domina nos edificios antigos, feitos de ladrillo. É a capital da industria aeroespacial europea, xa que aquí radican os despachos e fábricas centrais da compañía Airbus.

Modelo:Xeografía políticaTolosa, Francia
Tolosa (oc)
Toulouse (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°36′16″N 1°26′38″L / 43.6044, 1.4439
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsOccitania
DepartamentoAlta Garona Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación504.078 (2021) Editar o valor en Wikidata (4.261,01 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921871 Traducir
Q3551171 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie118,3 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Garona Editar o valor en Wikidata
Altitude156 m-115 m-263 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Evento clave
22 de setembro de 1217Siege of Toulouse (en) Traducir
17 de xuño de 1219Siege of Toulouse (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJean-Luc Moudenc (2014–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31000, 31100, 31200, 31300, 31400 e 31500 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webtoulouse.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: Toulouse Twitter: Toulouse Instagram: toulousefr LinkedIn: toulousefr Youtube: UCnj0nFFXDXoY0SuNps8PrVA BNE: XX455429 Editar o valor en Wikidata

Superficie e poboación

editar

Ten unha superficie de 118,3 km2 e unha poboación en 2010 de 441.802 habitantes (chamados tolosanos), que a converten na cuarta máis poboada de Francia logo de París, Marsella e Lión. A aglomeración ou unidade urbana (formada por 73 comunas), con 871.961 habitantes en 2010, é a sexta máis poboada de Francia, por detrás das tres anteriores, Lille e Niza, e por diante de Bordeos. Finalmente, a área metropolitana tiña 1.218.166 habitantes ese mesmo ano de 2010, sendo a terceira máis populosa de Francia logo das mesmas tres que a preceden como comuna. Dentro da Unión Europea é a 41º aglomeración urbana.

Situación xeográfica

editar

A cidade atópase entre os vales fluviais do Alto Garona e do río Ariege. Tolosa comunica o mar Mediterráneo co interior de Francia e co Atlántico, grazas ó canle do Midi. Así, xa no século XVII, o transporte de mercadorías entre Tolosa e Bordeos era habitual por medio de embarcacións de vapor. Mais a chegada do tren a mediados do século XIX rematou con esta actividade.

 
S. Sernin de Tolosa

Historia

editar

A historia da cidade remóntase a un poboado ibérico existente a uns quilómetros da actual localización da cidade. Este poboado foi ocupado polos celtas no século IV a.c. e posteriormente polos romanos no 120 a.c. Os romanos converteron a vila nun importante centro comercial e cultural dependente da Gallia Narbonensis[3]. Sendo no século III d.c. a terceira cidade en importante da Galia[3]. Posteriormente foi ocupado por visigodos e logo polos francos. Os árabes estiveron a piques de entrar na cidade mais foron repelidos no ano 721 por Eudes de Aquitánia[3].

Idade Media

editar

Despois de Carlomagno, os condes que gobernaban a cidade distanciáronse da corte real. E dos séculos IX ó XII, a cidade acadou a súa época de maior esplendor, coincidindo coa expansión da poesía trobadoresca[3]. Daquela a cidade era administrada polos condes tolosanos conxuntamente cos concellos civís, formados estes por burgueses e comerciantes. Durante o século XIII a cidade sufriu diversos ataques e sitios, ben durante a cruzada albixense, ben na cruzada contra o catarismo[3]. Cidade cunha importante mestura relixiosa, foi centro de conflitos e tensións entre as autoridades da cidade e os papas de Roma[3]. Finalmente o 12 de abril do 1229, o último conde de Tolosa, Raimón VII, xurou o Tratado de Meaux polo cal o condado pasaria a ser controlado pola coroa francesa. Sendo a figura do conde puramente representativa. Posteriormente a filla de Raimón VII, dona Xoana, morre sen deixar descendencia masculina, confirmándose a desaparición definitiva do condado[3].

Nos séculos posteriores, a cidade alternou épocas de relativo esplendor con outras de depresión económica e demográfica. No século XV desenrolouse o comercio do pastel ou tintura azul, de grande importancia na industria téxtil[3]. Grazas a recuperación económica, a cidade foi designada coma sede do parlamento rexional dos estados do Languedoc. Mais á chegada a Europa no 1560 do índigo, tintura que proviña das Indias e o estalido das guerras de relixión volveran a afundir a cidade[3].

Idade Moderna

editar

Os séculos XIX e XX foron anos de expansión. Primeiro a chegada do ferrocarril e de poboación rural excedentaria provocaron o impulso económico da cidade. Mais foi no século XX, coas guerras mundiais, cando Tolosa acada o seu status actual. Por unha banda durante a primeira guerra mundial, debido á lonxanía da cidade da fronte de guerra, o goberno francés instala diversas fábricas de armamento, algunhas delas de avións[3]. No período de entreguerras a importancia da industria aeronáutica consolídase, quedando para a historia nomes e fitos salientábeis, tales coma os pilotos Didier Daurat, Latévère ou Mermoz[3]; ou o primeiro voo no 1918 entre Tolosa e Barcelona ou no 1919 o primeiro voo entre a cidade e Marrocos, con Antoine de Saint-Exupéry, coma piloto[3].

Trala segunda guerra mundial, a cidade aproveitouse da súa tradición aeronáutica para a implantación de novas industrias asociadas, espaciais e tamén químicas[3].

Educación

editar

Símbolos

editar

Un dos símbolos da cidade é a violeta. Esta flor chegou a Tolosa no século XIX, procedente de Parma, por medio dos soldados que retornaban das guerras napoleónicas. Axiña acadou gran sona entre floristas e reposteiros. Dende entón, esta flor fíxose simbólica, dando lugar a un floreciente comercio. A flor é cultivada sobre todo ó norte da cidade, entre maio e xuño. Sendo recolectada entre outubro e marzo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tolosano.
  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1296. ISBN 9788482887524. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 Rius, Montserrat (2007). Editorial Laertes, ed. Francia, País Cátaro. ISBN 978-84-7584-591-3. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar